Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 10 de xuño de 1996 Páx. 5.633

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (217/1994).

Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, fai saber:

Que nos autos de xustiza gratuíta nº 217/1994 ós que se fará referencia, recaeu sentencia cun encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 1996. Vistos os presentes autos civís de xustiza gratuíta nº 217/1994, pola maxistrada-xuíza deste xulgado, Leomor Castro Calvo, seguidos a pedimento de Josefa Molina Cifuentes, representada pola procuradora Fernández Rial e López contra José Arán Domínguez e o letrado da Xunta, decido que debo concederlle e concédolle a Josefa Molina Cifuentes o dereito a xustiza gratuíta no presente expediente e nos autos civís de divorcio, seguidos neste xulgado a pedimento do demandante neste procedemento. Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que esta sentencia non é firme en dereito, polo que esta é recorrible perante este xulgado en apelación no prazo de cinco días desde a notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, acórdoo, mándoo e asínoo.

E para que así conste e lle sirva de notificación en legal forma ó demandado José Arán Molina, actualmente en ignorado paradoiro, expido a presente cédula en Santiago de Compostela o 24 de abril de 1996.

O secretario

Rubricado

9603424