Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 03 de xuño de 1996 Páx. 5.324

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

CÉDULA de citación (331/1995).

Pola presente cédula, e en virtude do acordado nesta data pola xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ribeira, Luisa María Pérez Rúa, nos autos de xustiza gratuíta nº 331/1995 de orde, seguidos a pedimento de José Manuel Agrelo Lampón, representado pola procuradora Peleteiro Bandín, e defendido polo letrado Rodríguez Rodríguez, contra Manuela Lampón Santos e o letrado da Xunta de Galicia, para o día 28 de xuño, ás 9 horas, cítase a demandada Manuela Lampón Santos, que tivo o seu domicilio en Ribeira e hoxe en ignorado paradoiro, en única convocatoria para que, acompañada de tódolos medios dos que intente valerse, compareza perante este xulgado, sito na Praza do Concello s/n de Ribeira, co fin de asistir á celebración do acto de xuízo correspondente, e prevéñoa de que a copia da demanda se atopa á súa disposición neste xulgado.

Ribeira, 13 de maio 1996.

A xuíza

Rubricado

3312