Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 07 de xuño de 1996 Páx. 5.557

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

PRESIDENCIA

DECRETO 212/1996, do 6 de xuño, polo que se modifica parcialmente a estructura orgánica da Xunta de Galicia.

Establecida a estructura orgánica da Xunta de Galicia polo Decreto 287/1993, o paso do tempo fai preciso unha nova disposición que modifique parcialmente a organización prevista nel, adaptándoa ás necesidades que o momento actual aconsella acometer, aínda mantendo a mesma como organización básica do Goberno galego, e tendo en conta os criterios de eficacia e economía que deben inspira-la actuación e organización administrativa.

Por todo iso, en virtude das atribucións que me confire o artigo 26, parágrafo 1, da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei de Galicia 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º.

A Xunta de Galicia estará integrada polos departamentos que se citan no artigo 1 do Decreto 287/1993, do 10 de decembro, que conservan a súa denominación e funcións, con excepción da Consellería de Cultura, que pasará a denominarse Consellería de Cultura e Comunicación Social.

Artigo 2º.

1. A Consellería de Cultura e Comunicación Social asume as funcións que lles correspondían á Consellería de Cultura segundo o Decreto 49/1994, do 4 de febreiro, e á Secretaría Xeral de Comunicación no artigo 10 do Decreto 261/1994, do 29 de xullo.

2.-As actuais adscricións e dependencias de organismos autónomos e entes públicos á Consellería de Cultura e á Secretaría Xeral de Comunicación continuarán en vigor en relación á Consellería de Cultura e Comunicación Social.

Artigo 3º.

A orde de prelación da Consellería de Cultura e Comunicación Social manterase no posto establecido para a Consellería de Cultura no Decreto 287/1993, do 10 de decembro.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ó disposto no presente decreto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-O Consello da Xunta de Galicia adoptará as medidas necesarias para adecua-la estructura dos distintos organismos obxecto de regulación do presente decreto, dentro da política de racionalización e reducción do gasto público.

tarias precisas para o cumprimento do previsto neste decreto, sen que en ningún caso poidan orixinar incrementos de gasto.

Terceira.-Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, seis de xuño de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

4205