Para os efectos de lle dar cumprimento ó solicitado polo presidente da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número 4122/1996 interposto por Cándido Pego Cobelo, contra resolución da Comisión Provincial de Vivenda de Lugo, do 19-12-1995, Expte: LU-93/504, sobre aprobación da lista de adxudicatarios e da lista de espera de 20 vivendas de promoción pública, en Viveiro (Lugo), esta consellería resolveu ordena-la remisión do expediente administrativo ó dito tribunal.
O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, segundo dispón o artigo 64 da Lei de xurisdicción contencioso-administrativa, reformada pola Lei 10/1992, do 30 de abril.
Santiago de Compostela, 20 de maio de 1996.
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda
4019