Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 07 de xuño de 1996 Páx. 5.559

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 214/1996, do 6 de xuño, polo que se dispón que cese Jesús Pérez Varela como secretario xeral de Comunicación.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei de Galicia 11/1988, do 20 de outubro; por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día seis de xuño de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Que cese, por pasar a outro destino, Jesús Pérez Varela, como secretario xeral de Comunicación, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, seis de xuño de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

4415