Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 07 de xuño de 1996 Páx. 5.557

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 27 de maio de 1996 pola que se desenvolve o Decreto 143/1996, do 17 de abril, polo que se prorroga o prazo de vixencia do Decreto 226/1992, do 24 de xullo, sobre subvencións á reconstrucción de vivendas unifamiliares no medio rural.

O Decreto 143/1996, do 17 de abril, prorroga o prazo de vixencia do Decreto 226/1992, do 24 de xullo (DOG do 5 de agosto), sobre subvencións á reconstrucción de vivendas unifamiliares no medio rural, e dispón que o prazo de presentación de solicitudes se deteminará por orde da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda que será publicada no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo o prorrogado Decreto 226/1992, do 24 de xullo, na súa disposición derradeira segunda, faculta o conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas, actualmente Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, para dictar, no marco das súas competencias, cantas disposicións sexan necesarias par desenvolvemento e aplicación do devandito decreto.

En uso da referida autorización,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Para os efectos do disposto no apartado segundo do artigo único do Decreto 143/1996, do 17 de abril, determínase:

1. O prazo de presentación de solicitudes de subvencións á reconstrucción de vivendas unifamiliares no medio rural comezará o día seguinte ó da publicación da presente orde.

2. As solicitudes axustaranse ó modelo establecido que figura n o anexo da presente disposición.

Artigo 2º

A concesión desta axudas insturmentarase financeiramente durante o presente exercicio a través do crédito consignado na aplicación 06.50.331A.781.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996.

Artigo 3º

Continúan vixentes as disposicións das ordes do 22 de setembro de 1992 (DOG do 6 de outubro), do 8 de febreiro de 1993 (DOG do 25 de febreiro), e do 5 de xullo de 1993 (DOG do 19 de xullo) en canto non contradigan o disposto na presente norma.

Dispoción derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguiente ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 1996.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

9604435