Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 04 de xuño de 1996 Páx. 5.359

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 22 de maio de 1996 pola que se aplican na Comunidade Autónoma de Galicia medidas sobre melloras estructurais e modernización das explotacións agrarias.

A agricultura galega está a facer fronte nos últimos anos ó reto da integración na Unión Europea afrontando profundos cambios estructurais que se traducen nunha diminución do número de explotacións e unha mellora da estructura productiva, dimensión económica e calidade das produccións finais das explotacións que permanecen no sector.

Este proceso debe continuar nos vindeiros anos co fin de seguir mellorando a competitividade e eficacia productiva das explotacións, no marco da política de estructuras da Unión Europea, do previsto na Lei 19/1995, do 4 de xullo, de modernización de explotacións agrarias e do disposto no Real decreto 204/1996, de 9 de febreiro, pero tendo en conta a problemática específica das explotacións agrarias de Galicia.

As axudas reguladas por esta orde van dirixidas, principalmente, a logra-la modernización das explotacións agrarias a través de investimentos para a mellora do seu sistema productivo, de medidas

para a incorporación de agricultores xoves como titulares das explotacións do sector agrario, de axudas para a introducción da contabilidade en explotacións agrarias, medidas para o fomento de agrupacións de servicios e axudas para favorece-la mobilidade da terra.

Coa finalidade de incrementa-la competitividade das explotacións galegas é necesario dirixi-las actuacións a plans de mellora que teñan como obxectivo acadar unha dimensión económica mínima e que permitan asegura-la súa viabilidade e a dispoñibilidade de rendas para os agricultores dentro dun sistema productivo adaptado a un aproveitamento racional dos recursos naturais e respetuoso co medio ambiente.

A incorporación da poboación máis nova e capacitada á titularidade das explotacións agrarias é unha das mellores vías para estimula-la introducción de novas tecnoloxías no sector e contribuír a asegura-la súa competitividade e continuidade no desenvolvemento da actividade. É necesario incentivar en maior grao aquelas fórmulas de incorporación nas que exista unha maior ligazón entre o xove e a explotación.

Por outra parte, o coñecemento dos resultados da contabilidade e os distintos índices técnico-económicos anuais das explotacións e a súa análise en cada sector productivo, para elaborar consellos de xestión que poidan servir na toma de decisións dos titulares das explotacións, é unha vía que contribúe claramente á diminución de custos e mellora da renda das explotacións. As axudas á introducción da contabilidade, por unha parte, e as axudas ás agrupacións de servicios, por outra, incentivan a consecución dos devanditos obxectivos.

Establécense tamén axudas para a adquisición de terras co obxectivo de acadar explotacións prioritarias coa dimensión axeitada para asegura-la súa rendibilidade e viabilidade.

A importancia da producción gandeira en Galicia e o obxectivo de mante-lo alto nivel en sanidade animal alcanzado nos últimos anos obriga, en determinados casos, ó sacrificio, ás veces casi xeneralizado, dos animais dunha explotación, co conseguinte quebranto económico. A dispoñibilidade dun financiamento axeitado para este tipo de explotacións que sufriron un descenso considerable nos seus efectivos gandeiros como consecuencia dos sacrificios obrigatorios de femias reproductoras, contribuirá á súa viabilidade.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.I.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Liñas de axuda.

Establécese a aplicación, na Comunidade Autónoma de Galicia, de medidas recollidas no R.D.

204/1996, do 9 de febreiro, sobre melloras estructurais e modernización das explotacións e normativa concordante, coas precisións que inclúe a presente disposición; das seguintes liñas de axuda:

1. Plans de mellora (liña B).

2. Primeira instalación de agricultores xoves (liña A).

3. Introducción da contabilidade (liña C).

4. Agrupacións de servicios (liña D).

5. Adquisición de terras (liña T).

6. Plans de mellora fóra da acción común (liña R).

Plans de mellora

Artigo 2º.-Requisitos dos beneficiarios.

Os titulares de explotacións que desexen acceder ás axudas a investimentos en plans de mellora previstos no R.D. 204/1996 presentarán unha solicitude segundo o modelo que se especifica no anexo I, acompañada da documentación acreditativa dos requisitos esixidos no artigo 4 do devandito real decreto.

O cumprimento dos ditos requisitos poderase xustificar na forma que se sinala a continuación segundo o tipo de titular da explotación agraria:

1. Persoa física.

a) A condición de agricultor profesional e, se é o caso, de que polo menos ó 50% da súa renda total a obtén das actividades agrarias sinaladas no apartado 5 do anexo I do R.D. 204/1996 mediante fotocopia cotexada da declaración do I.R.P.F. do último exercicio ou coa media das rendas fiscalmente declaradas como tales polo mesmo durante tres dos cinco últimos anos, incluíndo o último exercicio, exceptuando do cómputo os incrementos e diminucións patrimoniais. Para estes efectos imputarase ó titular da explotación:

1º As rendas da actividade agraria da explotación.

2º As rendas procedentes doutras actividades empresariais ou profesionais, así como as rendas procedentes do traballo desenvolvido fóra da explotación, incluídas as perdas e haberes pasivos que fiscalmente haxa obriga de declarar.

3º O 50% das rendas do capital mobiliario e inmobiliario, no caso de réxime de gananciais, e o 100 por 100 das súas rendas privativas.

b) A capacitación profesional suficiente poderá acreditarse dalgunha das seguintes formas:

b.1. Aportando a documentación xustificativa de ter obtido o título de capataz agrícola ou de formación profesional agraria de primeiro grao, ou outro de grao superior na rama agraria.

b.2. Con cinco anos de exercicio da actividade agraria, que poderá acreditarse, con carácter xeral, cun informe de vida laboral da Seguridade Social.

-No caso de que parte ou a totalidade do exercicio da actividade agraria o fora como man de obra familiar, será precisa unha declaración do titular da

explotación onde realizou tal actividade na que se especifique o tempo traballado na explotación e as tarefas desenvolvidas.

-Os anos nos que non se exercera a actividade agraria, ata alcanza-los cinco anos, poderán substituírse pola asistencia a cursos ou seminarios de capacitación agraria cunha duración de 25 horas lectivas por cada ano.

-En calquera caso, a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes estudiará a documentación aportada e establecerá a súa idoneidade para os efectos de xustifica-la actividade agraria do solicitante.

b.3 No caso de agricultores xoves, e para efectos de primeira instalación ou de incremento do 25% nas axudas ós investimentos en plans de mellora, a capacitación profesional suficiente adquirida xustificarase mediante fotocopia cotexada da titulación académica de capataz agrícola ou formación profesional agraria de primer grao ou outra superior agraria, ou dos certificados de asistencia a cursos establecidos pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, ou por outras entidades competentes en ensinanzas agrarias a xuízo desta, cunha duración mínima de 200 horas.

Considerarase tamén acreditada a capacitación se o agricultor xove se compromete a adquirir no prazo de dous anos a capacitación profesional suficiente especificada no parágrafo anterior. Neste caso, no momento da solicitude da axuda deberá presentar xustificante de ter pedida a admisión nos cursos que a Consellería de Agricultura, Ganadería e Montes programa para tal efecto.

Posteriormente o xove deberá presentar certificado de asistencia, unha vez realizado o curso, no prazo establecido.

c)A afiliación ó réxime da Seguridade Social que corresponda á actividade desenvolvida na explotación poderá xustificarse con:

1. No caso de réxime especial agrario da Seguridade Social, co informe de vida laboral.

2. No caso de réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos en función da súa actividade agraria ou outras, co informe de vida laboral, e documento de afiliación á Seguridade Social ou último pagamento do imposto de actividades económicas.

3. No caso de asalariados do réxime xeral, co correspondente documento de cotización á Seguridade Social.

d) A idade mediante a fotocopia do DNI cotexada.

e) A residencia con fotocopia do DNI cotexada ou certificado de empadroamento.

f) A xustificación de estar ó día das súas obrigas fiscais e coa Seguridade Social poderá realizarse cos seguintes documentos:

-Obrigas fiscais: certificado de Facenda, que se presentará no momento da comprobación das melloras realizadas.

-Obrigas coa Seguridade Social: co informe de vida laboral.

2. Persoa xurídica.

1º Para a xustificación de que a actividade principal é a agrícolo-gandeira deberán presentarse os estatutos ou documento de constitución.

2º A xustificación de que se trata dunha explotación agraria prioritaria segundo se establece no apartado 20 do anexo I do R.D. 204/1996 realizarase:

a) No caso dunha cooperativa de explotación comunitaria da terra ou de traballo asociado dentro da actividade agraria, cos estatutos.

b) No caso de cooperativa agraria, S.A.T., sociedade civil ou mercantil, deberá xustificar que se cumpre algún dos seguintes requisitos:

b.1. Que polo menos o 50% dos socios cumpran as condicións esixidas ó agricultor profesional en canto a procedencia de rendas e dedicación do traballo, conforme o establelcido na letra a) do apartado 1 do presente artigo.

b.2. Que polo menos dous tercios dos socios que sexan responsables da xestión e administración cumpran os requisitos esixidos ó agricultor profesional en canto a dedicación ó traballo e procedencia de rendas, referidas á explotación asociativa, da forma establecida na letra a) do apartado 1. Ademais deben cumpri-las condicións das letras b), c), d), e) do dito apartado 1 do presente artigo e acreditalo da forma indicada, e que 2/3, como mínimo, do volume do traballo desenvolvido na explotación sexa aportado polos socios que cumpran os requisitos anteriormente sinalados, o cal acreditarán cos xustificantes da Seguridade Social, as súas nóminas ou outras formas admitidas en dereito.

No caso de que o titular sexa unha sociedade civil, laboral ou outra mercantil, as súas accións ou participacións sociais deberán ser nominativas e, no caso de que non se trate dunha sociedade agraria de transformación, ter por obxecto exclusivo o exercicio da actividade agraria na explotación da que sexa titular e máis do 50% do capital social, de existir este, deberá pertencer a socios que reúnan os requisitos de procedencia de rendas e dedicación do traballo esixidos ós agricultores profesionais, referidos a dita explotación, o que se xustificará coa documentación indicada na letra a) do apartado 1 do presente artigo.

Para estes efectos considéranse rendas da explotación as remuneracións que devenguen os socios polo traballo de todo tipo desenvolvido na explotación, as contraprestacións pola cesión á mesma da terra ou outros medios de producción e polas súas aportacións ó capital social e as súas respec

tivas participacións nos resultados positivos da explotación.

3º Para a xustificación de estar ó día das obrigas fiscais e coa Seguridade Social, xuntarase o correspondente certificado da Axencia Tributaria, a declaración do imposto de sociedades, documentos TC1 e boletíns de cotización da Seguridade Social.

3. Comunidade de bens.

No caso de que o titular sexa unha comunidade de bens, só poderá ser beneficiaria destas axudas se existe un pacto de indivisión por un período mínimo de 6 anos, a partir da data de solicitude e que polo menos un dos comuñeiros reúna os requisitos especificados no apartado 1 deste artigo, para as persoas físicas.

Artigo 3º.-Cálculo da renda unitaria de traballo.

Para efecto do cálculo da renda unitaria de traballo á que se refire o apartado 19 do anexo I do R.D. 204/1996, teranse en conta os seguintes criterios:

1) En relación coas unidades de traballo agrario da explotación:

a) Cando o titular sexa persoa física a aportación de man de obra acreditarase das seguintes maneiras:

a.1) A man de obra familiar do titular, cotitular e familiares que estean afiliados á Seguridade Social, co informe de vida laboral de cada un deles.

a.2) A aportación da man de obra familiar do titular da explotación ata 2º grao inclusive, por consanguinidade ou afinidade e, se é o caso, por adopción, que convivan no seu fogar e estean ó seu cargo e que estando ocupados na súa explotación, non teñan a obriga de afiliarse ó correspondente réxime da Seguridade Social, poderá estimarse ata un máximo de 0,5 unidades de traballo agrario polo primeiro traballador e 0,25 unidades de traballo agrario por cada un dos restantes membros. Para acreditar que esa man de obra pertence á unidade familiar, utilizarase a declaración do IRPF do titular ou o certificado de empadroamento.

a.3) A man de obra asalariada acreditarase documentalmente con base na cotización á Seguridade Social.

b) Cando o titular sexa persoa xurídica soamente se computará a man de obra aportada polos socios e asalariados non socios acreditadas mediante a correspondente cotización á Seguridade Social.

c) No caso de comunidades de bens utilizaranse os mesmos criterios que para persoas físicas.

Para o cálculo do investimento máximo, en función do límite máximo de investimento por unidade de traballo agrario (UTA), consideranse as UTA iniciais indicadas nos apartados anteriores.

2) En relación coa marxe neta da explotación:

Entenderase por marxe neta a diferencia entre os ingresos da explotación derivados do conxunto das actividades productivas, incluídas as subvencións de explotación, e tódolos gastos fixos e variables, agás os atribuídos á retribución dos capitais propios e da man de obra familiar.

A marxe neta poderá estimarse como resultado de resta-los gastos fixos contabilizados, ou no seu defecto estimados, de cada explotación, non imputados nas marxes brutas, agás os atribuídos á retribución dos capitais propios e do traballo familiar, da suma das marxes brutas das actividades productivas da explotación, moduladas con criterios técnico-económicos.

En ausencia de módulos de marxes brutas das actividades productivas poderanse utiliza-las marxes brutas estándar que sexan de aplicación.

3) En calquera caso, os titulares de explotacións poderán solicita-la determinación da renda unitaria de traballo con base ós datos da súa contabilidade documentalmente acreditados e, se é o caso, da documentación relativa á Seguridade Social.

Artigo 4º.-Condicións dos plans de mellora.

Os plans de mellora das explotacións agrarias deberán considerar unha mellora integral e duradeira da economía da explotación agraria, debendo cumprir, entre outras, as seguintes condicións:

a) Prever que, en xeral, a explotación acade na situación final, unha dimensión económica igual ou superior a 8 unidades de dimensión europea (UDE).

Esta dimensión mínima será de 5 UDE cando a orientación productiva principal da explotación sexa o cultivo en invernadoiro de productos hortícolas ou flores, e de 1,5 UDE cando a dita orientación sexa o cultivo de vide utilizando variedades consideradas como preferentes en Galicia.

Así mesmo, cando o plan de mellora se leve a cabo nunha explotación situada nun termo municipal incluído como zona desfavorecida de acordo cos artigos 2 e 3 da Directiva (CEE) 75/268, e a orientación productiva principal da explotación sexa o vacún de carne, ovino de carne ou caprino de carne, a dimensión económica mínima da explotación ó final do plan de mellora será de 5 UDE.

b) O investimento previsto no plan de mellora para a adquisición de maquinaria será inferior ó 40% do investimento total previsto nel.

Se o plan de mellora prevé a adquisición dun tractor, o valor deste non se considerará nin como maquinaria nin no investimento total, para efectos do indicado no parágrafo anterior.

c) Cando o plan de melloras afecte a unha explotación gandeira:

c.1) Débese xustificar que esta cumpre a normativa relativa a campañas de saneamento gandeiro,

mediante a presentación da folla de saneamento da última campaña.

c.2) Se se trata dunha explotación productora de leite debe presentarse copia da asignación de cantidade de referencia para producción de leite ou productos lácteos, que debe estar a nome do solicitante.

c.3) Se os investimentos se realizan en aloxamentos gandeiros, débese presenta-lo correspondente croquis acotado e memoria descritiva da construcción, adaptándose esta á tipoloxía da zona.

c.4) No caso de explotacións productoras de leite que prevean investimentos en instalacións gandeiras, estas deben adaptarse ó disposto no capítulo II do anexo A del R.D. 1679/1994, do 24 de xullo.

Artigo 5º.-Outros investimentos en plans de mellora.

Poderanse incluí-las axudas ós investimentos por traslado de edificios e instalacións gandeiras fóra dos núcleos urbanos do municipio por razóns hixiénico-sanitarias de interese público. Así mesmo poderanse incluí-las axudas a investimentos para a mellora das condicións hixiénico-sanitarias das explotacións gandeiras, sempre que non supoñan un incremento da producción nin cambios na estructura productiva.

Os servicios veterinarios oficiais informarán acerca da necesidade dos investimentos a que se fai referencia no parágrafo anterior.

Artigo 6º.-Tipo e contía das axudas.

As axudas ós investimentos para a realización de plans de mellora serán as establecidas nos artigos 7,8, 9 e 10 do R.D. 204/1996.

Artigo 7º.-Prazo de execución do plan de mellora.

O prazo de execución dos investimentos determinados no plan de mellora será, como máximo, dun ano computado a partir do día seguinte á data de concesión da axuda ou, se é o caso, da data de formalización do préstamo subvencionado correspondente. Sen embargo, por petición expresa do interesado, e en casos excepcionais, a consellería poderá aprobar prazos de execución superiores a un ano cando as características do investimento así o aconsellen.

En calquera caso, se por causa xustificada o solicitante non puidese remata-la mellora no prazo previsto, deberá solicitar prórroga, especificando os motivos e o prazo de execución, que deberá ser aprobada pola consellería.

Artigo 8º.-Superficie forraxeira da explotación.

No caso de que as axudas se concedan para realizar investimentos no sector de vacún de carne, a xustificación da superficie forraxeira da explotación, para efectos do cumprimento da densidade de vacún de carne establecida no apartado 4 do anexo 3 do R.D. 204/1996, realizarase coa pre

sentación da documentación prevista na orde anual do Ministerio de Agricultura Pesca e Alimentación, sobre axudas por superficie e declaración de superficies forraxeiras ou documento similar que indique as referencias catastrais, superficie e aproveitamento das parcelas da explotación utilizadas para a alimentación do vacún de carne.

Artigo 9º.-Adquisición de dereitos de producción e prima.

Nos plans de mellora de explotacións gandeiras poderá incluírse entre os investimentos, a adquisición de dereitos de producción e dereitos de prima, segundo indica a letra g) do apartado 1 do anexo 6 do R.D. 204/1996, considerándose bens mobles para efectos de axudas e prazos de préstamos.

Para a adquisición de dereitos de producción ou de prima, o solicitante deberá presentar, no momento da solicitude, un precontrato de adquisición dos dereitos a adquirir e copia da solicitude da transferencia prevista na norma reguladora destes.

A xustificación da adquisición realizarase co contrato de compra-venda e a copia cotexada do documento oficial da asignación ó solicitante dos correspondentes dereitos de producción ou prima, comprometéndose o adquirente a non abandona-lo sector, nin ceder nin transferir ningún dereito de producción ou prima nos vindeiros 5 anos.

Primeira instalación de agricultores xoves

Artigo 10º.-Solicitude e documentación complementaria.

O xove que desexe acceder ás axudas á primeira instalación previstas no Real decreto 204/1996 presentará unha solicitude segundo o modelo especificado no anexo I acompañada da seguinte documentación:

1) Fotocopia cotexada do DNI.

2) Plan de explotación, conforme o establecido no apartado 3 do artigo 13 do R.D. 204/1996, que non será requirido no caso de que o xove que se instala presente un plan de mellora dos previstos no apartado 1 do artigo 4 do mencionado real decreto. En calquera dos casos, debe poñerse de manifesto que a explotación ten ou acada, ó final do plan de mellora, as dimensións económicas mínimas especificadas no artigo 4 letra a) da presente orde.

3) Informe da tesourería da Seguridade Social sobre afiliación, tipo de réxime e períodos de alta (informe de vida laboral). Se é o caso, presentarase a solicitude de alta.

4) Certificado da Axencia Estatal da Administración Tributaria sobre as declaracións do IRPF presentadas polo solicitante e, se é o caso, copia das indicadas na letra a) do apartado 1 do artigo 2º da presente orde. Si procede, alta no censo de actividades económicas do Ministerio de Economía e

Facenda para o exercicio da actividade agraria (declaración censal modelo 036 ou 037).

5) Xustificante da capacitación profesional, segundo o apartado 1.b.3 do artigo 2 da presente orde.

6) Segundo a modalidade da primeira instalación prevista no artigo 14 do R.D.204/1996:

a) Documento público que acredite o acceso á titularidade exclusiva ou compartida da explotación agraria por compra, herdanza, pacto sucesorio, doazón, arrendamento, parcería ou figuras xurídicas análogas, asumindo o xove que se instala, polo menos, o 50% dos riscos e das responsabilidades civil, fiscal e social da xestión da explotación e a declaración do IRPF do anterior titular, se a primeira instalación se realiza de acordo co apartado a) do artigo 14.

b) Escritura pública que conteña os acordos dos apartados a) e b) do punto 15 do anexo I do R.D. 204/1996, e xustificación de inscrición no Rexistro da Propiedade, se é o caso, se se accede á cotitularidade dunha explotación agraria prioritaria conforme ó apartado b) do artigo 14.

c) Certificación expedida polo órgano rector da entidade onde se especifiquen as condicións de participación do agricultor xove e a súa aportación, os estatutos da entidade, a relación de socios que exercen a dirección técnica e de xestión, así como a documentación que acredite a condición de prioritaria para a dita explotación, segundo o apartado 4 do punto 20 do anexo I do R.D. 204/1996, no caso de integración como socio nunha entidade asociativa con personalidade xurídica, preexistente ou de nova constitución, que sexa titular dunha explotación prioritaria conforme o apartado c) do artigo 14.

Cando a axuda á primeira instalación sexa solicitada segundo o previsto na letra a) do punto 14 do anexo I do R.D. 204/1996, ademais das fotocopias das declaracións do IRPF sinaladas na letra a) do apartado 1 do artigo 2, xuntarase a documentación acreditativa da dimensión económica da explotación.

7) Solicitude de cambio de titularidade da explotación, se é o caso.

8) Solicitude de transferencia en favor do novo titular dos dereitos de prima e cantidade de referencia de leite e productos lácteos que tivese a explotación.

Os documentos públicos sinalados nas letras a) e b) do apartado 6, así como a solicitude de transferencia recollida no apartado 8, poderán ser presentados unha vez aprobado o expediente, xunto coa xustificación de realización de melloras sendo, neste caso, substituídos na documentación que acompañe a solicitude de axuda á primeira instalación, por un compromiso debidamente aceptado por ámbalas dúas partes.

Artigo 11º.-Adquisición ou acondicionamento da vivenda.

Cando os gastos se dediquen á adquisición ou acondicionamento da vivenda, esta debe constituí-la residencia habitual do xove e debe estar vinculada ás dependencias, situarse na mesma edificación ou noutros edificios destinados a atende-las necesidades derivadas das actividades agrarias ou das de transformación e venda directa dos productos da súa explotación, as relacionadas coa conservación do espacio natural e a protección do medio ambiente e as turísticas, cinexéticas ou artesanais realizadas na súa explotación.

Cando se trate de construcción ou acondicionamento exterior da vivenda, esta debe estar acorde coa tipoloxía da zona.

En tódolos casos debe presentar un croquis acotado e unha memoria indicativa de tódalas melloras a realizar.

Artigo 12º.-Axudas á primeira instalación.

As axudas á primeira instalación de agricultores xoves, dirixidas a auxiliar gastos e investimentos derivados dela:

Unha bonificación de xuros na que o importe actualizado non supere a cantidade indicada na letra a) do apartado 1 do artigo 15 do R.D. 204/96, resultante de aplicar, durante un período máximo de quince anos, unha reducción do tipo de interese preferente das entidades de crédito, establecido, se é o caso, nos convenios financeiros para os préstamos de primeira instalación.

b) Unha prima por explotación, que poderá substituírse, total ou parcialmente, por unha bonificación de xuros equivalente e con cuantía máxima de:

1. A indicada na letra b) do apartado 1 do artigo 15 do R.D. 204/1996, se a incorporación se realiza segundo o apartado b) do artigo 14 do R.D. 204/1996.

2. O 80% da anterior, nos demais casos.

A prima de instalación aboarase dunha soa vez ó interesado, unha vez efectuados os gastos aprobados, que deberán realizarse no prazo máximo dun ano desde a aprobación da axuda.

Artigo 13º.-Casos especiais de primeiras instalacións.

Nunha mesma explotación non poderá percibirse máis dunha prima nin máis dunha bonificación de xuros de primeira instalación. No caso de existir instalacións múltiples, estas axudas distribuiranse en función do grao de participación de cada xove no conxunto dos gastos e investimentos derivados das ditas instalacións. Exceptúanse desta regra as primeiras instalacións que se produzan mediante a integración como socio nunha entidade asociativa, xa que estas axudas se outorgarán de forma íntegra a cada xove solicitante que se instale, sempre e

cando o volume de traballo na explotación asociativa alcance unha UTA, reducíndose proporcionalmente as axudas dos que non acaden o dito volume de traballo.

En ningún caso un cónxuxe poderá ser beneficiario das axudas da primeira instalación cando esta se efectúe na explotación da que é titular o outro cónxuxe.

Artigo 14º.-Acreditación da primeira instalación.

Para acreditar que se produciu a primeira instalación e poder percibi-las axudas solicitadas deberase presentar:

1. Documentación que xustifique a realización dos gastos de instalación aprobados.

2. O documento de alta no réxime especial agrario da Seguridade Social ou no réxime de autónomos na actividade agraria, se non o presentou no momento da solicitude de axuda.

3. Declaración do IRPF correspondente ó último período, se é o caso.

Introducción da contabilidade

Artigo 15º.-Axudas para a levanza da contabilidade.

1. As axudas para estimula-la introducción da contabilidade nas explotacións agrarias previstas no artigo 16 do R.D. 204/1996 poderán concederse ós agricultores con dedicación principal agrícolo-gandeira ou que non a tendo, sexan titulares de explotacións prioritarias. Estas axudas distribuiranse entre os catro primeiros anos nos que os beneficiarios leven a contabilidade da xestión das súas explotacións.

Os agricultores que desexen acollerse a estas axudas deberán presentar unha solicitude segundo o modelo especificado no anexo I, acompañada da seguinte documentación:

a) Para acreditar que a explotación cumpre as condicións de prioritaria segundo se establece no punto 20 do anexo I do R.D. 204/1996: do xeito que se indica na disposición adicional desta orde.

b) Para acreditar que o titular ten dedicación principal agrícolo-gandeira segundo se define no punto 7 do anexo I do R.D. 204/1996, coa documentación indicada na letra a) do apartado 1 do artigo 2.

2. A axuda máxima por solicitante establecida no punto 1 do artigo 16 do R.D. 204/1996 percibirase se o beneficiario, ademais, é socio de agrupacións de xestión empresarial de explotacións, autorizadas pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e leva anotacións pertinentes aportando información ós programas de xestión de explotacións leiteiras, cunícolas, porcinas, hortícolas ou outros establecidos pola Consellería de Agricultura, a través da dita agrupación de xestión. Neste caso o solicitante poderá domicilia-lo pagamento da subvención nunha conta bancaria da que sexa titular

a agrupación de xestión empresarial de explotacións.

3. Nos casos en que o beneficiario da axuda leve as anotacións pertinentes e subministre a información ós programas de xestión de explotacións leiteiras, cunícolas, porcinas, hortícolas ou outros establecidos pola consellería, directamente, a subvención a percibir será dun 70% da máxima establecida no punto 1 do artigo 16 do R.D. 204/1996.

4. No resto dos supostos en que o beneficiario leve exclusivamente a contabilidade e anotacións que establece o artigo 16 do R.D. 204/1996, a axuda a percibir será a mínima fixada no apartado 1 do dito artigo.

Agrupacións

Artigo 16º.-Agrupacións de servicios de axuda mutua.

Conforme o disposto no artigo 18º do R.D. 204/1996, aquelas agrupacións de servicios de axuda mutua creadas con posterioridade ó 1 de abril de 1985, e que teñan como obxectivo algún dos sinalados no dito artigo, poderán acceder á axuda total especificada no dito artigo, a pagar nun máximo de 5 anos, para contribuír ó pago dos gastos de cada ano de xestión, funcionamento e posta en marcha do servicio de axuda mutua implantado pola asociación.

A contía da axuda e forma de pago será determinada pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de acordo coa importancia da agrupación e servicios creados.

Para poder acollerse a estas axudas, as agrupacións deberán estar formalmente constituídas e nos seus estatutos recoller explicitamente os seus obxectivos e a forma de participación dos socios, que deberán ser concordantes cos obxectivos do servicio de axuda mutua.

Para acceder a esta axuda, as agrupacións interesadas presentarán unha solicitude de acordo co modelo do anexo 1 e os seguintes documentos:

a) Fotocopia do CIF.

b) Copia dos estatutos da agrupación.

c) Relación de socios participantes no servicio.

d) Memoria xustificativa do servicio de axuda a establecer, orzamento de gastos anuais e plan de financiamento del.

e) Certificado de titularidade de conta en entidade bancaria.

f) Certificado de estar ó día nas súas obrigas fiscais e coa Seguridade Social.

Para a percepción anual da axuda a agrupación deberá xustifica-la prestación do servicio e a realización dos gastos obxecto de subvención.

Artigo 17º.-Agrupacións de servicios de substitución.

1. Poderán ser beneficiarios desta axuda as asociacións agrarias que teñan por obxecto a creación de servicios de substitución na explotación, se así o solicitan. A dita axuda destinarase a contribuír á cobertura dos gastos de xestión, funcionamento e posta en marcha.

2. Para ter dereito á axuda recollida no punto 1, o servicio de substitución deberá ser autorizado pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e empregar, polo menos, unha persoa a tempo completo, cualificada para o traballo que deberá desempeñar.

3. Os casos de substitución, que poderán comprende-la substitución temporal do titular da explotación, do seu cónxuxe ou dun colaborador adulto que traballe nela, serán os seguintes: enfermidade, accidente, asistencia a actividades de formación profesional, necesidade familiar ou períodos vacacionais.

4. As agrupacións beneficiarias das axudas deberán reuni-los seguintes requisitos:

a) Que a súa forma xurídica sexa cooperativa, S.A.T. ou agrupación de agricultores formalmente constituída mediante documento subscrito por tódolos seus membros.

b) Levar unha contabilidade que permita determina-los gastos e ingresos derivados do servicio de substitución e un control dos servicios prestados polo axente.

c) Comprometerse a mante-lo servicio por un período mínimo de 10 anos.

d) O número mínimo de agricultores afiliados será de 20.

5. A axuda de posta en marcha non poderá supera-la establecida no punto 4 do artigo 19 do R.D. 204/1996, distribuída en 5 anualidades iguais.

Para obter esta axuda as agrupacións interesadas presentarán solicitude de acordo co modelo do anexo I da presente orde, acompañada dos seguintes documentos:

a) Fotocopia do CIF.

b) Copia dos estatutos da agrupación.

c) Relación de socios participantes no servicio.

d) Memoria xustificativa do servicio de substitución, orzamento de gastos anuais e plan de financiamento.

e) Certificado de titularidade de conta en entidade bancaria.

f) Certificado de estar ó día nas súas obrigas fiscais e coa Seguridade Social.

Para a percepción anual da axuda a agrupación deberá presentar:

a) Copia das nóminas do axente de substitución.

b) Documentos TC-1 e TC-2 da Seguridade Social.

c) Informe do responsable da agrupación indicando as substitucións realizadas en cada explotación.

Artigo 18º.-Agrupacións de xestión empresarial das explotacións.

1. Para ter acceso ás axudas para a creación ou incremento dos servicios de xestión de explotacións, establecidas no artigo 20 do R.D. 204/1996, as agrupacións e asociacións agrarias de agricultores deberán de estar autorizadas para tal fin pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e empregar a tempo completo, polo menos, un técnico cualificado para o desenvolvemento da xestión técnica, económica, financeira e administrativa das explotacións agrarias, sen que o número de agricultores afiliados sexa inferior a 20.

2. As agrupacións de xestión empresarial de explotacións (AXE) que desexen acollerse a estas axudas presentarán unha solicitude de acordo co modelo do anexo I e cumprirán, como mínimo, os seguintes requisitos para seren autorizadas:

a) Estar constituídas como cooperativa, S.A.T. ou outra forma contractual, con personalidade xurídica, subscrita polos agricultores titulares das explotacións, sempre que entre os seus obxectivos se encontre a prestación ós seus socios, dalgún dos servicios de xestión indicados no apartado 1 do artigo 20 do R.D. 204/1996.

Para acreditalo presentarán copia dos estatutos e do CIF da entidade.

b) Presentar un documento subscrito por cada un dos membros participantes no programa, no que se indiquen os datos de identificación dos mesmos e das súas explotacións, así como a finalidade do programa de xestión empresarial a realizar e os compromisos adquiridos para levalo a cabo.

c) Presentar un programa de xestión empresarial, que inclúa unha memoria, indicando a necesidade, medios materiais e humanos para realizalo, normas de funcionamento e fins e resultados esperados para cada ano. Este programa de xestión empresarial, que deberá ser aprobado pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, terá que considerar, polo menos, algún dos seguintes obxectivos:

-Analiza-los resultados das contabilidades dos agricultores co fin de fundamentar consellos de xestión para as súas explotacións e as de agricultores con explotacións similares.

-Prestar asistencia técnica en aspectos relacionados coa actividade productiva desenvolvida polas explotacións dos asociados, así como asesorar en materia de planificación, execución e financiamento de investimentos nas explotacións.

-Outros aspectos relacionados coa xestión técnica, económica, financeira e administrativa das explotacións.

d) Presenta-lo currículum vitae que inclúa copia da titulación académica do axente de xestión, segundo o cal a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes determinará, en cada caso, a súa idoneidade para o desenvolvemento das funcións previstas no programa de xestión empresarial.

A Consellería de Agricultura, Ganadería e Montes poderá organizar cursos de especialización para a formación complementaria de axentes de xestión que presten ou vaian presta-los seus servicios en agrupacións de xestión acollidas a esta axuda.

e) Certificado de titularidade de conta en entidade bancaria.

f) Certificado de estar ó día nas súas obrigas fiscais e coa Seguridade Social.

3. Anualmente, a agrupación de xestión empresarial, enviará á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes unha memoria da actividade realizada na que se indicarán os datos técnicos e económicos que, de acordo co programa de xestión desenvolvido, permitan avalia-los resultados de cada ano.

Así mesmo, e con idéntica periodicidade, a AXE remitirá copia do contrato laboral e das nóminas percibidas polo axente de xestión no dito período.

A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes poderá realizar controis sobre as explotacións para determina-lo cumprimento do programa de xestión empresarial.

As agrupacións de xestión empresarial de explotacións autorizadas poderán utiliza-las aplicacións informáticas de xestión que a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ten establecidas para diversos tipos de actividades agrícolas e gandeiras, mediante a aceptación previa das correspondentes condicións de cesión e uso.

Dependendo das características da agrupación e da actividade productiva desenvolvida polos socios, a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes poderá establelcer, en cada caso, o número mínimo de socios necesario, que nunca será inferior a 20, así como a axuda que se concederá, dentro do disposto no artigo 20 do R.D. 204/1996.

A duración mínima da agrupación de xestión será de 10 anos.

Adquisición de terras

Artigo 19º.-Beneficiarios, tipo e contía das axudas.

1. Poderanse conceder axudas ós titulares de explotacións agrarias con actividade mínima de dous anos, persoas físicas ou xurídicas, para a adquisición de terras, co fin de que a súa explo

tación, non o sendo, poida acada-la consideración de prioritaria.

2. Poderanse conceder axudas para a adquisición de terras ós socios dunha persoa xurídica titular dunha explotación agraria que reúnan as condicións de procedencia de rendas e de dedicación de traballo establecidas para o agricultor profesional, condicionadas á cesión do uso das terras adquiridas á citada explotación e a que esta acade, non o sendo, mediante a cesión, os requisitos necesarios para ser considerada prioritaria.

3. Poderanse conceder axudas ós pequenos agricultores que sexan titulares dunha explotación agraria prioritaria, para a adquisición de terras integrantes da dita explotación que veñan cultivando en réxime de arrendamento durante un tempo mínimo dun ano, sempre que, trala adquisición, a explotación manteña a súa condición de prioritaria.

4. O tipo e cuantía das axudas serán os indicados nos puntos 4 e 5 do artigo 26 do R.D. 204/1996.

5. Os beneficiarios destas axudas quedan obrigados a mante-la integridade da explotación agraria e a actividade agrícolo-gandeira nela durante un período mínimo de cinco anos desde a aprobación do expediente de axuda á compra de terras. En caso contrario poderá esixirlle-la devolución total ou parcial das axudas percibidas e dos xuros correspondentes.

Así mesmo, unha vez aprobada a axuda, o interesado deberá comunicar á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes tódolos cambios que poidan afectar á cualificación da explotación como prioritaria.

Artigo 20º.-Solicitude e documentación.

1. Os agricultores que desexen acollerse ás axudas para a adquisición de terras deberán presentar unha solicitude segundo o modelo do anexo I, acompañada da seguinte documentación:

a) Fotocopia do NIF ou CIF.

b) Xustificantes da capacitación profesional de acordo co establecido no artigo 2.1.b).

c) Fotocopia da declaración do imposto da renda das persoas físicas do derradeiro exercicio, ou dos dous últimos no caso do punto 1 do artigo 19º.

d) No caso de persoa xurídica, xustificación de que é explotación agraria prioritaria, de acordo co punto 2º do apartado 2 do artigo 2º.

e) Contrato de arrendamento, en escritura pública, no suposto do punto 3 do artigo 19º.

f) Precontrato de compravenda das terras.

g) Certificación do catastro das parcelas propiedade do solicitante, das que van a ser obxecto da compravenda e doutras que formen parte da explotación.

h) Planos ou croquis acotados das parcelas obxecto da compravenda.

i) Conformidade da entidade bancaria á concesión do préstamo.

j) Certificación bancaria de titularidade de conta.

k) Xustificantes de estar ó día nas súas obrigas fiscais e coa Seguridade Social.

l) Solicitude de cualificación da explotación como prioritaria.

2. Unha vez efectuada a adquisición, o beneficiario deberá presenta-lo correspondente documento público de compravenda coa liquidación dos impostos correspondentes.

Plans de mellora fóra da acción común

Artigo 21º.-Beneficiarios e limitacións.

1. No marco do previsto no artigo 12 do Regulamento (CEE) 2328/91 do Consello, do 15 de xullo e da disposición adicional 3ª do R.D. 204/1996, de 9 de febreiro, establécense axudas específicas da Comunidade Autónoma de Galicia para a realización de investimentos en plans de mellora que cumpran o establecido nos artigos 5 e 6 e anexo 4 do R.D. 204/1996.

2. Poderán acollerse a estas axudas aqueles titulares de explotacións agrarias que non cumpran tódolas condicións do artigo 4 do R.D. 204/1996, pero que reúnan e acrediten na forma indicada, os seguintes requisitos:

A) Ser titular de explotación agraria, que acreditará coa última declaración da renda.

h) Presentar un plan de mellora da súa explotación de acordo co previsto no apartado A.1 do anexo II do R.D. 204/1996, cumprindo os índices técnico-económicos establecidos.

c) Comprometerse a exerce-la actividade agraria na explotación durante 5 anos como mínimo.

d) Estar ó corrente das obrigas fiscais e coa Seguridade Social, que xustificará cun certificado da Axencia Tributaria e informe de vida laboral.

3. A contía máxima destas axudas, expresada en porcentaxe do importe do investimento será:

a) Nas zonas desfavorecidas consideradas nos artigos 2º e 3º da Directiva 75/268/CEE.

Bens inmobles: 20%.

Outros bens: 15%.

b) Nas demais zonas.

Bens inmobles: 15%.

Outros bens: 10%.

As axudas indicadas poderán concederse por un volume total de investimento que non poderá exceder dos límites por UTA e por explotación establecidos no apartado 3º do artigo 7 do R.D.

204/1996 para os plans de mellora, para un período de 6 anos, e consistirá na subvención total ou parcial dunha ou varias anualidades de amortización dos préstamos formalizados para levar a cabo o investimento. Estes préstamos non poderán supera-lo 90% do investimento total a realizar, e serán formalizados no marco dos convenios financeiros previstos no artigo 30 do R.D. 204/1996 ó xuro preferente establecido neles.

4. Malia o disposto no punto 1, as axudas previstas no apartado anterior poderán concederse tamén para compra de gando para repo-lo sacrificado como consecuencia de programas de saneamento gandeiro, naqueles casos nos que o sacrificio afecte a unha porcentaxe superior ó 30% do censo da explotación, sendo necesario presentar un informe técnico do servicio provincial de sanidade e producción animal correspondente, acreditativo desta circunstancia. Nestes casos se, ademais, o titular é agricultor profesional con dedicación agrícolo-gandeira, a axuda verase incrementada en 5 puntos.

A axuda á amortización prevista poderá aboala a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes dunha soa vez directamente ó interesado, despois de formalizado o préstamo e certificada a realización dos investimentos previstos no plan de mellora.

Artigo 22º.- Solicitudes.

Os interesados neste tipo de axudas deben presentar unha solicitude de acordo co modelo do anexo I, acompañada da fotocopia cotexada do CIF ou NIF e da documentación xustificativa dos requisitos especificados no punto 2, e 4, se é o caso, do artigo 21.

Tramitación

Artigo 23º.-Presentación de solicitudes e prazo.

A presentación das solicitudes de axudas para cada medida das contempladas nesta orde realizarase segundo o previsto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e, preferentemente, nas oficinas das axencias de Extensión Agraria e servicios provinciais de Axudas Estructurais da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, utilizando os impresos normalizados incluídos como anexo I da presente orde, que estarán á disposición dos interesados nos mencionados servicios, e aportando a documentación complementaria prevista para o tipo de axuda solicitado.

Os servicios da Consellería de Agricultura, Ganadería e Montes asesorarán os solicitantes na realización dos estudios técnico-económicos necesarios para a elaboración dos plans de mellora das estructuras das explotacións, así como na tramitación das restantes axudas previstas nesta orde.

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 31 de xullo de 1996.

Artigo 24º.-Conformidade previa de entidade bancaria.

Na tramitación de axudas vinculadas a préstamos, para a súa aprobación pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, o solicitante deberá aportar previamente a conformidade dunha entidade bancaria asinante do convenio financeiro coa Secretaría Xeral de Desenvolvemento Rural e Conservación da Natureza, á concesión do préstamo correspondente.

Artigo 25º.-Resolución.

A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolverá os expedientes comunicándollo ó interesado, á Secretaría Xeral de Desenvolvemento Rural e Conservación da Natureza e, se é o caso, á entidade bancaria correspondente, segundo o previsto na normativa vixente e convenios establecidos entre a Secretaría Xeral de Desenvolvemento Rural e Conservación da Natureza, Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e as entidades financeiras.

Artigo 26º.-Certificación de investimentos e gastos.

Unha vez realizados os investimentos ou gastos previstos e cumpridos, se é o caso, os compromisos adquiridos, os interesados deberán de poñelo en coñecemento dos servicios técnicos da consellería, que procederán a efectua-las correspondentes certificacións.

Artigo 27º.-Convenios de financiamento.

A participación da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes no financiamento do programa de axudas que contempla esta disposición axustarase ó convenio bilateral entre esta e a Secretaría Xeral de Desenvolvemento Rural e Conservación da Natureza do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación sobre financiamento de actuacións en aplicación do R.D. 204/1996 sobre melloras estructurais e modernización das explotacións agrarias.

Artigo 28º.-Dotación orzamentaria.

O financiamento correspondente á Comunidade Autónoma de Galicia derivada do convenio bilateral firmado coa Secretaría Xeral de Desenvolvemento de desenvolvemento Rural e Conservación da Natureza do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación efectuarase con cargo ó concepto orzamentario 09.03.731-A.770. «Plan do sector lácteo. Axudas a explotacións e cooperativas», dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 1996, dotado con 1.670 millóns de pesetas.

Disposición adicional

Cualificación de explotacións agrarias prioritarias.

A Dirección Xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias, nos casos en que a

documentación aportada polo solicitante das axudas previstas nesta orde sexa suficiente e se reúnan os requisitos esixidos, efectuará a cualificación da explotación como prioritaria de acordo co establecido na Lei 19/1995 de modernización de explotacións agrarias, comunicándollo ó interesado.

Para estes efectos considérase documentación suficiente para a cualificación, a necesaria para a aprobación das seguintes axudas:

a) Plans de melloras.

b) Incorporación de xoves.

c) Compra de terras.

Nas restantes axudas os solicitantes interesados en obte-la cualificación deberán presenta-la solicitude que se xunta no anexo I, acompañada da documentación indicada nos apartados a), b), c), d) e e) do apartado 1 do artigo 2º, se o titular é persoa física ou comunidade de bens, ou da indicada no punto 2º do apartado 2 dese mesmo artigo, se o titular é persoa xurídica. Ademais, deberán presentarse, sexa cal fose o tipo de titular, os datos necesarios para avalia-la dimensión económica da explotación.

Disposición transitoria

Única.-As solicitudes formuladas ó abeiro das ordes da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 21 de maio de 1991 pola que se regula un sistema de axudas ás explotacións agrarias para axiliza-la percepción das subvencións derivadas do R.D. 808/1987, do 18 de maio de 1990 pola que se establecen axudas complementarias para a mellora da estructura das explotacións agrarias, e a Orde do 30 de xaneiro de 1995, pola que se aplican na Comunidade Autónoma de Galicia as medidas de apoio para a mellora das estructuras agrarias establecidas no R.D. 1887/1991, ás que non lles foi concedida a subvención solicitada, teranse en conta na presente convocatoria coa consideración establecida na disposición transitoria primeira do R.D. 204/1996, salvo indicación do interesado en sentido contrario dirixida á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes. A tramitación dos expedientes continuará dende o trámite no que se encontraba ó final do exercicio anterior.

Disposicións finais

Primeira.-Facúltase o director xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias para dicta-las normas precisas para o mellor desenvolvemento desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 1996.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

2992