Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 31 de maio de 1996 Páx. 5.258

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CARBALLO

EDICTO de poxa (246/1995).

César González Castro, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Carballo (A Coruña) e o seu partido.

Fago saber que ante este xulgado se substancia procedemento sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, co número 246/1995, por instancia de Caixa de Aforros de Galicia, con DNI/CIF G-15028947 domiciliado en Rúa Nova nº 30-32 (A Coruña), representado pola procuradora María Isabel Trigo Castiñeira, contra José Antonio Felípez Esmorís, con DNI/CIF 32.311.284, domiciliado en Dr. López Astray, nº 96 (Laracha) e Oliva Mallo Lorenzo, con DNI/CIF domiciliado en Dr. López

Astray, nº 96 (Laracha), nos autos do cal se acordou sacar a poxa pública, con intervalo de vinte días, os bens hipotecados e que ó final se relacionan, téndose fixado para a celebración das oportunas poxas a hora de doce da mañá, nas datas que se expresan a seguir:

1ª poxa: 9 de xullo de 1996.

2ª poxa: 10 de setembro de 1996.

3ª poxa: 10 de outubro de 1996.

Todas elas se celebrarán na sala de audiencia deste xulgado e baixo as condicións seguintes:

1ª) Que o tipo da primeira poxa é o fixado polas partes na escritura de hipoteca, sendo este de 25.071.170 pesetas; non se admitirán ofertas inferiores ó tipo fixado para cada poxa.

2ª) En cado de non haber licitadores na primeira poxa, o tipo da segunda será coa rebaixa do 25% e, se nesta tampouco os houber, a terceira celebrarase sen suxeición a tipo.

3ª) Para participar na poxa será preciso consignar no Banco Bilbao Vizcaya, conta nº 1516, clave 18, o 20%, cando menos, do tipo de poxa dos bens, respecto da primeira e a segunda. Na terceira ou ulteriores poxas que, se é o caso, se poidan celebrar, o depósito consistirá no 20%, cando menos, do tipo fixado para a segunda (da obriga de efectua-la dita consignación queda exceptuado o acredor executante); poderanse facer ofertas por escrito en sobre cerrado, que se depositarán neste xulgado co resgardo acreditativo de terse efectuado a consignación expresada.

4ª) Que se poderá intervir na poxa en calidade de cede-lo remate a terceiro.

5ª) Que os autos e a certificación do rexistro a que se refire a regra 4ª do artigo 131 da Lei hipotecaria están de manifesto na secretaría deste xulgado; que se entenderá que todo licitador acepta como bastante a titulación e que as cargas ou gravames e as anteriores e as preferentes, se as houber, ó crédito do demandante continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante as acepta e queda subrogado na responsabilidade delas, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

6ª) Que non acto do remate se fará constar que o rematante acepta as obrigas consignadas na regra 8ª do artigo 131 da Lei hipotecaria e, se non as acepta, non lle serán admitidas as poposicións; tampouco se admitirán as ofertas por escrito que non conteñan a aceptación expresa desas obrigas.

Bens obxecto de poxa.

Concello de Laracha, lugar de Cillobre, parroquia de Torás. Nave industrial diáfana, destinada a almacén, construída con bloque hidrófugo e cuberta de

fibrocemento, no sitio de Chousa da Cheda. Ocupa a superficie construída de cincocentos tres metros e sesenta e nove decímetros cadrados, e a útil de catrocentos oitenta e catro metros e sesenta e catro decímetros cadrados. Rodéana por tódolos seus ventos o resto do terreo non edificado. Todo o conxunto forma un só predio de setecentos trinta e un metros e dez decímetros cadrados, que estrema: norte, Edelmiro Felípez Añón; sur, estrada de Rexedoira; leste, camiño e oeste, Edelmiro Felípez Añón. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Carballo, libro 95 de Laracha, tomo 766, folio 39, predio nº 11.391.

Faise constar que a publicación deste edicto servirá de notificación en forma ós debedores José Antonio Felípez Esmorís e Oliva Mallo Lorenzo, no suposto de que, por calquera circunstancia, a notificación non se poida efectuar no domicilio que consta en autos como seu.

Así mesmo, faise constar que, se por causa taxada non se puidesen celebra-las poxas na hora e día respectivamente fixados, estas terán lugar na mesma hora do día hábil seguinte.

Dado en Carballo o dezasete de abril de mil novecentos noventa e seis.

O xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

3203