Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 31 de maio de 1996 Páx. 5.259

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE MUROS

EDICTO (89/1996).

En cumprimento do acordado por providencia do 2 de abril de 1996, pola xuíza de primeira instancia de Muros (A Coruña), faise saber que neste xulgado e co número 89/1996, se tramita expediente por instancia de José García Vilas, representado polo procurador Monteagudo Romero, sobre declaración de falecemento do seu irmán Antonio García Vila, con domicilio en Grille-San Cosme de Antes-Mazaricos, nacido o 15 de decembro de 1911.

Antonio García Vila marchou de moi novo da súa localidade natal na procura de traballo. Desde o ano 1930 aproximadamente, data en que abandonou o domicilio paterno, non tivo a familia noticias sobre o seu paradoiro e nunca máis regresou á súa aldea.

Ata o ano 1950 recibíanse noticias esporádicas del de que andaba traballando como transportista en diversas provincias españolas. A partir desa data deixouse de recibir noticias sobre o seu estado ou paradoiro, chegando a correr pola aldea o rumor de que morrera nun accidente de tráfico, dato que a familia nunca puido confirmar.

O que para os fins previdos nos artigos 2042 e seguintes da LAC, en relación cos artigos 193 e concordantes do C. civil, se fai público mediante o presente edicto, o cal se publicará no taboleiro de anuncios deste xulgado, no Boletín Oficial del Estado e mais no Diario Oficial de Galicia, por dúas veces e con intervalo de quince días, para os efectos legais e para que calquera persoa que o considere oportuno poida comparecer ante este xulgado para ser oída no mencionado expediente.

Dado en Muros o 2 de abril de 1996

A xuíza

Rubricado

A secretaria

Rubricado

9603193