Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 07 de xuño de 1996 Páx. 5.562

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 15 de maio de 1996 pola que se resolve a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, convocada na Orde do 29 de novembro de 1995 pola que se regula a concesión de subvencións a xornais e revistas para a edición de suplementos didácticos e promoción da lingua galega.

A Orde do 29 de novembro de 1995 (DOG 21-12) regula a concesión de subvencións a xornais e revistas para a edición de suplementos didácticos e promoción da lingua galega.

Visto o informe-proposta formulado pola comisión constituída ó abeiro do artigo 9º da devandita orde, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.-Eleva-la resolución definitiva o informe-proposta presentado pola comisión cons

tituída ó abeiro do artigo 9 da Orde do 29 de novembro de 1995, que se publica como anexo desta orde, estimando e desestimando as peticións presentadas, nos termos del.

As empresas ás que lles sexan subvencionados proxectos deberán presentar ante a Dirección Xeral de Política Lingüística a aceptación da subvención concedida, no prazo máximo de dez días, contados a partir da publicación desta disposición no DOG, segundo o establecido no artigo 11 na Orde do 29-11-1995.

A presente disposición pon fin á vía administrativa, segundo o disposto no artigo 109 e) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 1996.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

INFORME PROPOSTA CORRESPONDENTE Á ORDE DO 29 DE NOVEMBRO DE 1995 POLA QUE SE REGULA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A XORNAIS E REVISTAS PARA A EDICIÓN DE SUPLEMENTOS DIDÁCTICOS E A PROMOCIÓN DA LINGUA GALEGA

En Santiago de Compostela, sendo as 10 horas do día dezaoito de abril de mil novecentos noventa e seis, reuniuse a comisión para proceder ó estudio das peticións presentadas ó abeiro da Orde do 29 de novembro de 1995.

Dáse conta por parte do secretario das solicitudes recibidas e, despois de cambiar impresións e das oportunas deliberacións, os membros da comisión acordan por unanimidade, de acordo co expresado no artigo 5º da orde citada, o seguinte:

1. Desestima-las solicitudes que a continuación se relacionan por non tratarse da edición de suplementos didácticos (artigo 2º da orde de convocatoria):

-Federación de Autónomos de Galicia.

-Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

-Centro Recreativo, Artístico e Cultural de Coruxo.

2. Establecer un tope máximo de 4.000.000 de pesetas por proxecto subvencionado.

3. Propo-los seguintes baremos, que se aplicarán sobre o importe máximo de 4.000.000 de pesetas:

A) Suplementos didácticos de ampla difusión, con gran incidencia na promoción e normalización do noso idioma: 4.000.000 de pesetas.

B) Suplementos didácticos de mediana incidencia. Aplicarase unha porcentaxe do 50% ó 70% sobre a base.

C) Suplementos didácticos de menor incidencia, pola súa temática específica, e/ou polo carácter local, comarcal da súa difusión. Aplicarase unha porcentaxe do 20% ó 25% sobre a base.

4. Propor ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria que conceda as seguintes subvencións para os suplementos que se mencionan:

Filmagal, S.L.1.200.000-O Salnés (750.000)-O Tambre (450.000).

Servicios Agrarios e Contables, S.L.-Suplemento Escola de Labregos600.000

Grupo Altaya, S.A. Diario 16-Suplemento semanal de economía e

número especial Letras Galegas4.000.000

Grupo de Comunicación Galicia en el Mundo

-Suplemento A mocidade galega no mundo900.000

DOSTE'X, S.L.-Suplemento A serpe de cor750.000

Editorial Predegal, S.L.-Revista Deporte Galego3.000.000

El Progreso de Lugo, S.L.-Suplemento escolar semanal Escola4.000.000

El Tercer Tiempo, S.L.-Suplemento Deporte na escola900.000

EGASUR, S.L.-Suplemento A Peneira440.000

Promocións Culturais Galegas, S.A.1.280.000-Suplementos:

Luz de progreso en todas partes (280.000)

Lingua e realidade social (280.000)

Tempo de guerra, tempo sen sol (280.000)

Manuel Murguía (440.000)

Edicións Xerais de Galicia

-Separatas da Revista Galega de Educación1.400.000

5. Desestimar por estar presentada fóra de prazo as solicitudes presentadas por Unipro Editorial, S.L. e Monleón Bennacer, José.

De acordo co disposto no artigo 9º procedo a eleva-lo seguinte informe-proposta á consideración do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, para os efectos oportunos, na miña calidade de presidente da Comisión Avaliadora.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 1996.

9604063