Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 03 de xuño de 1996 Páx. 5.342

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Productores Mejilloneros Ponte de Rande de Vilaboa.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados acta de constitución e estatutos da Asociación de Productores Mejilloneros Ponte de Rande de Vilaboa, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódalas empresas individuais ou xurídicas existentes e as que, no futuro, puideran crearse e que se dediquen á producción, extracción e comercialización do mexillón.

Asinan a acta de constitución: Celia Paredes Pequeño e catro persoas máis.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 1996.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

3807