Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 05 de xuño de 1996 Páx. 5.487

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 1996, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, pola que se resolve o expediente número 281 que afecta ó monte Pena e Leoiras, Mourellas, Outeiro e outros, da parroquia de Asados, concello de Rianxo, desta provincia.

Para os efectos previstos no artigo 28 do regulamento de aplicación da Lei 13/1989 de montes veciñais en man común, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, en sesión celebrada o 26 de febreiro de 1996, adoptou o seguinte acordo:

Reunido na data do 26 de febreiro de 1996 o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, baixo a presidencia do delegado da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, Rogelio Aramburu Núñez, coa asistencia do vicepresidente Ángel Barallo Sánchez, maxistrado da Audiencia Provincial da Coruña, os vocais, Federico Sánchez Rodríguez, xefe do Servicio de Montes e I.F., Ramón Olano Calleja, letrado do Gabinete Xurídico Territorial da Xunta de Galicia, Juan Ramón Beneyto Bellas, representante do Colexio de Avogados da Coruña, José Manuel Caramés Franco, representante das comunidades veciñais de montes en man común e do secretario Manuel Puente Araújo, letrado da citada delegación, para estudiar e resolve-lo

Expte.: nº 281

Monte: pena e Leoiras, Mourellas, Outeiro e outros.

Lugar: parroquia de Asados.

Concello: Rianxo

1º Resultando que diversos veciños da parroquia de Asados, concello de Rianxo, solicitaron con data do 18-5-1981 deste xurado a declaración como veci

ñal da expresada parroquia do monte arriba citado e que ten as seguintes características:

Superficie: 101,90 ha.

Lindeiros:

Incorporadas ó expediente e arquivadas nel existen actas de deslindamento, co correspondente plano, entre a comunidade de Asados, a de Leiro e a parroquia de Rianxo.

Parcela I. Monte Leoiras. Cunha superficie de 46,68 ha. É parte do monte Pena e Leoiras, nº 277 do C.U.P.

Norte: con propiedades particulares dos veciños de Asados, desde o marco I-638 ó I-648 do deslindamento do monte Pena e Leoiras.

Leste: con monte do lugar de Burés desde o marco I-648 seguindo devasa ata devasa central. Con monte da comunidade de Isorna polo límite coa parroquia de Isorna.

Sur: con monte da comunidade de Leiro seguindo a liña de deslindamento entre comunidades, ata chegar ó denominado Agro das Charcas, próximo ó piquete nº 18 e na mesma pista forestal.

Oeste: con monte da parroquia de Asados, pola liña recta que une o Agro das Charcas co sitio denominado Muxenas, no marco I-617 do monte Pena e Leoiras. Con propiedades particulares da parroquia de Asados, desde o marco I-617 ata o I-638, seguindo a orde de marcos.

Parcela II. Monte Pena. Cunha superficie de 19,37 ha. É parte da parcela I do monte Pena e Leoiras, nº 277 do C.U.P.

Norte: con propiedades particulares de veciños de Asados, desde o marco I-481 ó I-518.

Leste: con monte da comunidade de Asados, desde o marco I-518 a un punto intermedio entre os piquetes 12 ó 13 pola devasa. Con monte da comunidade de Leiro déste punto ó piquete nº 12, e deste ó nº 11 e nº 10.

Sur e oeste: con monte da comunidade de Leiro desde o piquete nº 10 ó nº 6 seguindo a orde inversa de piquetes. Con monte da parroquia de Rianxo desde o nº6 ó nº 1 na orde inversa de piquetes, e déste ó marco I-481.

Parcela III. Monte Mourellas. Cunha superficie de 28,51 ha. Coincide coa parcela II do monte Pena e Leoiras, nº 277 do C.U.P.

Norte: propiedades particulares do sitio dos Curros, desde o marco nº II-42 ó II-1.

Leste: con propiedades particulares dos sitios de Saradal e Agro do Monte dos piquetes nº II-1 ó II- 12.

Sur: con propiedades particulares dos sitios de Marquesa e Buscalvo, piquetes nº II-12 ó II-18.

Oeste: con propiedades particulares dos sitios de Río Grande e Castiñeiriña, piquetes nº II-18 ó II- 42.

Parcela IV. Monte Outeiro. Superficie 1,53 ha. Situado no lugar de Marquesa. Ten como enclavado o viñeiro de Francisco Novoa.

Norte: muros que cerran os sitios de Agro Novo e Revolta Nova e o agro Vesada Nova.

Leste e Sur: muros que cerran predios particulares e o agro Fonte da Urza.

Oeste: muros de fincas particulares e o agro Navaliño.

Parcela V. Montiño da Mámoa. Superficie de 0,65 ha. Situado no lugar de Mámoa.

Norte: muros que cerran os agros Palomar e O Agro.

Leste: muro dos Agros Caneiro e Sontelo.

Sur: muros dos Agros Caneiro e Pedragais.

Oeste: muro do sitios de Searas.

Parcela VI. Outeiro da Lebre. Superficie de 3,72 ha. No lugar de Vilanustre.

Norte: terreos dos veciños de Asados.

Leste: campo da feira e terreos dos veciños de Asados.

Sur: sitio de Folgueiras.

Oeste: sitio denominado Pousa do Gando.

Parcela VII. Monte Medeiros da Barraca. Superficie de 0,27 ha. Situado no lugar de Lustres.

Noreste: terreos dos veciños de Asados.

Sur e leste: estrada de Rianxo a Burés.

Sudoeste: terreos de veciños de Asados.

Noroeste: terreos de veciños de Asados.

Parcela VIII. Monte Alargos do Cotón e Repeses. Superficie de 1,06 ha. No lugar de Vilas.

Norte: sitios de Cotón e Repeses.

Sur e leste: Agros de Cotón e Repeses.

Sudoeste: sitios de Repeses e monte Mourella.

Noroeste: muro de propiedades de veciños de Asados.

Parcela IX. Monte Horta de Barraca. Superficie 0,11 ha. Situado no lugar de Vilas.

Norte: propiedades de Veciños de Asados.

Leste: propiedades de veciños de Asados.

Sur: propiedades de veciños de Asados.

Oeste: estrada de Rianxo a Burés.

2º Resultando que, á vista de tal solicitude, o xurado, na súa reunión do 16-9-1992, acordou inicia-lo oportuno expediente nomeándose como instructor deste a Vicente Aldea Meléndez, quen acep

tou expresamente o dito cargo, e que debido á oposición dos veciños de Leiro se paralizou a tramitación do expediente.

Na reunión do xurado do 26-4-1994 é nomeado instructor Federico Sánchez Rodríguez, o cal acepta o cargo. Mercé a un acordo de deslindamento entre as comunidades de Asados, a de Leiro e a parroquia de Rianxo, proséguese a tramitación do expediente, expediuse mandamento para a anotación preventiva no Rexistro da Propiedade de Padrón, oíronse tódalas persoas, organismos e corporacións interesadas, expedíndose mandamentos a tal fin dirixidos ó alcalde presidente do Concello de Rianxo, ó xefe do Servicio de Montes e I.F. e publicáronse edictos no DOG (nº 170 do 5-9-1995), taboleiro de anuncios do concello e lugares de costume.

3º Resultando que, os veciños da parroquia de Asados fundamentan a súa petición perante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común no aproveitamento desde tempos inmemoriais de madeiras, esquilmos, leñas, na práctica de cultivos na forma e modo que por costume o fan os labregos e nos aproveitamentos de pastos en réxime extensivo, presentando diversa documentación que apoia tal petición, entre outra unha certificación do Catastro do Marqués da Ensenada referente ó inventario de bens da parroquia de Asados, así como outras certificacións acerca da súa pertenza, inscrición e aproveitamentos.

4º Resultando que, na tramitación das presentes actuacións se cumpriron as formalidades legais e regulamentarias, esixidas principalmente pola Lei 13/1989, do 10 de outubro de montes veciñais en man común, e o seu regulamento de aplicación, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, ambos da Comunidade Autónoma de Galicia, Lei de procedemento administrativo e demais disposicións aplicables no caso.

Celebrada sesión no día de hoxe, á que se citaron en legal forma tódolos interesados no expediente, e comparecendo e oíndose a Cirilo Tubío, representante dos promotores do mesmo, o cal se ratifica no solicitado.

Vistos os preceptos das disposicións citadas e demais de xeral aplicación.

1º Considerando que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña ten xurisdicción e competencia para coñecer do presente expediente en virtude do disposto nos Arts. 9 e 10 da Lei da Comunidade Autónoma de Galicia 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

2º Considerando que en conformidade co contido do Art. 11 da citada lei e 19 do regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, os veciños da parroquia de Asados, concello de Rianxo, son parte lexítima para solicita-la iniciación do presente expediente de cualificación.

3º Considerando que o monte debe reuni-las seguintes características: 1) Pertenza a agrupacións de veciños na súa calidade de grupos sociais, non como entidades administrativas; 2) Se aproveite consuetudinariamente en réxime de comunidade, sen asignación de cotas polos membros de cada agrupación na súa condición de veciños comuneiros; 3) Que os veciños comuneiros residan habitualmente con casa aberta dentro da área xeográfica sobre a que se asenta o grupo social que tradicionalmente aproveitóu o monte (Arts., 1, 2 e 3 da Lei 13/1989 e 1, 2 e 3 do Regulamento de 4 de setembro de 1992).

4º Considerando que das actuacións que constan no expediente, e en especial da comprobación do que se expresa no 3º resultando, se deduce de forma indiscutible que no presente caso nos encontramos cun monte pertencente á comunidade veciñal da parroquia de Asados, no que se cumpren os aludidos requisitos.

Por iso, este xurado, á vista dos antecedentes e fundamentos de dereito expostos, nesta data,

Acorda cualificar como monte veciñal en man común da comunidade veciñal da parroquia de Asados, concello de Rianxo, o denominado monte Pena e Leoiras, Mourellas, Outeiro e outros, cos lindeiros, superficie e características que figuran no primeiro resultando. Así mesmo acórdase exclui-lo declarado do Inventario de Bens do Concello e do Catálogo dos de Utilidade Pública, se neles estivera inscrito, incluíndoo no Rexistro de Montes Veciñais en Man Común que figura na Delegación de Agricultura, Gandería e Montes da Coruña.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados a partir do día seguinte ó de publicación da presente resolución, segundo a ata agora vixente Lei de procedemento administrativo.

A Coruña, 26 de febreiro de 1996.

Rogelio Aramburu Núñez

Presidente do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

Manuel Puente Araújo

Secretario

3865