Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 31 de maio de 1996 Páx. 5.258

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL DE CONTAS (SECCIÓN DE AXUIZAMENTO-DEPARTAMENTO SEGUNDO)

EDICTO (B-112/1996).

Polo presente edicto faise saber, para lle dar cumprimento ó acordado polo conselleiro de Contas mediante providencia do 2 de abril de 1996, que neste departamento 2º da Sección de Axuízamento do Tribunal de Contas se segue o procedemento de reintegro por alcance nº B-112/1996, facendas locais, A Coruña, como consecuencia da diferencia ou falta de valores detectada en 1987 na Axencia de Recadación do Concello da Coruña, polo importe de sesenta e un millóns catrocentas cincuenta e unha mil duascentas oitenta e sete pesetas (61.451.287 ptas.).

O que se fai público coa finalidade de que os legalmente habilitados para o mantemento ou oposición á pretensión de responsabilidade contable poidan comparecer nos autos, dentro do prazo dos nove días seguintes á publicación deste edicto.

Dado en Madrid o dous de abril de mil novecentos noventa e seis.

J. Medina

Director técnico

Asinado e rubricado

3239