Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 03 de xuño de 1996 Páx. 5.303

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición, rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do sector de carpintería, ebanistería e actividades afíns.

Visto o expediente do convenio colectivo para o sector carpintería, ebanistería e actividades afíns, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 22-3-1996, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios da Madeira (ASEMA) e a Asociación de Empresarios da Estrada, e da parte social, polas centrais sindicais UXT, CIG e CC.OO, en data 5-3-1996. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 27 de marzo de 1996.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Vigo (Pontevedra

Convenio colectivo de carpintería, ebanistería e actividades afíns da provincia de Pontevedra

Capítulo I

Aspectos formais

Artigo 1º.-Partes asinantes.

1. Son partes asinantes do presente convenio, en representación empresarial: a Asociación Provincial de Empresarios da Madeira (ASEMA) e a Asociación Comarcal de Empresarios da Estrada (ACE), e, representando ós traballadores as centrais sindicais: Confederación Intersindical Galega (CIG), Unión Xeral de Traballadores (UXT) e Comisións Obreiras (CC.OO).

2. Ámbalas dúas partes recoñécense mutuamente lexitimación para negocia-lo presente convenio.

Artigo 2º.-Ámbito territorial, funcional e persoal.

1. Territorial. Afectará a tódalas empresas da provincia de Pontevedra.

2. Funcional. As actividades ás que se dediquen, serán as recollidas nos grupos e os seus respectivos epígrafes do imposto de actividades económicas que se relacionan a continuación:

-462: fabricación de productos semielaborados de madeira (chapas, taboleiros, madeiras melloradas, etc.).

-463: fabricación en serie de pezas de carpintería, parqué e estructuras de madeira para a construcción.

-464: fabricación en envases e embalaxes de madeira.

-465: fabricación de obxectos diversos de madeira (excepto mobles).

-466: fabricación de productos de cortiza.

-467: fabricación de artigos de xunco e cana, cestería, brochas, cepillos, etc. (excepto mobles).

-468: industria do moble de madeira.

-E calquera outra actividade afín que se poida crear no futuro.

3. Persoal. Afectará á totalidade do persoal que preste servicios nas empresas afectadas.

Artigo 3º.-Ámbito temporal e denuncia.

1. Terá a duración de dous anos, contados a partir do 1 de xaneiro de 1996 ata o 31 de decembro de 1997. A súa vixencia será a da totalidade da súa duración.

2. Para dar cumprimento ó previsto no Estatuto dos traballadores, as partes asinantes fan constar expresamente que o presente convenio non precisa denuncia para a súa total extinción o 31-12-1997.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas melloras contidas no presente convenio establécense con carácter de mínimas.

Os pactos ou situacións existentes en calquera empresa que no seu conxunto impliquen condicións máis beneficiosas respecto das convidas serán respectadas.

Artigo 5º.-Comisión paritaria.

1. Créase unha comisión paritaria composta por un máximo de 6 membros, designados 3 por cada unha das partes, empresarial e sindical, na forma que decidan as respectivas organizacións e coas funcións que se especifican no artigo seguinte.

2. Os acordos da comisión paritaria adoptaranse en todo caso por unanimidade e, aqueles que intepreten este convenio terán a mesma eficacia que a norma que fose interpretada.

3. A comisión paritaria reunirase unha vez ó ano. Poderanse convoca-las reunións extraordinarias que se estimen necesarias, que serán solicitadas pola metade máis un dos seus membros.

Artigo 6º.-Funcións e procedementos da comisión paritaria.

1. A comisión paritaria á que se refire o artigo anterior terá as seguintes funcións:

a) Vixilancia e seguimento do cumprimento deste convenio.

b) Interpretación da totalidade dos preceptos do presente convenio.

c) A instancia dalgunha das partes mediar e/ou intentar conciliar, se é o caso, e logo de acordo das partes e a solicitude das mesmas, arbitrar en cantas cuestións e conflictos, todos eles de carácter colectivo, poidan suscitarse na aplicación do presente convenio.

d) Cantas outras funcións tendan á maior eficacia do presente convenio, ou se deriven do estipulado no seu texto e anexos que formen parte do mesmo.

2. Como trámite, que será previo o preceptivo, a toda actuación administrativa ou xurisdiccional que se promova, as partes asinantes do presente convenio obríganse a por en coñecemento da comisión paritaria cantas dúbidas, discrepancias e conflictos colectivos, de carácter xeral, puidesen suscitarse en relación á interpretación e aplicación do mesmo, sempre que sexan da súa competencia conforme o establecido no apartado 1, co fin de que, mediante a súa intervención, se resolva o problema formulado ou, se iso non fose posible, emita un dictame ó respecto. O dito trámite previo entenderase cumprido no caso de que transcorrese o prazo previsto no apartado 5 sen que se emitise resolución ou dictame.

3. Establécese que cuestións propias da competencia da comisión paritaria e que se promovan ante ela adoptarán a forma escrita, e o seu contido será o suficiente para que se poida examinar e analiza-lo o problema co necesario coñecemento de causa, debendo ter como contido obrigatorio:

a) Exposición sucinta e concreta do asunto.

b) Razóns e fundamentos que entenda que asisten ó propoñente.

c) Proposta e petición concreta que se lle formule á comisión.

Ó escrito-proposta acompañaránselle cantos documentos se consideren necesarios para a mellor comprensión e resolución do problema.

4. A comisión poderá requirir, por vía de ampliación, canta información ou documentación se estime pertinente para unha ou máis completa información do asunto; para este efecto concederáselle ó propoñente un prazo que non poderá exceder de 5 días hábiles.

5. A comisión, unha vez recibido o escrito-proposta e, se é o caso, completada a información pertinente, disporá dun prazo non superior a 20 días hábiles para resolve-la cuestión formulada ou, se iso non fose posible emiti-lo oportuno dictame. Transcorrido o dito prazo sen terse producido resolución nin dictame, quedará aberta a vía administrativa ou xurisdiccional competente.

Capítulo II

Contratación

Artigo 7º.-Contratación.

1. O contrato de traballo poderase celebrar nas diferentes formas establecidas pola normativa laboral en cada momento, formalizándose por escrito nos supostos que o prevexa a lexislación e conforme a ela, entregando copia deste contrato ó interesado.

2. Realizarase por escrito as prórrogas que se formalicen, así como o preaviso de remate do contrato.

O contrato de traballo deberá formalizarse antes do comezo da prestación de servicios.

3. A empresa, previamente ó seu ingreso, poderalles realizar ós interesados as probas de selección, prácticas e psicotécnicas, que consideren necesarias para comprobar se o seu grado de aptitude e a súa preparación son as axustadas á categoría profesional e posto de traballo que vaia desenvolver.

4. O empresario entregaralles, nun prazo non superior a dez días desde a formalización do contrato, ós representantes legais dos traballadores unha copia básica de tódolos contratos que se realicen.

5. As empresas quedan obrigadas a publicar, no seu taboleiro de anuncios, o modelo TC-2 correspondente o último mes no que se fixese efectiva a liquidación.

Artigo 8º.-Período de proba.

1. Ós traballadores que se incorporen á empresa poderáselles concertar, por escrito, un período de proba que en ningún caso poderá exceder de:

-Técnicos titulados: 6 meses.

-Xefes e encargados: 3 meses.

-Oficiais: 30 días laborables.

-Resto de persoal: 15 días laborables.

2. Durante o período de proba o traballador terá os dereitos e obrigas correspondentes á súa categoría profesional e posto de traballo que desempeñe, como se fose de plantel, excepto os derivados da resolución da relación laboral, que poderá producirse a instancia de calquera das partes durante o seu transcurso, sen necesidade de previo aviso e sen que ningunha das partes teña dereito a indemnización ningunha, debéndose comunica-lo desestimento por escrito.

3. Transcorrido o período de proba sen que se producise o desestimento, o contrato producirá plenos efectos, computándose o tempo dos servicios prestados para efectos de antigüidade.

4. A situación de incapacidade temporal que afecte ó traballador durante o período de proba interrompe o cómputo del.

Artigo 9º.-Contrato para obra ou servicio determinado.

1. É o contrato celebrado ó amparo do artigo 2 do Real decreto 2546/1994, do 29 de decembro, e o artigo 15.1º a) do Real decreto lexislativo 1/1995,

do 24 de marzo, Estatuto dos traballadores, e que ten por obxecto a realización dunha obra ou traballo determinado dos que a execución, aínda que limitada no tempo, é en principio de duración incerta.

2. A duración do contrato axutarase ós seguintes supostos:

a) Con carácter xeral, o contrato é para unha soa obra, con independencia da súa duración. Rematará cando finalicen os traballos, de oficio e categoría, do traballador na dita obra.

b) Non obstante o apartado anterior, logo de acordo entre as partes, o persoal contratado para unha obra ou servicio determinado poderá prestar servicios a unha mesma empresa e en distintos centros de traballo dunha mesma provincia ou limítrofe, durante un período máximo de tres anos consecutivos sen perder a dita condición e percibindo os conceptos compensatorios que correspondan polos seus desprazamentos.

Neste suposto, comunicaraselle á oficina de emprego o acordo das partes.

Artigo 10º.-Contrato eventual por circunstancias da producción.

1. É o contrato celebrado ó amparo do artigo 3 c) do Real decreto 2546/1994, do 29 de decembro e o artigo 15.1º b) do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, Estatuto dos traballadores, e que concerta para atender esixencias circunstanciais do merdado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos.

2. Este tipo de contrato estará suxeito ás seguintes consideracións:

a) No contrato consideraranse con precisión e claridade a causa ou circunstancia que o xustifique.

b) A duración máxima deste contrato será de 12 meses dentro dun período de 15 meses. No caso de que se concerte por un prazo inferior a 12 meses poderá ser prorrogado, por unha soa vez, con acordo das partes, sen que a duración total do contrato poida exceder do dito límite máximo.

Artigo 11º.-Contrato de aprendizaxe.

1. É o contrato celebrado ó amparo dos artigos 7 ó 14 do Real decreto 2317/1993, do 29 de decembro e o artigo 11.2º do Real decreto lexilativo 1/1995, do 24 de marzo, Estatuto dos traballadores, e que ten por obxecto a adquisición da formación teórica e práctica para o desenvolvemento axeitado do oficio ou posto de traballo cualificado.

2. Este tipo de contrato rexerase polas seguintes regras.

2.1. Poderá celebrase con traballadores maiores de 16 anos e menores de 22, que non teñan a titulación requirida para formalizar contrato en prácticas no oficio obxecto de aprendizaxe.

2.2. A duración do contrato atenderá ás seguintes consideracións.

a) Non poderá ser inferior a seis meses nin exceder de tres anos.

b) Se se concertase por tempo inferior a tres anos, as partes poderán acordar ata dúas prórrogas, non podendo se-la duración de cada unha delas inferior a seis meses nin supera-la duración total do contrato.

c) Non obstante o recollido no parágrafo b) anterior, a ningún traballador se lle poderá prorrogar un contrato de aprendizaxe unha vez que teña cumpridos os 23 anos.

2.3. Tempo de formación teórica:

a) O tempo dedicado á formación teórica deberase alternar co traballo efectivo e será un 20% da xornada máxima do convenio: 5 horas semanais.

b) A formación deberá ser impartida en centros de formación públicos ou privados perfectamente acreditados y homologados.

2.4. A retribución consistirá nun 70, 80 e 90 por 100 do salario base do peón durante, respectivamente, o primeiro, segundo e terceiro ano de contrato.

A pesar do regulado no parágrafo anterior, o traballador:

a) Que teña cumpridos os vinte anos, en ningún caso percibirá unha cantidade inferior ó 80% do salario do peón.

b) Que teña cumpridos os 17 anos percibirá un 50% do salario do peón, se non ten cumpridos os 18 anos percibirá un 60%.

2.5. Non poderán celebrarse contratos de aprendizaxe:

a) Para prestar servicios en postos declarados ou considerados tóxicos, penosos, perigosos ou insalubres, así como, aqueles en que as labores que se vaian desenvolver consistan puramente na aportación de esforzo físico, sen necesidade de práctica operatoria ningunha.

b) Para aqueles postos non considerados como cualificados polo presente convenio, ou ben para aquelas funcións ou tarefas concretas e determinadas que non consitúan propiamente un oficio.

Artigo 12º.-Cesamentos.

1. O fin de contrato deberá serlle comunicado, por escrito, ó traballador cunha antelación mínima de quince días naturais. Nembargantes, poderase substituír este preaviso por unha indemnización equivalente á cantidade correspondente ós días de preaviso omitidos, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio.

Toda comunicación de preaviso de cesamento deberá ir acompañada dunha proposta de liquidación.

O traballador poderá ser asistido por un representante dos traballadores no acto da sinatura do recibo de finiquito.

2. O cesamento voluntario por parte do traballador deberá serlle comunicado á empresa, por escrito, e cunha antelación mínima de quince días naturais. O incumprimento desta obriga poderase sancionar, pola

empresa, descontando un día de salario por cada día de falta de preaviso.

Artigo 13º.-Indemnización fin de contrato.

1. Os traballadores que formalicen un contrato para obra ou servicio determinado regulado no artigo 9º terán dereito, unha vez rematado por expiración do tempo convido, a percibir unha indemnización. A dita indemnización consistirá nuha porcentaxe sobre os conceptos salariais percibidos durante a vixencia do contrato, de acordo coa seguinte escala:

-Ata 12 meses de duración do contrato, o 4 por cento.

-Desde 12 a 24 meses de duración do contrato, 0 3,5 por cento.

-Máis de 24 meses de duración do contrato, o 3 por cento.

2. Os traballadores que formalicen un contrato eventual por circunstancias da producción regulado no artigo 10 terán dereito, unha vez rematado por expiración do tempo convido, a percibir unha indemnización. A dita indemnización consistirá nunha porcentaxe sobre os conceptos salariais percibidos durante a vixencia do contrato, de acordo coa seguinte escala:

-Ata 6 messes de duración do contrato, o 6 por cento.

-Máis de 6 meses de duración do contrato, o 4 por cento.

Os traballadores que esgoten a duración máxima dos 12 meses, sempre que teñan dereito ás prestacións de desemprego, non percibirán indemnización ningunha.

Artigo 14º.-Promoción profesional.

Os ascensos suxeitaranse ó réxime seguinte:

1. O ascenso dos traballadores a tarefas o postos de traballo que impliquen mando ou especiqal confianza serán de libre designación e destitución pola empresa.

2. Para ascender a unha categoría profesional superior, establecerase pola empresa un sistema de carácter obxectivo de avaliación de aptitudes, podendo tomar como referencia, entre outras, as seguintes circunstancias:

a) Titulación axeitada.

b) Coñecemento do posto de traballo.

c) Historial profesional.

d) Ter desempeñado funcións de superior categoría profesional, sen que iso sexa imprescindible.

e) Superar satisfactoriamente as probas que se propoñan, que serán as axeitadas ó posto de traballo a desempeñar e idénticas para tódolos aspirantes.

3. O traballador que durante 4 anos teña a categoría de peón poderá ascender á categoría de axudante.

4. Se a empresa acredita a realización por parte do traballador das tarefas que son propias do peón,

ou ben, aquel non manifeste aptitudes suficientes para desempeñar os traballos da categoría superior; non se producirán os ascensos regulados no punto 3.

5. Os traballadores que subscriban un contrato de aprendizaxe, segundo o establecido no artigo 11º do presente convenio, e se ó seu remate, unha vez esgotado o período de máxima duración, continuasen prestando os servicios na empresa, farano coa categoría de axudante.

Capítulo III

Tempo de traballo

Artigo 15º.-Xornada de traballo.

1. A xornada máxima ordinaria será, en cómputo anual, de 1.792 horas de traballo efectivo para o ano 1996, e de 1.784 horas para o ano 1997.

A xornada ordinaria semanal será de 40 horas, distribuídas de luns a venres.

2. Nas empresas poderase pacta-la distribución variable da xornada máxima anual.

En ningún caso se poderán realizar máis de nove horas ordinarias ó día.

3. No suposto de xornada continuada establecerase un período de descanso de quince minutos que terá a consideración de traballo efectivo.

Artigo 16º.-Días festivos.

1. Para efectos de distribución e axeitación da xornada anual, con vixencia para 1996, consideraranse como non laborables e retribuídos os días 26 de xullo, 16 de agosto, 24 e 31 de decembro.

2. Se algún concello da provincia sinala como festivo local algún dos días anteriormente referidos, establécese, na súa substitución, o 14 de agosto.

3. Os días de descanso retribuído, establecidos no apartado 1, poderán ser modificados por acordo entre a empresa e os traballadores, ou os seus representantes legais, para axustalos ás necesidades das partes.

Artigo 17º.-Horas extraordinarias.

1. Son horas extraordinarias de forza maior aquelas cunha realización que estea motivada por un acontecemento extraordinario orixinado por causas alleas á propia actividade empresarial: incendio, innundación, explosión, derrumbamentos, etc.

2. Son horas extraordinarias estructurais as necesarias para atender pedidos ou períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda ou outras circunstancias de carácter estructural derivadas da natureza da actividade, sempre que non poida ser substituída pola utilización de modalidades de contratación previstas na lei.

3. As horas extraordinarias, en todo caso, pola súa natureza, serán voluntarias, excepto as que teñan a súa causa na forma maior.

4. O número de horas extraordinarias que realice cada traballador, salvo nos supostos de forza maior, non excederá de oitenta horas.

Artigo 18º.-Vacacións.

1. O persoal afectado polo presente convenio terá dereito á defrute dun período de vacacións anuais retribuídas de trinta días naturais de duración, dos que vintedous, como mínimo, serán laborables.

O seu desfrute iniciarase en calquera caso en día laborable; e como norma xeral e salvo pacto en contrario, o desfrute das vacacións terá carácter ininterrompido.

2. As empresas concederán preferentemente as vacacións entre os meses de xuño e setembro, ambos inclusive, salvo pacto individual en contrario; así mesmo, poderanse excluír por motivos de organización, determinados períodos para o seu desfrute.

3. Os traballadores coñecerán, con dous meses de antelación ó seu desfrute, o período vacacional.

O calendario de vacacións, unha vez aprobado, quedará exposto no taboleiro de anuncios da empresa.

4. O dereito a vacacións non é susceptible de compensación económica. Non obstante, o persoal que cause cesamento durante o transcurso do ano, terá dereito ó aboamenteo do salario correspondente á parte de vacacións devengadas e non desfrutadas, como concepto integrante da liquidación pola súa baixa na empresa.

5. Para efecto de devengo de vacacións, considerarase como tempo efectivamente traballado o correspondente á situación de incapacidade temporal (IT), sexa cal fose a súa causa. Non obstante, dado que o dereito ó desfrute de vacacións caduca co transcurso do ano natural, perderase se ó vencemento deste o traballo continuase de baixa.

6. Se no momento no que a un traballador lle corresponde, por estar así establecido, o inicio do período vacacional e se atopase en situación de IT por calquera motivo, poderá apraza-lo seu desfrute de común acordo coa empresa.

7. No caso de que o traballador caese en situación de IT mentres estivese a desfrutar das vacacións, a duración da mesma computarase como días de vacacións sen prexuízo do dereito do traballador a percibi-la diferencia entre a retribución correspondente ás vacacións e a prestación de IT.

Artigo 19º.-Licencias.

1. As empresas concederanlles ós traballadores que o soliciten, logo de xustificación, se é o caso, as licencias sinaladas seguidamente, sen perda de retribución:

1.1. Matrimonio do traballador: quince días.

1.2. Por:

a) Nacemento de fillos, enfermidade grave de cónxuxe ou fillo: catro días.

b) Enfermidade grave de pais ou irmáns: dous días.

Entenderase que existe enfermidade grave, exclusivamente, nos supostos nos que se produza hospitalización ou intervención cirúrxica.

O tempo de licencia deste apartado poderá ser ampliado, sen dereito a remuneración, logo de certificado médico esixible pola empresa, cando a enfermidade supere os prazos establecidos.

1.3. Por:

a) Morte do cónxuxe ou fillos: catro días.

b) Morte de pais ou irmáns: dous días.

1.4. Morte de familiares políticos ata o segundo grado: dous días.

1.5. No caso de que fose necesario un desprazamento fóra da provincia de residencia do traballador, as licencias ás que se refiren os apartados 2, 3, e 4 deste artigo ampliaranse en dous días.

1.6. Cambio de domicilio: un día.

1.7. Matrimonio dun fillo: un día, se se celebrase nun día laborable.

1.8. Traballadoras por lactancia dun fillo, ata nove meses despois do parto, terán dereito a unha hora de ausencia ó traballo que se poderá dividir en dúas fraccións de media hora.

Poderase substituír este dereito por reducción da xornada nunha hora, que terá que ser sempre ó comezo ou ó final da xornada laboral. Cando os dous pais traballen, soamente un poderá exercer tal dereito.

1.9. Consulta ó:

a) Médico especialista: polo tempo necesario, cun máximo de cinco horas ó día.

b) Médico de cabeceira: ata un máximo de catro saídas anuais, sen que as ausencias poidan supera-las 18 horas ó ano.

1.10. As licencias ás que se refiren os apartados 1.2 a) e 1.3 a) do presente artigo estenderanse, así mesmo, con idénticos efectos, naqueles casos nos que non existindo unión matrimonial, se manteña unha relación análoga de afectividade; sempre e cando exista unha efectiva convivencia da parella.

2. Os traballadores terán dereito, así mesmo, a dispoñer de dous días ó ano, non retribuidos, calquera que sexa a causa alegada na súa petición. O permiso haberá de ser solicitado, por escrito, á empresa cunha antelación mínima de cinco días.

3. Os días ós que se refire este artigo entenderanse, en tódolos casos, como días naturais.

Artigo 20º.-Excedencia.

1. A excedencia poderá ser voluntaria ou forzosa:

a) Voluntaria. O traballador con, alomenos, unha antigüidade dun ano na empresa, terá dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria, por un prazo non menor de dous anos e non maior de cinco. O traballador soamente poderá exercer de novo este dereito se transcorresen catro anos desde o final da anterior excedencia.

b) Forzosa. O traballador poderá situarse en situación de excedencia forzosa nos seguintes casos:

-Cando fose elixido para un cargo público que imposibilite a súa asistencia ó traballo.

-Cando exerza un cargo ou funcións sindicais de ámbito provincial ou anterior. Neste caso a solicitude irá acompañada dunha certificación da central sindical á que pertenza, na que conste o cargo ou funcional sindical para a que foi elixido.

2. Na excedencia voluntaria conservarse un dereito preferente ó reingreso nas vacantes de igual ou similar categoría á súa, que houbesen ou se produzan na empresa. Na excedencia forzosa o reingreso será automático na empresa ó rematar aquela, e terase dereito a ocupar unha praza da mesma categoría que tiña antes da excedencia, así como ó cómputo da antigüidade durante a súa vixencia.

3. No caso de excedencia voluntaria o reingreso solicitarase un mes antes do remate do prazo que lle foi concedido. Na excedencia forzosa o reingreso deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo para o que foi elixido.

En ámbolos dous supostos, de non facerse a solicitude, en tempo e forma, dará lugar á perda de tódolos dereitos.

As contestacións ás solicitudes serán feitas pola empresa, no prazo de quince días, entendéndose concedidas de non mediar resposta no prazo sinalado.

Artigo 21º.-Traballos penosos, tóxicos ou perigosos.

1. O persoal que realice traballo penoso, tóxicos ou perigosos, recibirá por parte da empresa os medios de protección axeitados que elimen o seu carácter de penosidade, toxicidade ou perigosidade.

2. Entenderase por actividade continuada penosa, tóxica ou perigosa aqueles postos de traballo que estean en contacto con: colorantes mineiras, pinturas, vernices; ou cando se produzan gases, vapores ou outros axentes tóxicos nos que se manipulen substancias facilmente inflamables, así como tamén aqueles nos que se produza unha atmosfera de po de madeira en suspensión.

3. A empresa facilitaralles a aqueles traballadores que especificamente o necesiten pola súa actividade: botas de protección, mascariñas, luvas, gafas, cascos, etc.

A periodicidade no recambio de cada unha das pezas de seguridade farase en cada caso, de acordo co tempo lóxico de duración ou ben polo seu estado de deterioración.

Artigo 22º.-Traballo nocturno.

Terá a consideración de traballo nocturno o que se realice entre as vintedúas horas da noite e as seis da mañá.

A xornada para o traballo nocturno terá unha duración de sete horas.

Por cada tres semanas na quenda de noite, corresponderán dous días de descanso adicional.

Capítulo IV

Retribucións

Artigo 23º.-Salarios.

1. Todo o persoal afectado polo presente convenio percibirá as retribucións consignadas na táboa anexa,

incrementadas, se é o caso, coa antigüidade correspondente.

Os aumentos concedidos polo presente convenio absorberán os que, por imperativo legal, se impusesen posteriormente durante a vixencia del.

Os conceptos económicos terán eficacia ós oito días da sinatura do convenio.

2. Incremento para o ano 1996. Aplicarase un 4,5% sobre a táboa salarial vixente ó 31-12-1995.

3. Incremento para o ano 1997. Aplicarase un incremento económico igual á previsión de inflación que realice o Goberno para o ano 1997, máis 1,3 puntos. A resultante, aplicarase sobre a táboa vixente ó 31-12-1996.

Artigo 24º.-Revisión salarial.

1. Cláusula para o ano 1996. No caso de que o IPC rexistrase o 31 de decembro de 1996 un incremento respecto ó 1 de xaneiro de 1996, superior ó 4%; efectuarase unha revisión salarial no exceso sobre a dita porcentaxe. A revisión levarase a cabo unha vez que se constate oficialmente, e pagarase con efectos do 1 de xaneiro de 1996.

2. Cláusula para o ano 1997. No caso de que o IPC rexistrase o 31 de decembro de 1997 un incremento respecto ó 1 de xaneiro de 1997, superior ó previsto polo Goberno para o ano 1997, máis 0,5 puntos; efectuarase unha revisión salarial no exceso sobre a dita porcentaxe. A revisión levarase a cabo unha vez que se constate oficialmente, e pagarase con efectos do 1 de xaneiro de 1997.

3. Se, tendo en conta o establecido nos apartados 1 e 2 anteriores, operase unha revisión salarial, a comisión paritaria deberá reunirse necesariamente dentros dos 15 días seguintes á data en que se coñezan os datos oficiais, co obxecto de cuantifica-lo dito exceso e proceder á elaboración da nova táboa salarial. A dita táboa revisada servirá de base de cálculo para o incremento do ano seguinte.

Artigo 25º.-Pagamento de nóminas.

O pagamento da nómina realizarase de forma mensual. Non obstante, o persoal poderá solicitar, coa debida antelación, anticipos a conta de haberes devengados.

Para todo o persoal consideraranse as mensualidades de 30 días.

Artigo 26º.-Antigüidade.

Establecense aumentos periódicos por tempo de servicio na empresa, consistentes no 5 por 100 do salario, por cada quinquenio.

Artigo 27º.-Gratificacións extraordinarias.

1. Os traballadores afectados polo convenio percibirán tres gratificacións extraordinarias: marzo, xullo e Nadal.

2. O pagamento das pagas extraordinarias farase efectivo o día 15 dos meses citados.

3. A contía de cada unha das pagas extraordinarias consistirá en 30 días de salario máis antigüidade, se é o caso.

Artigo 28º.-Retribución das horas extraordinarias.

1. A retribución das horas extraordinarias determinarase seguindo os seguintes criterios:

a) As realizadas en día laborable sufrirán un incremento do 75 por cento sobre o valor da hora extraordinaria.

b) As realizadas en día non laborable sufrirán un incremento do 150 por cento sobre o valor da hora ordinaria.

O valor da hora ordinaria (VHO) calcularase de acordo coa seguinte fórmula:

(SB + A) x 15 + (CS x 12)

VHO =

Xornada laboral máxima ordinaria

SB = salario base.

A = antigüidade.

CS = complementos salariais.

2. Poderase optar entre o aboa-las horas extraordinarias, conforme o previsto no apartado 1 deste artigo ou compensadas con tempo de descanso retribuído. Se se exerce esta última opción, por cada hora extraordinaria realizada nun día laboral haberá que compensar ó traballador con 1 hora e 45 minutos de descanso retribuído; se a hora extraordinaria se realiza en día non laborable, a compensación regulamentaria será de 2 horas e 30 minutos.

3. No caso de que o traballador teña horas de descanso acumuladas, o desfrute del será sempre pactado entre o empresario e o traballador.

Artigo 29º.-Axudas de custo.

1. Tódolos traballadores que por necesidades da empresa e por orde do empresario teñan que efectuar viaxes ou desprazamentos que lle impidan realizar comidas ou pernoctacións no seu lugar habitual ou domicilio terán dereito ás seguintes axudas de custo:

-Axuda de custo completa3.660 ptas.- Media axuda de custo1.670 ptas.

2. Se por circunstancias excepcionais os gastos orixinados superan os importes establecidos para o efecto, o exceso deberá ser pagado pola empresa, logo de coñecemento e posterior xustificación por parte do traballador.

Se a empresa se fixese cargo de tódolos gastos, non aboará cantidade ningunha por estes conceptos ós traballadores.

Artigo 30º.-Desgaste de ferramentas.

A empresa que non entregase ós seus productores as ferramentas necesarias para os seus traballos pagarán en compensación das mesmas, 162 ptas., por cada día de traballo.

Artigo 31º.-Complemento por penosidade, toxicidade ou perigosidade.

1. Ós traballadores que teñan que realizar labores que resulten excepionalmente penosas, tóxicas ou perigosas, deberá aboárselles un incremento do 20% sobre o seu salario. Se estas funcións se efectuaran durante a metade da xornada ou en menos tempo, o incremento será do 15% aplicado ó tempo realmente traballado.

2. Se por calquera causa desapareceran as condicións de excepcional penosidade, toxicidade ou perigosidade, deixaran de aboarse os sinalados incrementos non tendo por tanto carácter consolidable.

Artigo 32º.-Complemento de nocturnidade.

1. Ós traballadores que teñan que realizar traballos nocturnos, retribuiráselles un complemento do 20% sobre o seu salario.

O dito complemento aboaraselle integramente cando a xornada de traballo e o período nocturno teñan unha coincidencia superior ás catro horas; se fose inferior a este tempo, a retribución será proporcional ó número de horas traballadas durante o período nocturno.

2. Excepturanse do establecido anteriormente e, por conseguinte non haberá lugar a compensación ningunha, os traballos propios da natureza nocturna, tales como: gardas, serenos ou similares que fosen contratados para desenvolve-las súas funcións durante a noite.

Artigo 33º.-Non aplicación do réxime salarial.

1. O incremento salarial pactado no presente convenio poderá non aplicarse en todo ou en parte, só no caso de empresas cunha estabilidade económica que puidera verse danada como consecuencia de tal aplicación.

2. Para acollerse á dita inaplicabilidade, a empresa deberá formula-la petición diante dos traballadores ou os seus representantes, por unha banda, e ante a comisión paritaria, por outra, acompañando a seguinte documentación:

a) memoria xustificativa da solicitude.

b) Documentación que acredite a causa invocada, entre a que necesariamente figurará a presentada ante a Axencia Estatal de Administración Tributaria e o Rexistro Mercantil, referida ós tres últimos exercicios.

c) Proposta salarial alternativa que preverá en todo caso, a recuperación futura da perda salarial negociada.

d) Proposta de viabilidade para o futuro da empresa.

3. A empresa e os traballadores ou os seus representantes poderán alcanzar acordo no prazo de quince días, que lle deberá ser notificado á comisión paritaria para que exerza o seu control, e o acordo alcance eficacia plena.

4. No caso de non alcanzarse acordo, a cuestión elevarase á comisión paritaria, que será a competente

para resolver en definitiva e, se é o caso, fixa-las condicións salariais alternativas.

Capítulo V

Prestacións sociais

Artigo 34º.-Complementos de prestacións de incapacidade temporal.

1. As empresas completarán a prestación económica por incapacidade temporal (IT) ata o 100% do salario do traballador, nos seguintes casos, e durante o tempo que se indica en cada un deles:

a) IT derivada de accidente laboral, incluído «in itinere» ou enfermidade profesional:

-Con hospitalización: desde o primeiro día e ata un máximo de doce meses.

-Sen hospitalización: a partir do quinto día e ata un máximo de catro meses.

b) IT derivada de enfermidade común ou accidente non laboral:

-Con hospitalización: desde o primeiro día e ata un máximo de catro meses.

-Sen hospitalización: desde os trinta días e ata un máximo de tres meses.

2. Terase dereito ás prestacións por hospitalización, referidas nos apartados anteriores, nos supostos nos que o traballador permanezca ingresado máis de sete días.

Artigo 35º.-Indemnización por morte ou invalidez.

As empresas afectadas polo presente convenio teñen a obriga de subscribi-la correspondente póliza de seguro por accidente de traballo, accidente «in itinere» e enfermidade profesional, que cubra as seguintes contingencias:

a) No caso de morte: 1.500.000 ptas.

b) No caso de invalidez permanente: 2.000.000 de ptas.

c) No caso de absoluta ou grande invalidez: 2.500.000 ptas.

Capítulo VI

Representación dos traballadores

Artigo 36º.-Dereitos sindicais.

1. As empresas respectarán o dereito de tódolos traballadores a sindicarse libremente. Non poderán condiciona-lo emprego dun traballador á obriga de non afiliarse ou renunciar á súa afiliación sindical, non poderán despedir a un traballador nin prexudicalo, de calquera outra maneira, a causa da súa afiliación ou actividade sindical.

2. As empresas permitiranlles ós traballadores afiliados a un sindicato e ós propios sindicatos, celebrar reunións, logo de comunicación; recadar cotas e distribuír información sindical fóra de horas de traballo sen que perturbe a súa actividade normal.

3. As empresas con máis de 50 traballadores, facilitaranlle ó comité de empresa un local perfectamente acondicionado, dentro da empresa, e onde poida realiza-las súas actividades sindicais.

4. Nos centros de traballo con máis de 75 traballadores, a empresa recoñeceralles ás centrais sindicais un delegado sindical, segundo o previsto no artigo 10 da Lei orgánica de liberdade sindical.

5. A empresa porá, á disposición da representación sindical, un taboleiro de anuncios nun lugar visible e de acceso a tódolos traballadores.

Artigo 37º.-Garantías.

Os membros do comité de empresa, delegados de persoal ou delegados sindicais desfrutarán das seguintes garantías:

1. Non poderán ser despedidos ou sancionados durante o exercicio das súas funcións, nin dentro do ano seguinte do seu cesamento, salvo que este se produza por revogación ou dimisión, sempre que o despido ou sanción se basee na actuación do traballador no exercicio legal da súa representación.

2. Posuirá prioridades de permanencia na empresa, nos supostos de suspensión ou extinción por causas tecnolóxicas ou económicas.

3. Se o despido ou calquera outra sanción, por suposta falta grave ou moi grave, obedecera a outras causas deberá tramitarse expediente contradictorio, no que será escoitado á parte do interesado, o comité de empresa ou os delegados de persoal.

4. Non poderán ser discriminados, na súa promoción económica ou profesional, por causa ou razón do desempeño da súa representación.

5. Poderán acumularse horas dos distintos membros do comité ou delegados, nun ou varios compoñentes, debéndose producir un preaviso de, alomenos, quince días co fin de que a empresa poida programa-la substitución do traballador que se trate. Farase sempre mención ó período no que se vai facer uso da acumulación.

6. Non se lle computarán no seu crédito de horas, para o exercicio das súas funcións de representación, aquelas que se produzan con motivo da designación como compoñentes da comisión negociadora do convenio ou das comisións paritarias.

Artigo 38º.-Competencias.

Os membros do comité de empresa, delegados de persoal ou delegados sindicais terán as seguintes competencias:

1. Coñece-lo balance, a conta de resultados, a memoria e, no caso de que a empresa revista a forma de sociedade por accións ou participacións, daqueles documentos que se dean a coñecer ós socios e nas mesmas condicións.

2. Emitir informe, con carácter previo, á execución por parte do empresario das decisións adoptadas por este sobre as seguintes cuestións:

a) Restructuración do cadro de persoal e cesamentos totais ou parciais, definitivos ou temporais daquel.

b) Reducción da xornada, así como traslado total ou parcial das instalacións.

c) Implantación ou revisión de sistemas de organización e control do traballo.

d) Estudio de tempos, establecemento de sistemas de primas ou incentivos e valoración de postos de traballo.

e) Cando a fusión, absorción ou modificación do status xurídico da empresa supoña calquera incidencia que afecte o volume do emprego.

3. Ser informado de tódalas sancións impostas por faltas moi graves.

4. Colaborar coa dirección da empresa para consegui-lo establecemento de cantas medidas procuren o mantemento e incremento da productividade, de acordo co pactado no presente convenio.

Capítulo VII

Saúde laboral

Artigo 39º.-Revisión médica.

1. A empresa estará obrigada a realizar recoñecemento médico periódico a tódolos traballadores ó seu servicio, alomenos unha vez ó ano.

2. Así mesmo, efectuaraselle revisión médica ó traballador que se incorpora á empresa, dentro dos 30 días seguintes ó seu ingreso, salvo que xa a realizase no último ano natural.

3. Os traballadores disporán de media xornada retribuída para realiza-la revisión. No caso de que sexa necesario máis tempo, terán que presentar xustificante, séndolle igualmente retribuído o exceso. Os gastos de desprazamento serán a cargo da empresa.

4. O traballador poderá optar por pasa-lo recoñecemento médico pola súa conta; neste caso, deberá de presentar obrigatoriamente na empresa o certificado médico pertinente.

Artigo 40º.-Roupa de traballo.

1. As empresas entregaranlle a todo o persoal que o necesite polo posto de traballo que desempeñe, un conxunto de chaquetiña e pantalón cada seis meses.

As empresas que teñan no almacén fundas de traballo poderán entregalas ata o 31-12-1996.

2. O incumprimento desta obriga dará lugar ó aboamento de 4.700 ptas., en compensación por cada conxunto de prazas de roupa non entregadas.

Artigo 41º.-Consulta dos traballadores.

1. O empresario deberá consultar ós traballadores, coa debida antelación, a adopción das decisións relativas á planificación e a organización do traballo na empresa e a introducción de nova tecnoloxía, en todo o relacionado coas consecuencias que estas puidesen ter para a seguridade e saúde dos traballadores.

2. Nas empresas que conten con representantes dos traballadores, as consultas levaranse a cabo con eles.

Artigo 42º.-Risco grave e inminente.

1. O empresario estará obrigado a informa-lo antes posible a tódolos traballadores afectados, acerca da esixencia dun risco grave e inminente, e das medidas que se deban adoptar en materia de protección.

2. O traballador terá dereito a interrumpe-la súa actividade e abandona-lo lugar de traballo, en caso necesario, cando considere que a dita actividade entraña un risco grave e inminente para a súa vida e saúde.

3. Cando o empresario non adopte as medidas necesarias, os repesentantes legais dos traballadores poderán acordar, pola maioría dos seus membros, a paralización da actividade. Tal acordo será comunicado de inmediato á empresa e á autoridade laboral, a cal, nun prazo de vintecatro horas, anulará ou ratificará a paralización acordada.

4. Os traballadores ou os seus representantes non poderán sufrir ningún prexuízo derivado da adopción das medidas á que se refiren os apartados anteriores, a menos que obrasen de mala fe ou cometido neglixencia grave.

Artigo 43º.-Delegados de prevención.

1. Os delegados de prevención son os representantes dos traballadores con funcións específicas en materia de prevención de riscos no traballo e serán designados por e entre os representantes do persoal, de acordo coa seguinte escala:

-De 50 a 100 traballadores: 2 delegados de prevención.

-De 101 a 500 traballadores: 3 delegados de prevención.

Nas empresas de:

-Ata trinta traballadores, o delegado de prevención será o delegado de persoal.

-De trinta e un a coarenta e nove traballadores, haberá un delegado de prevención, que será elixido por e entre os delegados de persoal.

2. Competencias:

a) Colaborar coa dirección da empresa na mellora da acción preventiva.

b) Promover e fomenta-la cooperación dos traballadores na execución na normativa de prevención dos riscos laborais.

c) Exerce-lo labor de vixilancia e control sobre o cumprimento da normativa de prevención de riscos laborais.

3. Facultades:

a) Acompañar ós técnicos nas avaliacións de carácter preventivo, así como ós inspectores de traballo nas visitas que realicen ós centros de traballo, podendo formular diante deles as observacións que estimen oportunas.

b) Ser informado polo empresario sobre os danos producidos na saúde dos traballadores, unha vez que se tivese coñecementos deles.

c) Recibir do empresario as informacións obtidas por este, procedentes das persoas ou órganos encargados das actividades de protección e prevención na empresa.

d) Realizar visita ós lugares de traballo para exerce un labor de vixilancia e control do estado das condicións de traballo, de maneira que non se altere o normal desenvolvemento do proceso productivo.

4. Garantías:

a) Na súa condición de representante dos traballadores, seranlle de aplicación as garantías previtas no artigo 68 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, Estatuto dos traballadores.

O tempo utilizado polos delegados de prevención nas súas actividades será considerado coma no exercicio das súas funcións de representación para efectos do crédito de horas mensuais retribuídas.

Non se computarán como tales as correspondentes a reunións do Comité de Seguridade e Saúde, reunións co empresario en materia de prevención, ou as destinadas ás visitas previstas nas letras a) e d) do apartado 3 deste artigo.

b) O empresario deberá proporcionarlle ós delegados de prevención os medios e formación necesarios en materia preventiva.

O tempo dedicado á formación será considerado como tempo de traballo, para tódolos efectos.

c) Manterán o segredo profesional debido, respecto das informacións ás que tivesen acceso pola súa actuación na empresa.

Artigo 44º.-Comité de seguridade e saúde.

1. O comité de seguridade e saúde é o órgano paritario e colexiado de participación destinado á consulta regular e periódica das actuacións da empresa en materia de prevención de riscos.

2. Constituirase un comité de seguridade e saúde en tódalas empresas ou centros de traballo que conten con 50 ou máis traballadores. Estará formado polos delegados de prevención, dunha parte e, polo empresario e/ou os seus representantes en igual número da outra.

Reuniranse trimestralmente e sempre que o solicite algunha das representacións. Adoptarán as súas propias normas de funcionamento.

3 Competencias:

a) Participar na elaboración, posta en práctica e avaliación dos planos e programas de prevención de riscos na empresa.

b) Promover iniciativas sobre métodos e procedementos para a efectiva prevención dos riscos.

4. Facultades:

a) Coñecer directamente a situación relativa á prevención dos riscos no centro de traballo, realizando para tal efecto, as visitas que estime oportunas.

b) Coñecer cantos documentos e informes relativos ás condicións de traballo sexan necesarios.

c) Coñecer e analiza-los danos producidos na saúde ou na integridade física dos traballadores.

d) Coñecer e informa-la memoria e programación anual de servicios de prevención.

Artigo 45º.-Comisión paritaria provincial de seguridade e saúde laboral.

1. As partes asinantes acordan constituí-la comisión paritaria sectorial de seguridade e saúde laboral, integrada por seis membros, designados tres por cada unha das partes, sindical e empresarial, na forma que decidan as respectivas organizacións:

2. Serán funcións desta comisión:

a) Solicitar do Ministerio de Traballo e do Goberno Autónomo o recoñecemento oficial como interlocutor social sectorial en materia de seguridade e saúde, tanto no seu aspecto lexislativo como no desenvolvemento de planos e medidas formativas.

b) Estudiar e acorda-los mecanismos oportunos de coordinación da información provincial en materia de siniestralidade no sector.

c) Promover cantas medidas considere tendentes a mellora-la situación do sector nesta materia, tendo como obxectivo fundamental estende-la preocupación pola seguridade a tódolos niveis, fomentando campañas de mentalización, etc.

d) Acomete-las xestións necesarias para obte-los medios que lle permitan desenvolve-las súas funcións coa eficacia axeitada.

e) Promove-la creación dun órgano específico, nos termos e conforme as modalidades que acorden, con competencias xerais respecto do conxunto dos centros de traballo incluídos no ámbito de aplicación do convenio, de cara a fomenta-lo mellor cumprimento dos mesmos da normativa sobre prevención de riscos laborais, segundo o artigo 35 da Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais.

f) Cantas outras funcións acorde a propia comisión atribuírse, encamiñadas ós seus fins.

3. A comisión reunirase unha vez ó ano. Poderase convoca-las súas reunións extraordinarias que se estimen necesarias e serán solicitadas pola metade máis un dos seus membros.

Capítulo VIII

Formación

Artigo 46º.-Comisión paritaria provincial de formación.

1. As partes asinantes acordan constituí-la comisión paritaria de formación profesional. Esta comisión estará integrada por 6 membros, designados 3 por cada unha das partes, empresarial e sindical, na forma que decidan as respectivas organizacións.

2. Serán funcións desta comisión:

a) Requirir das administracións públicas e dos organismos comunitarios competentes o recoñecemento

oficial desta comisión como interlocutor sectorial, para recibila información existente sobre programas e cursos de formación profesional, con financiamento oficial, que afecten ó sector e colaboren co seu desenvolvemento, tanto na ensinanza regrada como na ocupacional ou continua.

b) Consegui-los estudos pertinentes de necesidades e requirimentos de formación no sector, nas tres variantes, para chegar a defini-la súa organización-

c) Consegui-los planos formativos necesarios para a homologación das cualificacións profesionais de traballadores: técnicos, administrativos e manuais, cos equivalentes na Comunidade Europea.

d) Calquera outra función que a comisión acorde atribuírse encamiñada ó desenvolvemento e mellora da formación profesional no sector.

3. A comisión paritaria sectorial de formación profesional reunirase unha vez ó ano. Poderanse convoca-las reunións extraordinarias que se coiden necesarias, se o solicitan a metade máis un dos seus membros.

Capítulo IX

Faltas e sancións

Artigo 47º.-Faltas e sancións.

Considerarase falta laboral toda acción ou omisión da que resulte responsable o traballador, que se produza con ocasión ou como consecuencia da relación laboral e que constitúa un incumprimento grave e cuplable das súas obrigas.

As faltas graduaranse atendendo á súa importancia, transcendencia, voluntariedade e malicia na súa comisión en: leves, graves e moi graves.

Artigo 48º.-Faltas leves.

1. As faltas de puntualidade na asistencia ó traballo, sen causa xustificada, de dúas a catro faltas no período dun mes ou de trinta días naturais.

2. Non cursar no momento oportuno a comunicación correspondente, cando se falte ó traballo por motivo xustificado, salvo que se probe a imposibilidade de facelo.

3. O abandono ou ausencia do posto de traballo, sen previo aviso ou autorización, anque sexa por breve tempo. Se como consecuencia diso se causase algún prexuízo á empresa ou fose causa de accidente ós compañeiros de traballo, será considerara como grave ou moi grave.

4. Pequenos descoidos na conservación do material, maquinaria, ferramentas e instalacións, salvo que iso repercuta na boa marcha do servicio; e nese caso poderá ser considerada como grave ou moi grave.

5. Non atender ó público coa corrección e dilixencia debida.

6. Non informar á empresa dos cambios de domicilio.

7. As discusións sobre asuntos estraños ó traballo dentro das dependencias da empresa ou durante cal

quera acto de servicio. Se se produce con notorio escándalo poden ser consideradas como graves ou moi graves.

8. A inobservancia das normas en materia de seguridade e hixiene no traballo ou saúde laboral, que non entrañen risco para o traballador nin para os seus compañeiros de traballo ou terceiras persoas, xa que de darse estas circunstancias será considerado como grave ou moi grave segundo os casos.

9. Usa-lo teléfono da empresa para asuntos particulares, sen autorización.

10. A embriaguez ocasional.

11. Cambiar, mirar ou revolve-los armarios, taquillas ou efectos persoais dos compañeiros de traballo, sen a debida autorización dos interesados.

Artigo 49º.-Faltas graves.

1. Alegar motivos falsos para a obtención de licencias ou permisos.

2. Atoparse no local de traballo, fóra das horas de traballo, sen autorización.

3. Máis de catro faltas inxustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo, durante un mes ou trinta días naturais.

4. Faltar ó traballo dun a tres días durante o mes sen causa xustificada.

5. Non comunicar con dilixencia debida as alteracións familiares que poidan afecta-los procesos administrativos ou prestacións sociais. Se mediara algunha malicia será considerada como moi grave.

6. Simula-la presencia doutro traballador na empresa mediante calquera forma.

7. A neglixencia no traballo que afecte a boa marcha no mesmo.

8. A imprudencia no traballo, que implicase risco de accidente para o traballador ou outros, ou ben perigo de avaría na maquinaria, ferramentas ou instalacións, poderá ser considerada moi grave.

9. A asistencia reiterada ó traballo en estado de embriaguez ou toxicomanía.

10. A reincidencia en falta leve dentro dun trimestre, cando exista sanción por escrito da empresa.

11. Non advertir e instruír axeitadamente a outros traballadores sobre os que teña algunha relación de autoridade ou mando, do risco do traballo a executar e do posible modo de evitalo.

12. Transitar ou permiti-lo o tránsito por lugares ou zonas perigosas portando útiles de ignición, así como por lugares expostos ó risco de incendio.

13. A falta de sixilo profesional divulgando datos, informes ou antecedentes que poidan producir prexuízo de calquera tipo á empresa.

14. Calquera falsidade ou inexactitude deliberada nos partes ou documentos de traballo, ou a negativa á súa formalización, así coma proporcionar falsa infor

mación á dirección da empresa, ou ós seus superiores en relación co traballo.

15. A inxustificada delegación de funcións ou traballo en persoal de inferior rango laboral ou non cualificado para a súa realización.

16. A aceptación de dádivas ou regalos por dispensar trato de favor no servicio.

17. A diminución voluntaria do rendemento do traballo normal.

18. Non informar coa debida dilixencia ós seus xefes, ó empresario, ou a quen o represente de calquera anomalía que observe nas instalacións e demais útiles, ferramentas, maquinaria e materiais.

19. Descoidos de importancia na conservación, limpeza ou utilización de materiais, máquinas, ferramentas e instalacións que o traballador utilice.

Artigo 50º.-Faltas moi graves.

1. A desobediencia continuada ou persistente no traballo.

2. Máis de dez faltas inxustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo, cometidas nun período de tres meses ou de 20 durante seis meses.

3. A fraude, a deslealdade, ou o abuso de confianza nas xestións encomendadas, así como o furto ou roubo tanto á empresa coma ós compañeiros de traballo ou a terceira persoa, dentro das instalacións da empresa ou durante o desenvolvemento da súa actividade profesional.

4. Realizar, sen o oportuno permiso, traballos particulares durante a xornada de traballo, así como empregar ferramentas, útiles ou materiais para uso propio.

5. Maliciosamente, facer desaparecer, inutilizar, destrozar ou causar desperfectos en materiais, ferramentas, útiles, aparellos, instalacións, vehículos, edificios, utensilios e incluso documentos da empresa.

6. A condena por sentencia firme por delictos de roubo, furto, violación ou abusos sexuais, así como calquera outro delicto que puidera implicar desconfianza da empresa respecto ó seu autor, aínda cando estes foran cometidos fóra da empresa.

7. A embriaguez ou toxicomanía habitual durante o traballo que repercuta negativamente no traballo.

8. Viola-lo segredo da correspondencia ou de documentos reservados da empresa.

9. Revelar a elementos estraños á empresa datos desta de obrigada reserva.

10. Dedicarse a actividades profesionais, por conta propia, en empresas da competencia, sen a oportuna a expresa autorización.

11. Os malos tratos de palabra ou obra ou faltas graves de respecto e consideración ós superiores, compañeiros ou subordinados.

12. A imprudencia, neglixencia ou incumprimento das normas ou ordes sobre seguridade e hixiene no

traballo, cando por iso se produza grave risco para os traballadores ou danos para as instalacións.

13. Causar accidentes graves por neglixencia, descoido ou imprudencia inescusable ou serio perigo para as empresas.

14. A non utilización dos medios ou materiais de prevención de riscos de accidentes de traballo, facilitados pola empresa.

15. Abandono-lo posto de traballo en cargo de responsabilidade ou cando con iso causar un prexuízo grave no proceso productivo, deterioción importante das cousas ou serio perigo para as persoas.

16. A diminución voluntaria e continuada no rendemento normal ou pactado.

17. A reincidencia en faltas graves, aínda que sexa de distinta natureza, dentro dun período de seis meses, sempre que fora obxecto de sanción por escrito.

18. A falta de asistencia ó traballo non xustificada por máis de tres días no mes ou de 30 días naturais.

19. A comisión de erros repetidos e intencionados, que poidan orixinar prexuízos á empresa.

20. A emisión maliciosa ou por neglixencia inescusable, de informes errados ou a sabendas de que non os exactos.

21. A simulación de supostos de incapacidade temporal ou accidente.

Artigo 51º.-Graducación das sancións.

1. As sancións que poderán impoñe-las empresas en cada caso, graduaranse atendendo á gravidade da falta cometida, podendo se-las seguintes:

a) Por faltas leves

-Amonestación verbal.

-Amonestación escrita.

b) Por faltas graves:

-Suspensión de emprego e soldo de 1 a 20 días.

c) Por faltas moi graves:

-Suspensión de emprego e soldo de 21 a 90 días.

-Despedimento.

2. Para a aplicación e graduación das sancións que anteceden, terase en conta:

a) O maior ou menor grado de responsabilidade do que comete a falta.

b) A súa categoría profesional.

c) A repercusión do feito nos demais traballadores e na empresa.

Artigo 52º.-Idioma.

O texto do presente convenio publicarase nos dous idiomas oficiais da Comunidade Autónoma.

SALARIOS 1996

Salarios

-Persoal de taller
Encargado xeral, xefe de taller99.075
Encargado de sección e de producción98.556
Oficial preparador-trazador97.881
Oficial de 1ª96.745
Oficial de 2ª94.861
Axudante93.784
Peón91.537

-Persoal administrativo e técnico
Xefe de oficina, xefe de oficina técnica, analista programador ou de sistemas112.536
Oficial de 1ª, delineante técnico especialista, programador100.554
Oficial de 2ª, delineante técnico auxiliar, operador93.689
Auxiliar administrativo, telefonista93.554

3902