Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 03 de xuño de 1996 Páx. 5.323

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

CÉDULA de citación (162/1995).

Pola presente cédula e en virtude do acordado nesta data por xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ribeira, Luisa María Pérez Rúa, nos autos de xustiza gratuíta nº 162/1995 de orde, seguidos por instancia de María Luisa Barreiro Fernández, representada pola procuradora Peleteiro Bandín e defendida polo letrado Fajardo Otero contra José Ramón Pouso Santos e o letrado da Xunta de Galica para o día 25 de xuño ás 9 horas do presente ano, cítase o demandado José Ramón Pouso Santos, que tivo o seu domicilo en Boiro (A Coruña) e hoxe en ignorado paradoiro, en única convocatoria, para que acompañado de tódolos medios de proba de que intente valerse compareza neste xulgado, sito na praza do concello s/n de Ribeira, co fin de asistir á celebración do acto de xuízo correspondente, prevíndoo que a copia da demanda se acha á súa disposición neste xulgado.

En Ribeira, 7 de maio de 1996.

A xuíza

Rubricado

3845