Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 03 de xuño de 1996 Páx. 5.351

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o 25-4-1996, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente a proposta instada a iniciativa particular, de modificación da actual unidade de actuación número 14, sita en Pedra do Lagarto-A Parda, mediante a súa conversión en dúas unidades de execución, denominadas U.E.-14.1 e U.E.-14.2, de acordo co proxecto presentado polos promotores o día 13-9-1995, e dilixenciado pola secretaría xeral, aceptándose o

desistimento efectuado polos interesados da alegación formulada o 4-12-1995.

Segundo.-Retifica-lo convenio subscrito entre o alcalde e a totalidade dos propietarios dos terreos incluídos no ámbito da unidade de actuación 14 e polo tanto das unidades de execución resultantes da súa división, denominadas U.E. 14.1 e U.E. 14.2, referente á compensación á Administración municipal do aproveitamento urbanístico non patrimonializable pola cesión e execución do sistema xeral que atravesa a unidade.

Terceiro.-Dispoñe-la publicación deste acto administrativo no BOP, e Diario Oficial de Galicia, para logra-la súa eficacia e executividade, notificándoselle este ós interesdos e á delegación provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

O que se fai público para a súa executividade, subliñándose que contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo parante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses computados a partir do día seguinte ó desta publicación, logo de comunicación ó organo que dictou o acto impugnado, e isto sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Pontevedra, 6 de maio de 1996.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

3936