De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE nº 358, do 23 de decembro), e do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, polo Real decreto 1665/1976, do 7 de maio, polo que se actualizan as sancións (BOE nº 174, do 21-6-1976), por non ser posible a súa notificación.
Noméase instructora do procedemento a Beatriz Rodríguez Fraga desta delegación, que poderá promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.
Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes na Delegación Provincial desta consellería da Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, e para aportaren por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas, consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.
Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.
O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta Delegación Provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña.
O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).
A Coruña, 3 de maio de 1996.
Rogelio Aramburu Núñez
Delegado provincial da Coruña
ANEXO
Expediente: 018NC/95.
Denunciado: Santalla Ponce, Guadalupe.
DNI: 32.665.032.
Último enderezo coñecido: Quinta-O Val. 15588 Narón (A Coruña).
Feito denunciado: incumpri-la normativa das campañas de saneamento gandeiro.
Tipificación da infracción: 209.3º.
Sanción proposta: 75.000.
3806