Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 03 de xuño de 1996 Páx. 5.351

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MORAÑA

ANUNCIO-CONVOCATORIA dunha praza da escala de administración xeral, subescala auxiliar do cadro de persoal funcionario.

No BOP de Pontevedra nº 64, do 29 de marzo de 1996, publicáronse as bases que rexerán a convocatoria das probas selectivas do concurso-oposición, promoción interna, para proveer unha praza da escala de administración xeral, subescala auxiliar do cadro de persoal funcionario.

As instancias nas que se solicite tomar parte no procedemento selectivo poderán presentarse no rexistro xeral deste concello ou por medio das demais formas previstas na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dentro do prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no BOE.

Moraña, 11 de maio de 1996.

Xosé Eiras Paz

Alcalde

3819