Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 10 de xuño de 1996 Páx. 5.634

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 112/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T.S. e C.T. en Lamera, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Hidroeléctrica de Silleda.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a L.M.T. Campo-Taboada ata o C.T. que se proxecta en Lamera, concello de Silleda.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 350 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V.

C.T. de 630 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

Orzamento: 9.000.000 de ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 15 de abril de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

3933