Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 03 de xuño de 1996 Páx. 5.322

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 1996 pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán os concursos ás prazas de profesorado desta universidade (1337 ó 1339/1995).

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrado o sorteo establecido no artigo 6.6º do dito real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición das comisións que resolverán os concursos para a provisión de prazas de profesorado desta universidade, convocados por resolución da Universidade de Santiago de Compostela con data 29 de novembro de 1995 (BOE do 19 de decembro) e que son as que se relacionan como anexos a esta resolución.

As ditas comisións deberanse constituír nun prazo non superior a catro meses, que se contarán desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade, no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte a súa publicación.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 1996.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

-Praza de: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: comunicación audiovisual e publicidade.

Praza número: 1337/1995.

Comisión titular:

Presidenta: Margarita Ledo Andión, catedrática de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretario: José Soengas López, titular de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal 1º: Jesús García Jiménez, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Vocal 2º: Mª Pilar Aumente Rivas, titular de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Vocal 3º: Rafael Utrera Macías, titular de universidade. Universidade de Sevilla.

Comisión suplente:

Presidente: Emilio Padro Pico, catedrático de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

Vocal secretario: Ángel Rodríguez Bravo, titular de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

Vocal 1º: Luis Enrique Toran Peláez, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Vocal 2º: José Gabriel Jacoste Quesada, titular de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Vocal 3º: Adelaida Boela de Anta, titular de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

-Praza de: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: filoloxía grega.

Praza número: 1338/1995.

Comisión titular:

Presidenta: Juan José Moralejo Álvarez, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretaria: Mª José García Blanco, titular de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal 1º: José García López, catedrático de universidade. Universidade de Murcia.

Vocal 2º: Carlos Schrader García, titular de universidade. Universidade de Zaragoza.

Vocal 3º: Manuel Sánchez Ortiz de Landaluce, titular de universidade. Universidade de Cádiz.

Comisión suplente:

Presidente: Antonio López Eire, catedrático de universidade. Universidade de Salamanca.

Vocal secretario: José Luis de Miguel Jover, titular de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal 1º: Jesús Peláez del Rosal, catedrático de universidade. Universidade de Córdoba.

Vocal 2º: Pedro Antonio Gainzarain Bermúdez, titular de universidade. Universidade do País Vasco.

Vocal 3º: Jorge L. Sanchís Llopis, titular de universidade. Universidade de Valencia (Estudi General).

-Praza de: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: filoloxía latina.

Praza número: 1339/1995.

Comisión titular:

Presidenta: Mª del Dulce Nombre Estefanía Álvarez, catedrática de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretaria: Yolanda García López, titular de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal 1º: José Antonio Correa Rodríguez, catedrático de universidade. Universidade de Sevilla.

Vocal 2º: Joaquín Pascual Barea, titular de universidade. Universidade de Cádiz.

Vocal 3º: Emilio Nieto Ballester, titular de universidade. Universidade Autónoma de Madrid.

Comisión suplente:

Presidente: Manuel Enrique Vázquez Buján, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretario: José Antonio Puentes Romay, titular de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal 1º: Juan María Núñez González, catedrático de universidade. Universidade de Oviedo.

Vocal 2º: José Miguel Baños Baños, titular de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Vocal 3º: Salvador Núñez Romero Balmas, titular de universidade. Universidade de Salamanca.

9603813