Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 30 de maio de 1996 Páx. 5.186

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a resolución dos expedientes administrativos sancionadores P-208/1995 e tres máis, incoados por infracción da lexislación vixente de pesca fluvial, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, as resolucións dos ditos expedientes, por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial.

Contra a dita resolución, e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei

30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódos-los efectos.

O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo dentro do prazo dun mes contando desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 311-152-115/8 da Caixa de Galicia (2091), oficina principal de Lugo (152). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase o seu cobro pola vía de constrinximento.

Para proceder ó aboamento da sanción, deberanse emprega-los impresos normalizados, que serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla.

ANEXO

-Expediente nº P-208/1995

Denunciado: José Fernandez Soto

Último enderezo coñecido: Barrio Nuevo, 27; Cangas de Narcea-Asturias.

Feitos denunciados: practica-lo deporte da pesca empregando máis canas das permitidas (tres canas).

Precepto sancionador: 33.4º

Sanción: 10.000 pesetas de multa.

-Expediente nº P-237/1995

Denunciado: Avelino Saavedra Canal

Último enderezo coñecido: Vallfogona, 10-1º-1ª; Barcelona.

Feitos denunciados: pescar no tramo coutado do río Parga en Baamonde, sen o correspondente permiso de couto.

Precepto sancionador: 34.10º

Sanción: 50.001 pesetas de multa e un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca.

-Expediente nº P-289/1995

Denunciado: José Manuel Rico Álvarez

Último enderezo coñecido: Vilamaior-Trobo, 13; A Fonsagrada-Lugo.

Feitos denunciados: por pescar a man unha troita de tamaño inferior ó regulamentario e carecendo ademais de licencia de pesca.

Precepto sancionador: 33.9º, 34.1º e 34.11º

Sanción: 75.000 pesetas de multa, 3.000 pesetas de indemnización e un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca.

-Expediente nº P-338/1995

Denunciado: Aurelio Pérez Rodríguez

Último enderezo coñecido: Padre Manuel Larramendi, 2-4º; Bilbao-Vizcaya.

Feitos denunciados: pescar con cana en época de veda; (Orde do 24-2-1995, DOG nº 50 do 13-3-1995).

Precepto sancionador: 34.8º

Sanción: 50.001 pesetas de multa e un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca.

Lugo, 18 de abril de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

96-4023