Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 07 de xuño de 1996 Páx. 5.561

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 13 maio de 1996 pola que se autoriza a inclusión da escola privada de música Breogán do Grove no rexistro de escolas de música e danza.

O artigo 39.5º da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, establece que poderán cursarse en escolas específicas estudios de música ou de danza. Así mesmo, a Orde do 11 de marzo de 1993 (DOG do 22 de abril de 1993) regula as condicións de creación e funcionamento destas escolas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Pola súa parte o Decreto 232/1994, do 14 de xullo, no seu artigo 1, establece que lle corresponde á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria as competencias de planificación, regulación e administración do ensino en toda a súa extensión.

Presentada unha solicitude de inclusión no rexistro de escolas de música e danza, por Manuel Suárez Luaces, dunha escola de música, os servicios competentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria comprobaron a efectividade do cumprimento dos requisitos esixidos na Orde do 11 de marzo de 1993. Na súa virtude,

DISPOÑO:

Primeiro.-A escola, da que os datos se mencionan a continuación, queda incluída no rexistro de escolas de música e danza.

Denominación específica: Escola de Música Breogán.

Titular: Manuel Suárez Luaces.

Domicilio: r/ Luis. A. Mestre, nº 14.

Localidade: O Grove.

Provincia: Pontevedra.

Segundo.-A escola de música citada queda sometida ó réxime de escolas de música e danza, segundo se establece na Orde do 11 de marzo de 1993 (DOG do 22 de abril de 1993), e á inspección académica correspondente.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Ordenación Educativa e Centros para dicta-las disposicións necesarias no desenvolvemento desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia

Santiago de Compostela, 13 de maio de 1996.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

9604061