Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 31 de maio de 1996 Páx. 5.237

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector de oficinas e despachos da provincia de Lugo.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector de oficinas e despachos da provincia de Lugo (código 2700645), asinado o día 20 de xaneiro de 1996, pola representación da Asociación de Asesores e Xestores e das centrais sindicais UXT e CIG, e de conformidade

co disposto no artigo 90, apartados 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 1 de febreiro de 1996.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

Acta-Pola Asociacion de Asesores e Xestores da provincia de Lugo.

Guadalupe Hervera Iglesias.

María Carmen Pérez Pérez.

-Pola representacion social.

FES.UXT.

Juan Carlos Araújo Rodríguez.

Guillermo Fernández Vázquez.

Nieves Gil Rodríguez.

CIG. Banca.

Jesús Arrizado Yáñez.

José Valcarce Sánchez.

José María Iglesia Mingote.

En Lugo, ás 17 horas do día 20 de xaneiro de 1996, reúnense nos locais da CEL, as persoas á marxe reseñadas, integrantes todas elas da comisión negociadora do convenio de oficinas e despachos da provincia de Lugo, e despois de amplos debates, adótanse os seguintes,

ACORDOS:

Primeiro.-Aproba-lo texto e as táboas do convenio colectivo para o sector de oficinas e despachos da provincia de Lugo, para o cal as partes contan coa capacidade legal suficiente, segundo se acredita coa acta de constitución da comisión negociadora.

Segundo.-Remiti-lo texto do convenio colectivo referido, á autoridade laboral competente ós efectos legais oportunos.

E en proba de conformidade asinan a presente acta os á marxe relacionados, en lugar e data sinalados no encabezamento.

Convenio colectivo para o sector de oficinas e despachos da provincia de Lugo

Capítulo I

Unidades de negociacion

Artigo 1º.-Partes concertantes.

A comisión negociadora do convenio que se subscribe está integrada por parte empresarial, pola Aso

ciación de Asesores e Xestores da provincia de Lugo, e por parte dos traballadores Comisións Obreiras (CC.OO.), Federación Provincial de Servicios de UGT (FES-UGT Lugo) e Confederación Intersindical Galega (CIG).

Ámbalas dúas partes recoñécense como interlocutores válidos con lexitimación suficiente para a negociación de presente convenio de acordo co que establece o título III do vixente Estatuto dos traballadores, aprobado por Real decreto lexislativo 1/1995.

Capítulo II

Ámbitos, vixencia e denuncia

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Rexeranse polo presente convenio a totalidade dos traballadores que na actualidade ou no sucesivo presten os seus servicios nestas empresas, reguladas polo ámbito funcional e situadas dentro do ámbito territorial.

Artigo 3º.-Ámbito funcional.

O convenio será de aplicación a tódalas empresas encadradas, ou que no futuro se encadren, nas actividades reguladas pola ordenanza laboral para oficinas e despachos, data do 31 de outubro de 1972.

Artigo 4º.-Ámbito territorial.

As normas do presente convenio serán de aplicación en toda a provincia de Lugo.

Artigo 5º.-Ámbito temporal e vixencia.

O presente convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1995, con independencia da data da súa publicación no BOP.

A duración será ata o 31 de decembro de 1996, entendéndose prorrogado tacitamente por anualidades naturais de non mediar denuncia expresa das partes.

Artigo 6º.-Denuncia.

Calquera das dúas partes poderá solicita-la revisión do convenio, formulando a denuncia deste á outra parte e á autoridade laboral competente, con tres meses de antelación -como mínimo- á data de expiración da súa vixencia ou á de calquera das suas prórrogas.

Capítulo III

Representacion das partes negociadoras

Artigo 7º.-Comisión paritaria.

Acórdase establecer unha comisión paritaria como órgano para a conciliación, interpretación e vixilancia no presente convenio.

Esta comisión estará formada por catro representantes da asociación empresarial; dous de FES-UGT; un de CIG; e outro de CC.OO.,que figuran como asinantes do presente convenio.

Ós sos efectos de notificacións, sinálanse os seguintes enderezos:

Pola representación económica: Asociación de Asesores e Xestores da provincia de Lugo, sita na praza de Sto. Domingo, 6-8, 2ª, de Lugo.

Pola representación social: Comisións Obreiras, na Ronda da Muralla 58, baixo de Lugo; Federación de Servicios (FES-UXT Lugo) na Ronda da Muralla 58, 1ª de Lugo e Converxencia Intersindical Galega (CIG), na rúa Xeneral Franco, 7 de Lugo.

Capítulo IV

Tempo de traballo

Artigo 8º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo distribuirase da seguinte forma:

a) Xornada de inverno: 40 horas efectivas semanais, traballadas de luns a venres, en réxime de xornada partida.

Aquelas empresas que teñan establecida xornada continuada durante todo o ano, respectarana como condición máis beneficiosa, distribuíndoa de luns a sábado.

b) Xornada de verán: 35 horas efectivas semanais, traballadas de luns a venres, en réxime de xornada intensiva ou continuada. Este réxime de xornada levarase a cabo desde o día 1 de xullo ó día 30 de setembro, ámbolos dous inclusive, agás as asesorías contables e fiscais, que poderán optar, con base nas obrigas do calendario fiscal, polo período comprendido desde o 20 de xullo ó 12 de outubro.

As tardes dos días 24 e 31 de decembro de cada ano non serán laborables.

Artigo 9º.-Permisos retribuídos.

Ós traballadores interesados concederánselles -necesariamente- os seguintes permisos retribuídos:

a) Matrimonio do traballador: 15 días.

b) Matrimonio de ascendentes, descendentes e colaterais ata o terceiro grao de consanguinidade e afinidade, o día en que se celebre a cerimonia.

c) Por nacemento de fillo: 3 días.

d) Intervención cirúrxica ou enfermidade grave do cónxuxe, pais, e fillos: 5 días. Pais políticos: 2 días.

e) Morte do cónxuxe, pais, fillos e irmáns: 3 días, que se ampliarán ata 5 días se o óbito ocorrera en provincia distinta á do centro de traballo. Pais políticos, tíos e cuñados: 1 día; 2 se é fóra da provincia.

f) Necesidade de atender asuntos propios que non admitan demora: ata un máximo de 3 días non acumulables a vacacións. Ótorgarase este permiso unha vez demostrada a súa necesidade.

g) Licencia a representantes sindicais: haberá que aterse ó lexislado nesta materia.

h) O tempo necesario para a realización de exámenes en centros oficiais.

i) 2 días por mudanza por cambio de domicilio.

Os días ós que fai referencia este artigo entenderanse, en todo caso, como naturais.

Artigo 10º.-Vacacións anuais.

O personal regulado por este convenio terá dereito a 30 días naturais de vacacións anuais que se desfrutarán preferentemente nos meses de verán, de acordo coas necesidades da empresa.

As quendas de vacacións serán fixadas pola empresa e os delegados de persoal ou comités de empresa, onde os haxa, ou, no seu defecto, por quen designen os traballadores.

A data de comezo do desfrute farase coincidir cun luns laborable, agás cando se trate dun mes natural.

Capítulo V

Percepcións económicas

Artigo 11º.-Salario base.

Durante o primeiro ano de vixencia deste convenio os traballadores afectados percibirán os salarios establecidos en táboa anexa, que reflicte un incremento global do 4%.

Para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 1996 os salarios incrementaranse na contía do 3,5%, e percibiranse os salarios establecidos así mesmo en táboa anexa.

Establécese para o ano 1996, o segundo de vixencia do presente convenio, unha cláusula de revisión no suposto de que o IPC real oficial estatal correspondente ó ano 1996 supere o 3,5%, no exceso da indicada cifra.

Artigo 12º.-Remuneración anual.

En cumprimento do que dispón o artigo 26.5º do vixente Estatuto dos traballadores detállanse na segunda columna da táboa salarial anexa os salarios no seu cómputo anual, en función da xornada efectiva pactada no presente convenio.

Artigo 13º.-Antigüidade.

Establécese un complemento persoal de antigüidade para tódalas categorías, consistente en trienios por un importe do 6% do salario base, que se deven devengar desde o día primeiro de mes no que se cumpra o trienio.

En todo caso, seguirán percibindo as cantidades que tiveran devengadas en concepto de antigüidade á data de entrada en vigor deste convenio.

A acumulación dos incrementos por antigüidade non poderá, en calquera caso, supoñer máis do 60%.

Artigo 14º.-Gratificacións extraordinarias e participación en beneficios.

Os traballadores ó servicio das empresas afectadas por este convenio percibirán tres gratificacións extraordinarias cada ano: unha no mes de xullo, outra no mes de setembro, e a terceira no mes de decembro.

O importe de cada unha delas será dunha mensualidade de salario base máis antigüidade.

Así mesmo, e en concepto de participación en beneficios, os traballadores percibirán outra paga máis no mes de marzo de cada ano, calculada de igual forma cás anteriores.

O persoal que ingrese ou cese na empresa durante o transcurso do ano percibirá as gratificacións extraordinarias e a participación de beneficios en proporción ó tempo traballado.

Aqueles traballadores que polos conceptos anteriores veñan percibindo das empresas o importe correspondente a unha mensualidade do seu salario real seguirán excepcionalemente coas mesmas condicións por ter carácter máis beneficioso.

As pagas correspondentes ós meses de marzo e setembro poderán prorratearse ó longo do ano por acordo entre empresa e traballadores.

Artigo 15º.-Incapacidade laboral transitoria.

En calquera suposto de baixa por incapacidade laboral transitoria, as empresa, afectadas por este convenio estarán obrigadas a abonarlle ó traballador nesta situación o 100% do salario correspondente no momento de producirse a baixa.

Capítulo VI

Conceptos extrasalariais

Artigo 16º.-Axudas de custo e desprazamentos.

As axudas de custo para o persoal que, en razón dos métodos de organización das empresas, deba efectuar saidas fóra do concello no que radica o centro de traballo, quedan establecidas da seguinte maneira:

-Axuda de custo completa: fixarase na contía de 2.300 ptas. para tódalas categorías.

-Media axuda de custo: será do importe do 50% da contía anterior, igualmente para tódalas categorías.

Artigo 17º.-Plus de transporte.

Establécese para todas as categorías profesionais un plus de transporte por mes efectivamente traballado na contía de 4.750 ptas./mes.

Capítulo VII

Acordos sociais

Artigo 18º.-Cadros de persoal.

As empresas reguladas por este convenio axustarán os seus cadros de persoal ás seguintes normas:

a) Os empregados que teñan directamente baixo a sua responsabilidade a quince ou máis traballadores dos grupos titulados administrativos ou técnicos, clasificaranse como xefes superiores.

b) En dependencias con dez ou mais traballadores dos grupos nomeados no apartado anterior, o empregado que se atope á fronte destes terá a categoría de xefe de primeira.

c) Nos centros de traballo onde presten os seus servicios un número de sete traballadores dos grupos xa nomeados anteriormente ou, no suposto de que sendo menos de sete exista un mínimo de tres traballadores clasificados como oficial ou asimilado, estará ó fronte destes un xefe de segunda.

Artigo 19º.-Ascensos.

Tódalas empresas reguladas polo presente convenio están obrigadas a dispoñer nas súas plantillas como mínimo dun número de oficiais de primeira igual ó 20% do cadro de persoal total de oficiais.

A elección dos novos oficiais de primeira é facultade exclusiva do empresario. Para o seu cómputo, terase en conta a fracción decimal que supere o 0,50.

Os auxiliares administrativos con catro anos de servicio nesta categoría dentro da empresa, pasarán automaticamente á categoría de oficial de segunda administrativo; e ó cumpri-los nove anos ascenderá automaticamente a oficial de primeira.

O ordenanza, ós catro anos de servicio na empresa pasará automaticamente á categoría de conserxe, e ós nove anos, á de conserxe maior.

O auxiliar especialista de oficina con máis de tres anos na súa categoría dentro da empresa, ascenderá automaticamente á categoría de calcador.

Os cobradores ó cumprir dez anos de antigüidade na su categoría dentro da empresa, asimilaranse -exclusivamente para efectos económicos- ós oficiais de segunda administrativos.

Os botóns, ó cumpri-los dezaoito anos, pasarán automaticamente á categoría de ordenanza.

Capítulo VIII

Acción sindical

Artigo 20º.-Dereitos sindicais.

En todo o concernente ós aspectos sindicais dentro e fóra das empresas, haberá que aterse ó que sobre esta materia dispón o vixente Estatuto dos traballadores e a Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de libertade sindical.

Artigo 21º.-Revisións medicas.

Tódalas empresas vinculadas ó presente convenio colectivo, estarán obrigadas á solicitude do Gabinete Técnico Provincial de Seguridade e Hixiene no Traballo, ou da mutua patronal que cubra o risco de accidentes de traballo, cun recoñecemento médico anual para todo o persoal.

O tempo empregado para o dito recoñecemento abonarao a empresa.

Capítulo IX

Contratación

Artigo 22º.-Contratación eventual.

No uso da posibilidade prevista no artigo 3 do Real decreto 2546/1994, no ámbito de aplicación do presente convenio poderase concertalos contratos even

tuais previstos no artigo 15.1º b) do Real decreto lexistativo 1/1995, cunha duración máxima de doce meses dentro dun período de 18 meses. No caso de concertarse tales contratacións por prazo inferior a doce meses poderán ser prorrogadas mediante acordo das partes sen que a duración total do contrato poida exceder do dito límite máximo.

A posibilidade de concertar contratos eventuais dos previstos no artigo 15.1º b) do Real decreto lexislativo 1/1995, coa duración máxima prevista no presente artigo non poderá empregarse para o caso dos contratos concertados por tempo inferior a 12 horas á semana ou 48 horas ó mes.

Capítulo X

Cómputos e vinculación

Artigo 23º.-Compensación e absorción.

As condicións pactadas neste convenio forman un todo orgánico e indivisible e, polo tanto, absorberán e compensarán no seu conxunto as melloras de calquera tipo que viñeran anteriormente satisfacendo as empresas, ben sexa por imperativo legal, convenio colectivo, etc.

Artigo 24º.-Vinculación e totalidade.

Como se cita no artigo anterior, as condicións establecidas no presente convenio e pactadas polas partes deliberadoras deste, forman un todo orgánico e indivisible. En consecuencia, non poderá pretenderse a aplicación dunha ou varias normas con olvido das restantes, senón que para tódolos efectos o presente convenio aplicarase e observarase na súa totalidade.

No suposto de que a autoridade laboral ou xurisdicción competente, no exercicio das súa facultades, declarase nulo total ou parcialmente algún artigo, quedará o presente convenio invalidado na súa totalidade, e levarase a cabo unha nova negociación.

Disposicion derradeira

No non establecido de forma expresa no presente convenio, aplicarase a ordenanza laboral para oficinas e despachos, do 31 de outubro de 1972, en tanto en canto non sexa sustituída por un acordo marco estatal ou autonómico.

Táboa salarial do convenio de oficinas e despachos de Lugo

Vixencia 1-1-1995 ó 31-12-1995

Categoría profesionalSoldo

mensual

Retribuc.

anual

Grupo I. Titulados
Titulado grado superior114.0931.825.488
Titulado grado medio102.9961.647.936

Categoría profesionalSoldo

mensual

Retribuc.

anual

Grupo II. Administrativos
Xefe superior102.9961.647.936
Xefe de 1ª101.5001.624.000
Xefe de 2ª, caixeiro con sinatura, xefe de reporteiros98.3821.574.112
Traductor e intérprete xurado de máis dun idioma98.3821.574.112
Oficial 1ª, caixeiro sen sinatura, intérprete xurado un idioma90.4021.446.432
Operador máquinas contables, taquimecanógrafo, telefonista90.4021.446.432
Recepcionista con máis de dous idiomas, inspector de zona90.4021.446.432
Oficial de 2ª, telefonista e recepcionista cun idioma85.9131.374.608
Reporteiro de axencia de información85.9131.374.608
Traductor e intérprete non xurado, xefe de visitadores85.9131.374.608
Auxiliar, telefonista, visitador, cobrador, pagador74.6911.195.056
Aspirante52.495839.920

Grupo III. Técnicos de oficina
Xefe superior102.9961.647.936
Xefe 1ª, xefe de equipo de informática101.5001.624.000
Analista, programador de ordenadores101.5001.624.000
Xefe de 2ª, xefe de delineación, xefe de explotación98.3821.574.112
Programador de máquinas auxiliares, administrador de test98.3821.574.112
Coordinador de tratamento de cuestionarios98.3821.574.112
Xefe de equipo de enquistas, coordinador de estudios96.8861.550.176
Delineante, proxectista91.2751.460.400
Debuxante proxectista, controlador, operador de ordenadores90.4021.446.432
Delineante85.9131.374.608

Grupo IV. Especialistas de oficina
Xefe de máquinas básicas95.2621.524.192
Operador de tabuladores, inspector de entrevistadores90.4021.446.432
Encargado departamento de reprografías90.4021.446.432
Operador de máquinas básicas, debuxante85.9131.374.608
Entrevistador, enquisador85.9131.374.608
Calcador, perforista, verificador, clasificador79.4301.270.880
Auxiliar74.6911.195.056
Aspirante52.495839.920

Grupo V. Subalternos
Conserxe maior79.4301.270.880
Conserxe76.3111.220.976
Ordenanza74.6911.195.056
Botóns de 17 anos51.000816.000
Botóns de 16 anos44.141706.256

Grupo VI. Oficios varios
Encargado almaceneiro85.9131.374.608
Oficial de 1ª, conductor de 1ª82.7961.324.736
Oficial de 2ª, conductor de 2ª79.4301.270.880
Axudante, operador reproductor de planos76.3111.220.976
Operador multicopista e serocopista76.3111.220.976
Peón, mozo, muller da limpeza de xornada completa74.6911.195.056

Táboa de atrasos do convenio de oficinas e despachos de Lugo

Vixencia: 1-1-1995 ó 31-12-1995

Categoría profesionalSoldo

mensual

Retribuc.

anual

Grupo I. Titulados
Titulado grado superior4.38870.208
Titulado grado medio3.96163.376

Grupo II. Administrativos
Xefe superior3.96163.376
Xefe de 1ª3.90462.464
Xefe de 2ª, caixeiro con sinatura, xefe de reporteiros3.78460.544
Traductor e intérprete xurado de máis dun idioma3.78460.544
Oficial 1ª, caixeiro sen sinatura, intérprete xurado un idioma3.47755.632
Operador máquinas contables, taquimecanógrafo, telefonista3.47755.632
Recepcionista con máis de dous idiomas, inspector de zona3.47755.632
Oficial de 2ª, telefonista e recepcionista cun idioma3.30452.864
Reporteiro de axencia de información3.30452.864
Traductor e intérprete non xurado, xefe de visitadores3.30452.864
Auxiliar, telefonista, visitador, cobrador, pagador2.87345.968
Aspirante2.019332.304

Grupo III. Técnicos de oficina
Xefe superior3.96163.376
Xefe 1ª, xefe de equipo de informática3.90462.464
Analista, programador de ordenadores3.90462.464
Xefe de 2ª, xefe de delineación, xefe de explotación3.78460.544
Programador de máquinas auxiliares, administrador de test3.78460.544
Coordinador de tratamento de cuestionarios3.78460.544
Xefe de equipo de enquistas, coordinador de estudios3.72659.616
Delineante, proxectista3.51156.176
Debuxante proxectista, controlador, operador de ordenadores3.47755.632
Delineante3.30452.864

Grupo IV. Especialistas de oficina
Xefe de máquinas básicas3.66458.624
Operador de tabuladores, inspector de entrevistadores3.47755.632
Encargado departamento de reprografías3.47755.632
Operador de máquinas básicas, debuxante3.30452.864
Entrevistador, enquisador3.30452.864
Calcador, perforista, verificador, clasificador3.05548.880
Auxiliar2.87345.968
Aspirante2.01932.304

Grupo V. Subalternos
Conserxe maior3.05548.880
Conserxe2.93546.960
Ordenanza2.87345.968
Botóns de 17 anos1.96231.392
Botóns de 16 anos1.69827.168

Categoría profesionalSoldo

mensual

Retribuc.

anual

Grupo VI. Oficios varios
Encargado almaceneiro3.30452.864
Oficial de 1ª, conductor de 1ª3.18450.944
Oficial de 2ª, conductor de 2ª3.05548.880
Axudante, operador reproductor de planos2.93546.960
Operador multicopista e serocopista2.93546.960
Peón, mozo, muller da limpeza de xornada completa2.87345.968

Táboa salarial do convenio de oficinas e despachos de Lugo

Vixencia: 1-1-1996 ó 31-12-1996

Categoría profesionalSoldo

mensual

Retribuc.

anual

Grupo I. Titulados
Titulado grado superior118.0861.889.376
Titulado grado medio106.6011.705.616

Grupo II. Administrativos
Xefe superior106.6011.705.616
Xefe de 1ª105.0531.680.848
Xefe de 2ª, caixeiro con sinatura, xefe de reporteiros101.8251.629.200
Traductor e intérprete xurado de máis dun idioma101.8251.629.200
Oficial 1ª, caixeiro sen sinatura, intérprete xurado un idioma93.5661.497.056
Operador máquinas contables, taquimecanógrafo, telefonista93.5661.497.056
Recepcionista con máis de dous idiomas, inspector de zona93.5661.497.056
Oficial de 2ª, telefonista e recepcionista cun idioma88.9201.422.720
Reporteiro de axencia de información88.9201.422.720
Traductor e intérprete non xurado, xefe de visitadores88.9201.422.720
Auxiliar, telefonista, visitador, cobrador, pagador77.3051.236.880
Aspirante54.332869.312

Grupo III. Técnicos de oficina
Xefe superior106.6011.705.616
Xefe 1ª, xefe de equipo de informática105.0531.680.848
Analista, programador de ordenadores105.0531.680.848
Xefe de 2ª, xefe de delineación, xefe de explotación101.8251.629.200
Programador de máquinas auxiliares, administrador de test101.8251.629.200
Coordinador de tratamento de cuestionarios101.8251.629.200
Xefe de equipo de enquistas, coordinador de estudios100.2771.604.432
Delineante, proxectista94.4701.511.520
Debuxante proxectista, controlador, operador de ordenadores93.5661.497.056
Delineante88.9201.422.720

Categoría profesionalSoldo

mensual

Retribuc.

anual

Grupo IV. Especialistas de oficina
Xefe de máquinas básicas98.5961.577.536
Operador de tabuladores, inspector de entrevistadores93.5661.497.056
Encargado departamento de reprografías93.5661.497.056
Operador de máquinas básicas, debuxante88.9201.422.720
Entrevistador, enquisador88.9201.422.720
Calcador, perforista, verificador, clasificador82.2101.315.360
Auxiliar77.3051.236.880
Aspirante54.332869.312

Grupo V. Subalternos
Conserxe maior82.2101.315.360
Conserxe78.9821.263.712
Ordenanza77.3051.236.880
Botóns de 17 anos52.785844.560
Botóns de 16 anos45.686730.976

Grupo VI. Oficios varios
Encargado almaceneiro88.9201.422.720
Oficial de 1ª, conductor de 1ª85.6941.371.104
Oficial de 2ª, conductor de 2ª82.2101.315.360
Axudante, operador reproductor de planos78.9821.263.712
Operador multicopista e serocopista78.9821.263.712
Peón, mozo, muller da limpeza de xornada completa77.3051.236.880

96-3860