Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 03 de xuño de 1996 Páx. 5.321

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 1996 pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán o concurso da praza 1312/1995 de profesorado desta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrado o sorteo establecido no artigo 6.6º do dito real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición das comisións que resolverán os concursos para a provisión de prazas de profesorado desta universidade, convocados por resolución da Universidade de Santiago de Compostela con data 19 de xuño 1995 (BOE do 18 de xullo de 1995) e que son as que se relacionan como anexos a esta resolución.

As ditas comisións deberanse constituír nun prazo non superior a catro meses, que se contarán desde a publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade, no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte a súa publicación.

F.Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Praza de: catedrático de universidade.

Área de coñecemento: historia da arte.

Praza nº: 1312/1995.

Comisión titular

Presidente: Ignacio Luis Henares Cuellar, catedrático de universidad, Universidad de Granada.

Vocal secretario: José Manuel Cruz Valdovinos, catedrático de universidad, Universidad Complutense de Madrid.

Vocal 1º: Domingo Sánchez-Mesa Martín, catedrático de universidad, Universidad de Granada.

Vocal 2º: Pedro Salabert Sole, catedrático de universidad, Universidad de Barcelona.

Vocal 3º: Germán Antonio Ramallo Asensio, catedrático de universidad, Universidad de Murcia.

Comisión suplente

Presidente: Catalina Cantarellas Camps, catedrático de universidad, Universidad Baleares.

Vocal secretario: Francisco J. Plaza Santiago, catedrático de universidad, Universidad Valladolid.

Vocal 1º: Mª del Carmen Fraga González, catedrático de universidad, Universidad La Laguna.

Vocal 2º: José Carlos Brasas Egido, catedrático de universidad, Universidad Salamanca.

Vocal 3º: Miguel Porter Moix, catedrático de universidad. Universidad Barcelona.

9603822