Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 03 de xuño de 1996 Páx. 5.351

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

APROBACIÓN inicial dun estudio de detalle na rúa Pardaíña.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello en sesión do día 27 de xullo de 1994 o estudio de detalle na rúa Pardaíña (Expte. nº 3105/411), exponse ó público polo prazo de quince días hábiles mediante inserción de anuncios en DOG, BOP, prensa e taboleiro da casa do concello, con notificacións individuais ós propietarios do ámbito.

O parazo entenderase aberto desde a primeira publicación, ata o remate do prazo indicado, contado desde ó día seguinte ó do derradeiro anuncio.

A documentación atópase na Oficina Municipal de Información, para exame e alegacións.

Vigo, 6 de maio de 1996.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

4113