Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 05 de xuño de 1996 Páx. 5.489

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 1996, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, pola que se resolve o expediente número 318 que afecta ó monte Can de Carracedo e Chan de Salgueiro, da parroquia de Santiago de Mera, concello de Ortigueira, desta provincia.

Para os efectos previstos no artigo 28 do regulamento de aplicación da Lei 13/1989, de montes veciñais en man común, e de conformidade co dis

posto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, en sesión celebrada o 26 de febreiro de 1996, adoptou o seguinte acordo:

Reunido na data do 26 de febreiro de 1996 o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, baixo a presidencia do delegado da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, Rogelio Aramburu Núñez, coa asistencia do vicepresidente Ángel Barallo Sánchez, maxistrado da Audiencia Provincial da Coruña, os vocais, Federico Sánchez Rodríguez, xefe do Servicio de Montes e I.F., Ramón Olano Calleja, letrado do Gabinete Xurídico Territorial da Xunta, Juan Ramón Beneyto Bellas, representante do Colexio de Avogados da Coruña, José Manuel Caramés Franco, representante das comunidades veciñais de Montes en Man Común e do secretario Manuel Puente Araújo, letrado da citada delegación, para estudiar e resolve-lo expediente nº 318. Monte: Can de Carracedo e Chan de Salgueiro. Lugar: Parroquia de Santiago de Mera. Concello: Ortigueira.

1º. Resultando que diversos veciños da parroquia de Santiago de Mera, concello de Ortigueira, solicitaron con data do 16-11-1993 deste xurado a declaración como veciñal do expresado lugar, do monte arriba citado, e que ten as seguintes características:

Superficie: 305,30 ha..

Lindeiros: procede do monte Can de Carracedo e Chan de Salgueiro, nº 236 do C.U.P.

Norte: desde un punto situado a 30 m de distancia do marco nº 381 (situado na Pana de Catro Camiños) en dirección ó marco nº 382, seguindo o deslindamento, vai en dirección leste ó Pastizal Chao, o cal bordea polo seu límite sur nunha distancia de 250 m, para rematar nun punto situado a 20 m, do marco nº 223 en dirección ó nº 224 seguindo ó deslindamento.

Leste: desde un punto situado a 20 m, do marco 223 (en dirección ó 224), ata o marco nº 297 seguindo o deslindamento.

Sur: desde o marco nº 297 ata o nº 300 seguindo o deslindamento, e deste en liña recta ata o marco nº 369 situado no Pico de Mole.

Oeste: desde o marco nº 369 situado no Pico de Moles, seguindo o deslindamento ata un punto situado a 30 m do marco nº 381 (en dirección ó 382).

Límites que, declarados pola xunta promotora, se corresponden cos que se describen nas actas de declaración do xurado e os que se reflicten nos expedientes de deslindamento do monte.

2º. Resultando que á vista de tal solicitude, o xuirado, na súa reunión do 28-6-1994, acordou inicia-lo oportuno expediente nomeándose como instructor do mesmo a Juan Ramón Beneyto Bellas, quen aceptóu expresamente o dito cargo. Procedéuse á correspondente tramitación, expediuse mandamento para a anotación preventiva no Rexistro da Propiedade de Ortigueirra, oíronse a tódalas persoas, organismos e corporacións interesadas, para o cal se expediron mandamentos dirixidos ó alcalde presidente do Concello de Ortigueira, ó xefe do Servicio de Montes e I.F. e se publicaron edictos no DOG (nº 47, do 8-3-1995), taboleiro de anuncios do concello e lugares de costume.

3º. Resultando que os veciños da parroquia de Santiago de Mera fundamentan a súa petición perante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común no aproveitamento de madeiras, esquilmos, leñas, na práctica de cultivos na forma e modo en que por costumne o fan os labregos e nos aproveitamentos de pastos en rexime extensivo, presentando para iso acta ante notario na que os maiores do lugar declaran tal condición desde tempo inmemorial e sen atribución nina signación de cotas individuais.

Así mesmo, tal petición recibe informe favorable polo acordo do Pleno do Concello de Ortigueira do 25-8-1995.

4º. Resultando que segundo oapartado 7º do informe emitido polo Servicio de Montes, Juan Bautista Bellón Díaz presentou unha reclamación de propiedade que afecta a parte do monte solicitado, habendo unha sentencia do 14-9-1994, do Xulgado de Primeira Instancia número seis da Coruña que recoñece a propiedade privada de dous predios situados na zona sur e leste do monte, replanteadas e reflectidas no plano que se incorpora óe xpediente de cualificación.

5º. Resultando que na tramitación das presentes actuacións se cumpriron as formalidades legais e regulamentarias, esixidas principalmente pola Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e o seu regulamento de aplicación aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, ambos da Comunidade Autónoma de Galicia, Lei de procedemento administrativo e demáis disposicións aplicables no caso.

Celebrada sesión no día de hoxe, á que se citaron en legal forma tódolos interesados no expediente, e compareció e se oíu a Juan Casas, en representación dos promotores do mesmo, o cal se ratificou no solicitado, non comparecendo Juan Bautista Bellón Díaz.

Vistos os preceptos das disposicións citadas e demais de xeral aplicación.

1º. Considerando que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña ten xurisdicción e competencia para coñecer do pre

sente expediente en virtude do disposto nos Arts. 9 e 10 da Lei da Comunidade Autónoma de Galicia 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

2º. Considerando que de conformidade co contido do Art. 11 da citada Lei e 19 do Regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, os veciños da parroquia de Santiago de Mera, concello de Ortigueira, son parte lexítima para solicita-la iniciación do presente expediente de cualificación.

3º. Considerando a existencia da reclamación de propiedade de Juan Bautista Bellón Díaz sobre predios de monte citados no resultando 4º.

4º. Considerando que o monte debe reuni-las seguintes características: 1) Pertenza a agrupacións de veciños na súa calidade de grupos sociais, non como entidades administrativas; 2) Que se aproveite consuetudinariamente en réxime de comunidade, sen asignación de cotas polos membros de cada agrupación na súa condición de veciños comuneiros; 3) Que os veciños comuneiros residan habitualmente con casa aberta dentro da área xeográfica sobre a que se asenta o grupo social que tradicionalmente aproveitóu o monte (Arts, 1, 2 e 3 da Lei 13/1989 e 1, 2 e 3 do Regulamento de 4 de setembro de 1992).

5º. Considerando que das actuacións que constan no expediente, e en especial da comprobación do que se expresa no 3º resultando, se deduce de forma indiscutible que no presente caso nos encontramos cun monte pertencente á comunidade veciñal da parroquia de Santiago de Mera, no que se cumpren os aludidos requisitos.

Por iso, este xurado á vista dos antecedentes e fundamentos de dereito expostos, nesta data,

Acorda cualificar como monte veciñal en man común da comunidade veciñal da parroquia de Santiago de Mera, concello de Ortigueira, o denominado Mmonte Can de Carracedo e Chan de Salgueiro, cos lindeiros, superficie e características que figuran no primeiro resultando. No obstante, exclúense de tal calificación como veciñal en man común aquelas dúas aprcelas sobre as que ten presentada reclamación en vía xudicial Juan Bautista Bellón Díaz, ó considera-lo xurado que é cuestión relativa ó dominio privado de tales parcelas e polo tanto comeptencia dos tribunais de xustiza. Así mesmo acórdase excluí-lo declarado do inventario de bens do concello e do catálogo dos de utilidade pública, se neles estivera inscrito, incluíndoo no Rexistro de Montes Veciñais en Man Común que figura na Delegación de Agricultura, Gandería e Montes da Coruña.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza

de Galicia, contados a partir do día seguinte ó de publicación da presente resolución, segundo a ata agora vixente Lei de procedemento administrativo.

A Coruña, 26 de febreiro de 1996.

Visto e prace

Rogelio Aramburu Núñez

Presidente do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

Manuel Puente Araújo

Secretario

3864