Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 10 de xuño de 1996 Páx. 5.631

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 1996 pola que se adxudica unha bolsa de colaboración en tarefas de estudio e investigación.

A Escola Galega de Administración Pública convocou por Resolución do 18 de marzo de 1996 (DOG nº 71, do 11 de abril de 1996) unha bolsa de colaboración en tarefas de estudio e investigación.

O tribunal cualificador para a adxudicación desta bolsa na súa reunión do 24 de maio de 1996, baremou tódalas solicitudes e propuxo a adxudicación en favor de José María Rebolledo Varela que obtivo a maior puntuación (24,28 puntos).

De conformidade coas competencias que me recoñece a normativa vixente e, á vista da proposta do tribunal, resolvo outórgarlle-la dita bolsa a José María Rebolledo Varela.

Contra esta resolución cabe interpoñer no prazo dun mes recurso ordinario ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia (Art. 114.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro), sen prexuízo da formulación do recurso contencioso-administrativo contra a resolución do devandito recurso ordinario.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 1996.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

4328