Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 03 de xuño de 1996 Páx. 5.324

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (25/1996-4).

En virtude do disposto por este xulgado nos autos de pobreza número 25/1996-4, promovidos por María Luisa Castiñeiras Tarrío, contra Banco Español de Crédito, S.A., Antonio Fernández Vázquez, Elisa Gutiérrez Fernández, José Ángel González Piñeiro, Mª del Carmen García González, Graveiras Xeiso, S.A. e Xunta de Galicia, vostede é citado para que o vindeiro día 27 de xuño, ás 10,30 horas, compareza neste xulgado, sito no Edificio de Xulgados- 2ª planta (polígono das Fontiñas, rúa Viena nº 1), para asistir á celebración do xuízo verbal civil ó que se refire a anexa copia da demanda.

Para este efecto deberá concorrer cos medios de proba dos que intente valerse, baixo apercibimento de que, se non o fai, recaerá sobre vostede, na súa rebeldía, o prexuízo ó que houber lugar, consonte o artigo 729 da Lei de axuizamento civil.

E para que así conste e lle sirva de citación ós demandados que se atopan en paradoiro descoñecido, Antonio Fernández Vázquez, Elisa Gutiérrez Fernández e Graveiras Xeiro, S.A, expido a presente cédula en Santiago de Compostela o 8 de maio de 1996.

O secretario

Rubricado

3984