Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 03 de xuño de 1996 Páx. 5.342

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a modificación dos artigos 8, 21 e 25, e a supresión do artigo 29 dos estatutos da Asociación Textil de Galicia.

En cumprimento do disposto na normativa legal vixente sobre depósito de estatutos de asociacións profesionais, e para os efectos previstos nela faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou o día 6 de maio, certificación dos acordos acadados na asemblea xeral ordinaria da asociación celebrada o 12 de abril de 1996, pola que se acorda por unanimidade a modificación dos artigos 8, 21, 25 e a supresión do artigo 29 dos estatutos da devandita asociación.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 1996.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

4089