Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 03 de xuño de 1996 Páx. 5.352

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXA DE PONTEVEDRA

CONVOCATORIA de asemblea xeral constituínte.

De conformidade co disposto estatutariamente e por acordo do consello de administración, convócase asemblea xeral da Caixa de Aforros de Pontevedra, en sesión constituínte, co fin de completa-la composición da mesma, unha vez finalizado o proceso de renovación por metades dos representantes dos diferentes grupos que a forman.

A sesión terá lugar o día 1 de xullo de 1996, no auditorio, ubicado no edificio social da entidade, situado na rúa Augusto González Besada, 2 e 4, de Pontevedra (acceso polo polígono de Campolongo), ás 19 horas, na primeira convocatoria, e de non reunirse o quórum necesario, en segunda convocatoria o mesmo día e en igual lugar ás 19.30, para trata-los asuntos comprendidos na seguinte orde do día:

1. Confección da relación de asistentes para determinación do quórum e subseguinte constitución válida da asemblea.

2. Apertura da reunión pola presidencia.

3. Elección de vocais, titulares e suplentes, do consello de administración.

4. Elección de membros, titulares e suplentes, da comisión de control.

5. Acordo sobre a aprobación da acta da sesión.

Durante o prazo de cinco días naturais, a contar desde a data da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, poderase propoñer candidaturas ante a comisión electoral, ós efectos previstos no apartado terceiro e cuarto da orde do día.

Pontevedra, 31 de maio de 1996.

Manuel Campos Villarino

Presidente del Consejo de Administración