Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 03 de xuño de 1996 Páx. 5.324

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (1/1996).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de Xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela.

Dou fe de que nos autos de que se fará mérito se dictou a sentencia que ten o encabezamento e parte dispositiva que din así:

«Sentencia.-En Santiago de Compostela, o trece de marzo de mil novecentos noventa e seis.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo verbal de faltas nº 1/1996, seguidos por insultos; sendo denunciante/s José Antonio Alonso Blanco, maior de idade; e aparecendo como parte denunciada Aurelia Rodríguez Rodríguez, maior de idade, sendo parte igualmente o Ministerio Fiscal.

Decido: que debo absolver e absolvo libremente a Aurelia Rodríguez Rodríguez da falta inicialmente imputada sen que proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil, declarando as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación que se interporá no prazo de cinco días desde a súa notificación, perante este xulgado ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así por esta miña sentencia pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e sirva de notificación en legal forma a Aurelia Rodríguez Rodríguez, quen se acha en paradoiro ignorado, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o dezasete de abril de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

3878