Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 05 de xuño de 1996 Páx. 5.493

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 1996 pola que se anuncia a contratación polo sistema de concurso, procedemento aberto, das asistencias técnicas de claves: 62113013 e 62105014.

A Delegación de Agricultura, Gandería e Montes en Pontevedra anuncia a contratación mediante concurso, procedemento aberto, das asistencias técnicas seguintes:

1º Título.

Proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación das bases provisionais de concentración parcelaria na zona de Barciademera (O Covelo-Pontevedra).

Clave: 62113013.

Orzamento: 14.908.715 ptas.

Prazo de execución: 22 meses.

Fianzas esixidas: provisional, exenta; definitiva (4%), 596.349 ptas.

Clasificación do contratista: categoría A, grupo I, subgrupo 4.

2º Título.

Proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación das bases provisionais de concentración parcelaria na zona de Saiar (Caldas de Reis-Pontevedra.

Clave: 62105014.

Orzamento: 19.045.430 ptas.

Prazo de execución: 24 meses.

Fianzas esixidas: provisional, exenta; definitiva (4%), 761.817 de ptas.

Clasificación do contratista: categoría A, grupo I, subgrupo 4.

Documentos de interese para os licitadores: o proxecto e o prego de cláusulas administrativas particulares estarán á disposición dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos servicios de Contratación e de Estructuras e Desenvolvemento Rural desta delegación, sitos na rúa Benito Corbal 47, de Pontevedra.

Modelo de proposicións: as proposicións económicas formalizaranse estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en sobres pechados, segundo especifica o prego de cláusulas administrativas particulares, no rexistro da delegación, en man, ou enviaranse por correo ó Servicio de Contratación desta delegación (rúa Benito Corbal 47, Pontevedra), coas formalidades que determina o artigo 100 do Regulamento xeral de contratación, modificado polo Real decreto 2528/1986, no prazo de admisión, que rematará as doce horas do vixésimo sexto día hábil, que non cadre en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, que se reunirá ás dez horas do décimo día hábil, que non cadre en sábado, a partir do derradeiro día de presentación de proposicións, nas oficinas desta delegación provincial.

Documentos que deben presenta-los licitadores: os que figuran nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

Pagamento do anuncio: o importe da publicación deste anuncio correrá por conta dos respectivos adxudicatarios.

Pontevedra, 14 de maio de 1996.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

3937