Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 07 de xuño de 1996 Páx. 5.563

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 15 de maio de 1996 pola que se resolve a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, convocada na Orde do 27 de novembro de 1995 pola que se regula a concesión de subvencións a empresas privadas para accións de promoción da lingua galega.

A Orde do 27 de novembro de 1995 (DOG 20-12-1995) regula a concesión de subvencións a

empresas privadas para accións de promoción da lingua galega.

Visto o informe-proposta formulado pola comisión constituída ó abeiro do artigo 9 da devandita orde, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.-Elevar a resolución definitiva o informe-proposta presentado pola comisión constituída ó abeiro do artigo 9 da Orde do 27 de novembro de 1995, que se publica como anexo desta orde, estimando e desestimando as peticións presentadas, nos termos daquel.

As empresas ás que lles sexan subvencionados proxectos deberán presentar ante a Dirección Xeral de Política Lingüística a aceptación da subvención concedida, no prazo máximo de dez días, contados a partir da publicación desta disposición no DOG, segundo o establecido no artigo 11º na Orde do 27-11-1995.

A presente disposición pon fin á vía administrativa, segundo o disposto no artigo 109 e) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 1996.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

INFORME-PROPOSTA CORRESPONDENTE Á ORDE DO 27 DE NOVEMBRO DE 1995 (DOG DO 20-11-1995) POLA QUE SE REGULA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A EMPRESAS PRIVADAS PARA ACCIONS DE PROMOCIÓN DA LINGUA GALEGA

En Santiago de Compostela, sendo as 10 horas do día oito de abril de mil novecentos noventa e seis, reuniuse a comisión de avaliación integrada polos seguintes membros:

Manuel Regueiro Tenreiro (director xeral de Política Lingüística) como presidente.

Paz Filloi Mato (subdirectora xeral de Promoción e Ensino da Lingua Galega).

José Luis Rodríguez Pedreira (xefe do Servicio de Xestión e Promoción Lingüística).

Mª Teresa Martínez-Risco Pérez (xefa de Sección de Xestión e Promoción Lingüística).

Natividad Rodríguez López (funcionaria da Dirección Xeral de Política Lingüística) que actuou como secretaria.

Para proceder ó estudio das peticións presentadas ó abeiro da Orde do 27 de novembro de 1995 pola que se regula a concesión de subvencións a empresas privadas para accións de promoción da lingua.

A secretaria dá conta das solicitudes recibidas, e, despois de cambiar impresións e das oportunas deliberacións, os membros da comisión acordan por unanimidade, de acordo co expresado no artigo 5 da orde citada, o seguinte:

1. Valora-las solicitudes presentadas outorgándolles polo ámbito de actuación cero puntos ás de ámbito reducido á empresa solicitante, un punto ás de ámbito que abranga a actividade comercial e dous puntos ás de ámbito maior.

2. Valora-las solicitudes presentadas outorgando polo número de participantes posibles cero puntos cando sexa menos de dez persoas, un punto cando sexan menos de tres mil, e nos demais casos dous puntos.

3. Valora-las solicitudes presentadas outorgando de acordo coa viabilidade e orixinalidade dos proxectos cero puntos no caso de existir problemas de xustificación en anos anteriores, dous puntos a aquelas solicitudes que presenten xa resultados acadados e un punto nos demais casos.

4. Concederlles ás solicitudes que acaden seis, cinco ou catro puntos unha valoración do 4% por punto acadado, e ás que teñan tres, dous ou un, unha valoración do 2% por punto acadado.

5. Establecer unha contía mínima de cincuenta mil pesetas por subvención concedida nos casos que da aplicación das porcentaxes citadas resulten cantidades menores a esta.

6. Desestima-las solicitudes que non foron completadas no prazo establecido para o efecto ou que foron presentadas fóra de prazo.

7. Desestima-las solicitudes que non promovan o emprego da lingua galega no ámbito económico e mercantil segundo o establecido no artigo 1 da orde de convocatoria.

Unha vez realizada a valoración das solicitudes de acordo cos criterios expostos e das oportunas deliberacións, os membros da comisión acordan por unanimidade proporlle ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria a concesión das subvencións que figuran na seguinte relación:

De acordo co disposto no artigo 9 procedo a eleva-lo seguinte informe-proposta á consideración do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para os efectos oportunos na miña calidade de presidente da comisión avaliadora.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 1996.

2965