Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 10 de xuño de 1996 Páx. 5.632

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE UNIVERSIDADES

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 1996, da Secretaría Xeral do Consello de Universidades, pola que se anuncia a data en que se celebrarán os sorteos para designa-los vocais que integran as comisións que terán que xulga-los concursos para a provisión de vacantes dos corpos docentes universitarios que se citan.

Convocados a provisión as prazas dos corpos docentes universitarios que se relacionan no anexo adxunto e dando cumprimento ó disposto no artigo 6 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (Boletín Oficial del Estado do 26 de outubro); artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño (Boletín Oficial del Estado do 11 de xullo); e artigo 17, e) do Real decreto 552/1985, do 2 de abril (Boletín Oficial del Estado do 27).

Esta secretaría xeral resolveu sinala-la celebración dos sorteos correspondentes ás prazas indicadas no citado anexo, co fin de designa-los membros das comisións que han de ser elixidos por este procedemento para o día 19 de xuño de 1996, ás dez horas, realizándose aqueles polo sistema aprobado pola Comisión Académica do Consello de Universidades na súa sesión do 14 de xullo de 1995, de modo secuencial, segundo a orde en que figuran relacionados no texto citado.

Os devanditos sorteos celebraranse no Consello de Universidades (Cidade Universitaria, sen número, 28040 Madrid).

Para os efectos previstos no artigo 1 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, a partir da data da presente resolución, faranse públicas as relacións dos profesores que participarán nos sorteos no Consello de Universidades.

Das citadas relacións e no momento do sorteo serán excluídos aqueles profesores que:

-Pertenzan á mesma universidade á que corresponda a praza.

-Fosen designados para formar parte da comisión titular pola universidade á que corresponda a praza.

-Sexan aspirantes e pertenzan á mesma área de coñecemento á que corresponda a praza.

As reclamacións contra as referidas relacións formularanse antes dos 14 de xuño, dirixidas á Secretaría Xeral do Consello de Universidades (Cidade Universitaria, sen número, 28040 Madrid).

Nos concursos nos que existan suficientes profesores do corpo e área de coñecemento a que corresponda a praza, haberá que aterse ó previsto no artigo

1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, que modifica o artigo 6.9º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

O que lle comunico para o seu coñecemento e efectos.

Madrid, 21 de maio de 1996.

Francisco Michavilla

Secretario xeral do Consello de Universidades

Sr. Vicesecretario Xeral do Consello de Universidades

Concursos convocados por resolución da universidade de: 30-11-1995 e BOE 25-12-1995

-Nº sorteo: 30410.

Concurso nº: 54.

Corpo: catedráticos de universidade.

Área de coñecemento: debuxo.

Presidente titular: Francisco Baños Martos.

Vocal secretario titular: Antonio Tomás Sanmartín.

-Nº sorteo: 30411.

Concurso nº: 55.

Corpo: catedráticos de universidade.

Área de coñecemento: pintura

Presidente titular: José Luis Tolosa Marín.

Vocal secretario titular: Manuel Parralo Dorado.

-Nº sorteo: 30412.

Concurso nº: 56.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: fundamentos da análise económica.

Presidente titular: Abel Ramón Caballero Álvarez.

Vocal secretario titular: José María da Rocha Álvarez.

-Nº sorteo: 30413.

Concurso nº: 57.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: xenética.

Presidente titular: Gonzalo Álvarez Jurado.

Vocal secretaria titular: Laura Elena Sánchez Piñón.

-Nº sorteo: 30414.

Concurso nº: 58.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: matemática aplicada.

Presidente titular: José Durany Castrillo.

Vocal secretario titular: Lino José Álvarez Vázquez.

-Nº sorteo: 30415.

Concurso nº: 59.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: estatística e investigación operativa.

Presidente titular: José Manuel Prada Sánchez.

Vocal secretario titular: Ignacio M. García Jurado.

3386