Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 05 de xuño de 1996 Páx. 5.491

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 1996, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, pola que se resolve o expediente número 305 que afecta ó monte Fonte do Ouro, Pedreira e outros, da parroquia de Sta. María de Rutis, concello de Culleredo, desta provincia.

Para os efectos previstos no artigo 28 do regulamento de aplicación da Lei 13/1989, de montes veciñais en man común, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, en sesión celebrada o 26 de febreiro de 1996, adoptou o seguinte acordo:

Reunido na data do 18 de marzo de 1996 o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, baixo a presidencia do delegado da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, Rogelio Aramburu Núñez, coa asistencia do vicepresidente Ángel Barallo Sánchez, maxistrado da Audiencia Provincial da Coruña, os vocais, Federico Sánchez Rodríguez, xefe do Servicio de Montes e I.F., Ramón Olano Calleja, letrado do Gabinete Xurídico Territorial da Xunta, Juan Ramón Beneyto Bellas, representante do Colexio de Avogados da Coruña, José Manuel Caramés Franco, representante das comunidades veciñais de Montes en Man Común e do secretario Manuel Puente Araújo, letrado da citada delegación, para estudiar e resolve-lo expediente nº 305. Monte: Fonte do Ouro, Pedreira e outros. Lugar: Parroquia de Sta, María de Rutis. Concello: Culleredo.

1º. Resultando que diversos veciños da parroquia de Rutis, concello de Culleredo, solicitaron con data do 28-9-1992 deste xurado a declaración como veciñal do expresado lugar, do monte arriba citado, e que ten as seguintes características:

Superficie: 33,34 ha. Nº de parcelas: 7. Lindeiros: de acordo coa descrición que hacen os propios solicitantes:

I. Fonte do Ouro. Situado nas Chas, A Zapateira. Cunha superficie de 1,72 ha. Coincide coa parcela 343 e parte das 345, 346, 347 e 348 do polígono 12 do Catastro de Rústica. Norte e oeste: muralla

e logo muro que a separa de propiedades particulares de José Muíño e outros. Leste: camiño asfaltado a Laxe-Rutis. Sur: camiño público asfaltado do club de golf á Hermida.

II. Pedreira. Situado en Rutis. De 0,5593 ha. Atravesado por camiño público. Norte: Antonio Ramallo e Ricardo Muíños, do piquete 1.006 ó 1.013. Leste: José Rumbo García, do piquete 1.013 ó 1.023. Sur: José Rumbo García, do piquete 1.023 ó 1.026 e deste ó 1.001, Oeste: José Rumbo García e Carmen de Bodelo, do piquete 1.001 ó 1.006.

III. As Brañas. En Rutis. Superficie 0,5747 ha. Coincide coa parcela 170 do polígono 11 de Culleredo, do Catastro. Norte: Parcela 164 do polígono 11. Leste: José Martínez Pedreira (parcela 163), Federico Moscoso Candal (parcela 162) e Jesús García Candamio (parcela 161). Sur e oeste: Manuel Blanco (parcela 173), Josefina Gómez Seoane (parcela 172) e José Martínez Seoane (parcela 171).

IV. Fonte do Torno e Gapito. Na Zapateira. Monte que consta de tres parcelas:

a) Parcelas 22 (Cova do Lobo), 16-ab, 15 e 14 do polígono 18 do catastro, Culleredo, Superficie 9,4850 ha. Parcela 22: Consta como comunal. Parcela 16-a-b: A nome de Julio Dans Boado e outro. Antes de José Gómez. Parcela 15: A nome de Julio Dans Boado e outro. Antes de Pedro Trigo García. Parcela 14: A nome de Amador Martínez Cerqueiro. Antes de Manuel López Martínez.

b) Parcela 219 do polígono 16 do catastro, de Culleredo. Superficie 6,3891 ha.

c) Abelleiras ou Reina. En Vilaboa. Superficie 13,2188 ha. Coincide coa parcela nº 152 do polígono 16 de Culleredo. Norte: Juan López Cabados, Vicente Veira, Juan López, Salvador López Souto, Juan Barreiro, Jacinto Ramallo, Juana Blanco Tabarés e Josefa Núñez Maceiras. Leste: Camiño a Laxe-Rutis. Sur: máis monte comunal, viveiro do patrimonio, Carmen Ramallo, José Seoane, José Mª Paredes, Dolores Segas, camiño, Amelia Carreiras, Antonio Ramallo Rey. Oeste: estrada ó campo de golf.

V. Cadaval. Situado en Castro, Rutis. Superficie 0,2929 ha. Norte e leste: José María Franqueira. Sur: José Naya Trillo. Oeste: Luis Muíño.

VI. Canle. Situado en Rutis-Culleredo. Superficie 0,4748 ha. Norte: Hrdos. Juan Naya Seoane, monte Chiruca da Conda e José Blanco Corral, do piquete nº 137 ó 101. Leste: Rego, do piquete 101 ó 105. Sur: Hrdos. Juan Naya Seoane e José Rumbo García, piquetes do 105 ó 132. Oeste: Monte La Trapichera, Juán Suárez Ríos, camiño e Hrdos. Juán Naya Seoane.

VII. Peneda de Ferro. Situado na Zapateira-Rutis. Superficie 0,6249 ha. Norte: rego da Reina e camiño. Leste: Juán Seoane (antes da Sra. de Carrero), Alfonso Rumbo. Sur: Hrdos. de José Gómez Sancho.

Oeste: José María Arrojo, camiño e Hrdos. de Seoane.

2º. Resultando que á vista de tal solicitude, o xurado, na súa reunión do 18-5-1993, acordou inicia-lo oportuno expediente nomeándose como instructor do mesmo a Ramón Olano Calleja, quen aceptóu expresamente o dito cargo. Procedeuse á correspondente tramitación, expediuse mandamento para a anotación preventiva no Rexistro da Propiedade da Coruña, oíronse a tódalas persoas, organismos e corporacións interesadas, para o cal se expediron mandamentos dirixidos ó alcalde presidente do Concello de Culleredo, ó xefe do Servicio de Montes e I.F. e se publicaron edictos no DOG (nº 48, do 9-3-1995), taboleiro de anuncios do concello e lugares de costume.

3º. Resultando que os veciños de Rutis fundamentan a súa petición perante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común en que tales montes foron comunais desde tempo inmemorial, presentando para iso escritos de declaración xurada en que declaran tal condición.

Así mesmo, presentan escrito do alcalde de Culleredo apoiando as pretensións de recuperación dos citados montes por parte dos veciños de Rutis, así como copias de bosquexo do catastro e de escrituras de compravenda nas que aparecen referencias á existencia do monte comunal.

4º. Resultando que ante o presente expediente se formularon as alegacións seguintes:

Por parte do Concello de Culleredo, referida a dúas parcelas, concretamente á nº III e á IV-b, as cales se inclúen no inventario de bens municipais como bens de propios e inscritas no Rexistro da Propiedade a nome de dito concello. No escrito que presenta menciónanse as investigacións realizadas sobre a propiedade municipal doutras parcelas na mesma zona.

José Iglesias Barbeito, alega a propiedade das parcelas nº I, IV-a-b, e VII, as cales están inscritas no Rexistro da Propiedade como parte doutros predios de maior superficie. Solicita a súa exclusión do expediente de clasificación.

O Casino da Coruña alega a propiedade de 12 ha., na parcela IV-c. Inscrita no Rexistro da Propiedade, procede da segregación dun predio maior, o cal así mesmo constaba no rexistro.

Tales alegacións afectan a gran parte das parcelas reclamadas como veciñais en man común polos veciños da parroquia de Rutis.

5º. Resultando que na tramitación das presentes actuacións se cumpriron as formalidades legais e regulamentarias, esixidas principalmente pola Lei 13/1989, do 10 de outubro de montes veciñais en man común, e o seu regulamento de aplicación aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, ambos da Comunidade Autónoma de Galicia, Lei

de procedemento administrativo e demais disposicións aplicables no caso.

Celebrada sesión no día de hoxe, á que se citaron en legal forma tódolos interesados no expediente, e comparecendo e sendo oídas as representacións seguintes: Pilar Méndez García, no seu nome e o dos seus fillos, que comparece no expediente alegando a propiedade da parcela nº III, a cal consta inscrita no Registro da Propiedade e da que achega documentación. Celestino Pérez García, en representación dos promotores do expediente, ratifícase no solicitado e presenta un estudio técnico que se incorpora ó expediente, alcalde e secretaria do Concello de Culleredo, presentan un estudio técnico e reafírmanse no alegado. Representación do Iglesias Barbeito, ratificándose nas súas alegacións. xerente do Casino da Coruña, que se reafirma no alegado. Finalmente Alfonso Rumbo, en representación de José Rumbo, non presenta alegación ó no afecta-lo solicitado a parcelas da súa propiedade, se ben contesta ós escritos da xunta promotora nos que é aludido.

Vistos os preceptos das disposicións citadas e demais de xeral aplicación.

1º. Considerando que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña ten xurisdicción e competencia para coñecer do presente expediente en virtude do disposto nos Arts. 9 e 10 da Lei da Comunidade Autónoma de Galicia 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

2º. Considerando que de conformidade co contido do Art. 11 da citada Lei e 19 do Regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, os veciños da parroquia de Sta. María de Rutis, concello de Culleredo, son parte lexítima para solicita-la iniciación do presente expediente de cualificación.

3º. Considerando o alegado polo Concello de Culleredo acerca das parcelas que considera que son da súa propiedade patrimonial en virtude do inventario de bens do concello e da súa inscrición no Rexistro da Propiedade. De igual modo, tendo en conta os dereitos alegados polos particulares afectados no citado expediente de cualificación, ós que se lles deu trámite de audiencia en virtude da súa recoñecida condición de partes interesadas e que acreditan documentalmente a súa condición de titulares de dereitos de propiedade protexidos pola titularidade rexistral.

4º. Considerando que o monte debe reuni-las seguintes características: 1) Pertenza a agrupacións de veciños na súa calidade de grupos sociais, non como entidades administrativas; 2) Que se aproveite consuetudinariamente en réxime de comunidade, sen asignación de cotas polos membros de cada agrupación na súa condición de veciños comuneiros; 3) Que os veciños comuneiros residan habitualmente con casa aberta dentro da área xeográfica

sobre a que se asenta o grupo social que tradicionalmente aproveitou o monte (arts, 1, 2 e 3 da Lei 13/1989 e 1, 2 e 3 do Regulamento de 4 de setembro de 1992).

5º. Considerando que o xurado, á vista dos escritos motivados de tódalas partes interesadas, considera que os dereitos que se alegan nos aproveitamentos que puideran ter sobre o monte os aspirantes a comuneiros non están suficientemente acreditados perante este xurado; que a configuración física do monte como un conxunto de parcelas sen continuidade non é a de monte veciñal, e que a incorporación das citadas parcelas ós bosquexos do catastro como comunais non pode ser base suficiente para a súa cualificación, pois isto indica unicamente que son obxecto de uso polo dominio público, pero non determina o carácter de veciñais en man común. De acordo co anterior, o xurado considera que o alegado, ó ser cuestión relativa ó dominio de tales predios é da competencia dos tribunais da xurisdicción ordinaria, a substanciar polos trámites do xuízo declarativo ordinario que corresponda.

Por iso, este xurado á vista dos antecedentes e fundamentos de dereito expostos, nesta data,

Acorda que non hai lugar a pronunciarse sobre a cualificación como veciñal en man común do monte Fonte do Ouro, Pedreira e outros afectado polo presente expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no plazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados a partir do día seguinte ó de publicación da presente resolución, segundo a ata agora vixente Lei de procedemento administrativo.

A Coruña, 18 de marzo de 1996.

Vº e prace

Rogelio Aramburu Núñez

Presidente do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

Manuel Puente Araújo

Secretario

4237