Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 31 de maio de 1996 Páx. 5.258

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL DE CONTAS (SECCIÓN DE AXUIZAMENTO-DEPARTAMENTO TERCEIRO)

EDICTO (C-113/1996).

O director técnico do departamento e secretario no procedemento de reintegro por alcance nº C-113/1996, en méritos do acordado en providencia do conselleiro de Contas, con data 9 de abril de 1996, e para lle dar cumprimento ó previsto no artigo 68.1º, en relación co 73.1º, ambos da Lei 7/1988, do 5 de abril, reguladora do funcionamento do Tribunal de Contas, fai saber:

Que neste tribunal se segue procedemento de reintegro por alcance nº C-113/1996, do ramo de facendas locais, provincia de Pontevedra, como consecuencia dun presunto alcance habido na recadación de tributos municipais no Concello de Mos (Pontevedra).

O que se fai público para os efectos indicados na citada resolución, en estricta observancia dos mencionados preceptos, e coa finalidade de que os legalmente habilitados para o mantemento ou oposición á pretensión de responsabilidade contable poidan comparecer en autos, dentro do prazo dos nove días seguintes á publicación deste edicto.

Dado en Madrid o once de abril de mil novecentos noventa e seis.

L. Vacas García-Alós

Director técnico, secretario do procedemento

Asinado e rubricado

3358