Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 03 de xuño de 1996 Páx. 5.323

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 1996 pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán o concurso da praza 39/1995 de profesorado desta universidade convocada por Resolución do 31 de xullo de 1995.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrado o sorteo establecido no artigo 6.6º do dito real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición das comisións que resolverán os concursos para a provisión de prazas de profesorado desta universidade, convocadas por resolución da Universidade de Vigo do 31 de xullo de 1995 (BOE do 22 de agosto) e que son as que se relacionan como anexos a esta resolución.

As ditas comisións deberanse constituír nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade, nun prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

Vigo, 10 de maio de 1996.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

ANEXO

-Praza de: catedráticos de universidade.

Área de coñecemento: teoría do sinal e comunicacións.

Praza número: 39/1995.

Comisión titular:

Presidente: Miguel Ángel Lagunas y Hernández, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

Vocal secretario: Domingo Docampo Amoedo, catedrático de universidade. Universidade de Vigo.

Vocais:

Evaristo Abril Domingo, catedrático de universidade. Universidade de Valladolid.

Ramón García Gómez, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Luis Jofre Roca, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

Comisión suplente:

Presidente: Ramón Carmelo Hermida Domínguez, catedrático de universidade. Universidade de Vigo.

Vocal secretario: Antonio García Pino, catedrático de universidade. Universidade de Vigo.

Vocais:

Juan Enrique Page de la Vega, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Jorge Emiliano Pérez Martínez, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Manuel Recuero López, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

3846