Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 31 de maio de 1996 Páx. 5.258

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL DE CONTAS (SECCIÓN DE AXUIZAMENTO-DEPARTAMENTO TERCEIRO)

EDICTO (C-71/1996).

O director técnico do departamento e secretario no procedemento de reintegro por alcance nº C-71/1996, en méritos do acordado en providencia do conselleiro de Contas, con data 25 de marzo de 1996, e para lle dar cumprimento ó previsto no artigo 68.1º, en relación co 73.1º, ambos da Lei 7/1988, do 5 de abril, reguladora do funcionamento do Tribunal de Contas, fai saber:

Que neste tribunal se segue procedemento de reintegro por alcance nº C-71/1996, do ramo de facendas locais, provincia de Lugo, como consecuencia da detección dalgunhas irregularidades no servicio de recadación no Concello de Foz (Lugo).

O que se fai público para os efectos indicados na citada resolución, en estricta observancia dos mencionados preceptos, e coa finalidade de que os legalmente habilitados para o mantemento ou

oposición á pretensión de responsabilidade contable poidan comparecer en autos, dentro do prazo dos nove días seguintes á publicación deste edicto.

Dado en Madrid o vintesete de marzo de mil novecentos noventa e seis.

L. Vacas García-Alós

Director técnico, secretario do procedemento

Asinado e rubricado

3313