Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 03 de xuño de 1996 Páx. 5.343

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia a licitación polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público, para a informatización dos xulgados da orde xurisdiccional social, da Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e do Xulgado de Vixilancia Penitenciaria.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Xustiza e Interior

c) Número do expediente: 96/13/959.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: informatización dos xulgados da orde xurisdiccional social, da Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e do Xulgado de Vixilancia Penitenciaria.

b) Número de unidades que hai que entregar:

99 ordenadores persoais de sobremesa.

22 ordenadores persoais portátiles.

30 impresoras.

121 procesadores de texto.

44 follas de cálculo.

c) División por lotes e número: non.

d) Lugar de entrega: Santiago de Compostela

e) Prazo de entrega: un (1) mes a partir da sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación.

Importe total: 55.000.000 de pesetas, IVE incluído.

5. Garantía provisoria: 1.100.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Dirección Xeral de Xustiza e Interior.

b) Domicilio: Palacete San Caetano, complexo administrativo de San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701.

d) Teléfonos: (981) 54 52 94/54 42 21.

e) Telefax: (981) 54 42 06.

f) Data límite para obtención de documentos e información: 8 de xullo de 1996

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite da presentación: 14 horas do 8 de xullo de 1996.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1ª entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior y Relacións Laborais.

2ª domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº5, 3ª planta.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses

e) Admisión de variantes: Non

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sala de xuntas.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771

d) Data: 15 de xullo de 1996.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos do anuncio: será por conta do adxudicatario.

11. Data do envio do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 15 de maio de 1996.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 1996.

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

3659