Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 04 de xuño de 1996 Páx. 5.415

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión do convenio colectivo de ámbito provincial para o persoal laboral do Concello de Xove.

Visto o texto da revisión do convenio colectivo para o persoal Laboral do Concello de Xove (código 2700672), asinado o día 29 de xaneiro de 1996, pola representación do mencionado concello e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo. Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 26 de febreiro de 1996.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

ACTA.

-Asistentes:

Presidente: José Vázquez Portomeñe.

Representante empresarial: Jesús López González, alcalde de concello de Xove.

Asesor: José Luis Muñz Ayala.

Representante social: Nilo Campo Santos, delegado de Persoal.

En Xove (Lugo), o vintenove de xaneiro de mil novecentos noventa e seis, reúnense as persoas menciandas, integrantes da comisión negociadora do vixente convenio de persoal laboral do Concelo de Xove, co obxecto de aproba-la revisión das táboas salariais.

Tras varias intervencións dos asistentes, tómanse os seguintes acordos.

1º. Aproba-las táboas salariais para o ano 1996 do convenio de persoal laboral do Concello de Xove, cun incremento de 3,50 % sobre os salrios que rexeron no ano 1995.

2º. Remitirlle esta acta, en unión das táboas salariais para o ano 1996, á autoridade laboral competente para o seu rexistro e publicación no BOP.

E, en proba de conformidade, asinan a presente acta, no lugar e data ó comenzo expresados.

Anexo: tabóa de retribucións do 1-1-1996 o 31-12-1996.

Categoría profesionalSalario basePlus convenioTotal anual

Grupo I: titulados
Titulado grao superior171.39627.5572.785.342
Titulado grao medio158.54121.4252.519.524

Grupo II: administrativos.
Xefe Administración140.33021.4252.264.570
Oficial 1ª124.04821.4252.036.622
Oficial 2ª108.73010.7121.672.188
Oficial 3ª104.98010.7121.619.688
Auxiliar administrativo101.76610.7121.574.692
Aspirante (16 e 17 anos)56.50710.712941.066

Grupo III: actividades

culturais e deportivas.

Encargado biblioteca124.04821.4252.036.622
Auxiliar biblioteca96.4107.6591.456.966
Aux. profesor baile96.4107.6591.456.966
Monitor Activ. lúdicas104.98010.7121.619.688
Aux. profesor música96.41010.7121.456.966
Monitor ocupacional104.98010.7121.619.688
Monitor de natación112.47916.0681.799.658
Axudante monitor86.7695.3561.289.750

Grupo IV: oficios varios.
Encargado xeral149.97226.7812.474.542
Encargado de servicio141.40221.4252.279.578
Xefe equipo131.76121.4252.144.604
Oficial 1ª124.04821.4252.036.622
Oficial 2ª108.73010.7121.672.188
Oficial 3ª104.98010.7121.619.688
Especialista104.98010.7121.619.688
Almaceneiro108.73010.7121.672.188
Peón81.41310.7121.289.750
Vixilante xefe117.83535.1902.142.350
Vixilante117.83527.5842.035.866
Telefonista84.94910.7121.339.254
Asistente domiciliaria74.71813.3911.233.526
Limpadora74.71813.3911.233.526
Ordenanza74.71813.3911.233.526

Nota: os salarios que figuran na táboa enténdense a xornada completa, raténdose proporcionalmente, de ser inferior.

4069