Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 03 de xuño de 1996 Páx. 5.340

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución formulada pola instructora, no expediente sancionador de epizootias (número 007NC/1995).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador por infracción da Lei do 20 de decem

bro de 1952, sobre epizootias (BOE nº 358, do 23 de decembro), e do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, polo Real decreto 1665/1976, do 7 de maio, polo que se actualizan as sancións (BOE nº 174, do 21-6-1976), por non ser posible a súa notificación.

O interesado dispón dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na Delegación Provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que forman parte do expediente, remitiráselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a resolución do procedemento.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 3 de maio de 1996.

Beatriz Rodríguez Fraga

Instructora

ANEXO

Expediente: 007NC/95.

Denunciado: Martínez López, Gumersindo.

DNI: 32.638.695.

Último enderezo coñecido: Bugallo, 22. Ares (A Coruña)

Feito denunciado: incumpri-la normativa de campaña de saneamento gandeiro.

Tipificación da infracción: 209.3º.

Sanción proposta: 75.000.

95-3727