Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 03 de xuño de 1996 Páx. 5.352

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AUTOESTRADAS DE GALICIA, AUTOPISTAS DE GALICIA, CONCESIONARIA DA XUNTA DE GALICIA, S.A.

ANUNCIO.

Autoestradas de Galicia, Autopistas de Galicia, Concesionaria da Xunta de Galicia, Sociedade Anónima, con domicilio social en (C.P. 15004) A Coruña (España), rúa Alfrado Vicenti, 15, teléfono 26 06 00 e telefax 25 66 61, anuncia a contratación da execución das obras definidas no proxecto constructivo titulado Autoestrada A Coruña-Carballo. Tramo Laracha-Carballo (exceptúandose as obras complementarias de sinalización e balizamento, de cerramentos, de revestimentos e plantacións, de comunicación e postes SOS, e barreira de seguridade ríxida), aprobado pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, por resolucións do 26 de abril e 2 de maio de 1996.

O procedemento será o de concurso aberto e a adxudicación, segundo os criterios da base 10 do prego de cláusulas particulares e bases, aprobado para o efecto para rexe-lo concurso, no que constan as esixencias e condicións para participar.

A data límite de presentación de ofertas rematará ás doce horas do día 12 de xuño de 1996. A publicidade básica efectuouse no Diario Oficial das Comunidades Europeas o día 11 de maio e no BOE do día 17 de maio do 1996.

A Coruña, 24 de maio de 1996.

Manuel Ibáñez Bosch

Director xeral

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA

VÉNDESE:

NA CORUÑA:EN PONTEVEDRA:

Na librería Arenas, Cantón Grande, 21En Luís Paredes Rey, rúa Benito Corbal, 1.

Na librería Inoa, Federico Tapia, 55.Na librería Gonzalo Rey, rúa Benito Corbal, 29.

EN FERROL:

Na librería Central Librera, rúa Dolores, 2 e 4.EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Na librería Egea, rúa Sol, 74.Nos edificios administrativos de San Caetano,

edificio central, planta baixa, rexistro xeral.

EN LUGO:Na librería Toral, Cantón do Toural, 7.

Na librería Souto, praza de España, 14.Na papelería Xaquín, Rúa Nova de Abaixo, 10.

EN OURENSE:

En Aníbal e Hijos, S.L., Avda. da Habana, 65.EN VIGO:

No quiosco «La Viuda», rúa Lamas Carvajal, 46.En Librería Colón, rúa Colón, 22.

4246