Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 07 de xuño de 1996 Páx. 5.559

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 213/1996, do 6 de xuño, polo que se dispón que cese Víctor Manuel Vázquez Portomeñe como conselleiro de Cultura.

En virtude do establecido no artigo 26, alínea 1, da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta e do seu presidente, na redacción dada pola Lei de Galicia 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Que cese, por pasar a outro destino, na súa condición de conselleiro de Cultura, Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, seis de xuño de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

9604438