Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 03 de xuño de 1996 Páx. 5.342

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCION do 27 de maio de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia a licitación polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público, para a subministración de vestiario para uso da unidade da Policía Nacional adscrita á Xunta de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número do expediente: 96/13/920.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de vestiario para uso da unidade da Policía Nacional adscrita á Xunta de Galicia.

b) Número de unidades a entregar:

Camisas de manga longa: 150.

Camisas de manga curta: 270.

Gravatas: 272.

Cazadoras: 120.

Pantalóns: 170.

Anoraks: 120.

c) División por lotes e número: 2 lotes.

Lote 1: camisas de manga longa e manga curta.

Gravatas.

Cazadoras.

Pantalóns.

Lote 2: anoraks.

d) Lugar de entrega: Dirección Xeral de Seguridade. Santiago de Compostela.

e) Prazo de entrega: un (1) mes a partir da data da sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación.

Lote 1: 3.369.620 ptas., IVE incluído.

Lote 2: 2.196.000 ptas., IVE incluído.

Importe total lote 1 e lote 2: 5.565.620 ptas., IVE incluído.

5. Garantía provisoria:

Lote 1: 67.392 ptas.

Lote 2: 43.920 ptas.

Lote 1 + lote 2: 111.312 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Secretaría Xeral.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfonos: (981) 54 46 42/54 45 17.

e) Telefax: (981) 54 46 96.

f) Data límite para obtención de documentos e información: 2 de xullo de 1996.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite da presentación: 14 horas do 2 de xullo de 1996.

b) Documentación a presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1ª entidade: rexistro xeral da Conselleria de Xustiza, Interior y Relacións Laborais.

2ª domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

3ª localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sala de xuntas.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: 9 de xullo de 1996.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos do anuncio: será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 1996.

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

4112