Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 31 de maio de 1996 Páx. 5.242

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 1996 pola que se convoca un curso sobre a reforma do Código Penal, dirixido ós membros dos corpos das policías locais de Galicia, e membros da unidade do C.N.P. adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1996 de forma descentralizada, e conforme ás funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dun curso sobre a reforma do Código penal, que deberá desenvolverse conforme ás seguintes bases:

Obxectivos

O curso ten por obxectivo actualiza-los policías no coñecemento do novo Código penal.

Destinatarios

O curso vai dirixido ós membros dos corpos da policía local de Galicia, e membros da unidade do C.N.P. adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia.

Inscrición

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas

O número de prazas que se ofertan neste curso será de 50.

Solicitudes

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo, acompañada dunha fotocopia do DNI e do carné profesional.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 9 de setembro, ás 14 horas.

3. As instancias deberán vir asinadas polo xefe do cadro de persoal, ou polo concelleiro de tráfico e seladas; será isto requisito indispensable para ser admitido no curso, o incumprimento deste requisito levará consigo á non admisión no devandito curso.

4. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Gallega de Seguridad: rúa de Madrid, 2-4 polígono dos Fontiñas, 15703, Santiago de Compostela, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administratico común.

Contido e duración

O curso celebraráse en sesións de tarde, de luns a venres, e nel trataránse, entre outros, os seguintes temas:

Parte xeral:

Principios básicos inspiradores da reforma.

Delictos e penas. As medidas de seguridade.

Período transitorio.

Parte especial:

1. A protección da vida e a integridade física.

2. Os delictos contra a liberdade (referencia especial ós delictos relacionados coa liberdade sexual).

3. Os delictos contra o dereito ó honor, a intimidade, a propia imaxe ou a dignidade humana relacionados coa difusión de ideas, opinións ou información.

4. Os delictos relacionados coa actividade dos funcionarios públicos.

5. Os delictos contra o medio ambiente e a seguridade colectiva.

6. Os delictos contra o patrimonio e a orde socioeconómica.

7. Os delictos relacionados coa seguridade do tráfico (conducción temeraria, negativa do conductor a realiza-la proba de alcoholemia e conducción baixo os efectos de drogas e alcohol).

Datas

O curso celebraráse en datas do 23 ó 27 de setembro de 1996.

O horario será de 16 a 20 horas do serán.

Relación de admitidos

A relación de admitidos publicaráse o día 12 de setembro, no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono (981) 56 34 00.

Lugar

O curso desenvolveráse na cidade da Coruña, quedando por determina-lo seu lugar de celebración, que se comunicará previamente xunto coa lista de admitidos.

Certificado de asistencia

Ó remate do curso entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a este, e non poderán supera-las faltas de asistencia un 15% do total da duración de horas lectivas do curso; unha inasistencia superior ó 15%, aínda que sexa xustificada, levará consigo a non expedición do certificado.

Modificacións

A Academia Galega de Seguridade poderá modificá-lo desenvolvemento do curso para adapta lo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 1996.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

3858