Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 30 de maio de 1996 Páx. 5.187

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia a licitación polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público, por trámite de urxencia, para a subministración de equipamento técnico por lotes destinado ós centros de seguridade e hixiene.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Relacións Laborais.

c) Número do expediente: 96/13/978.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxeto: subministración de equipamento técnico destinado ós centros de seguridade e hixiene.

b) Número de unidades que hai que entregar: as especificadas no prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

c) División por lotes e número: división en 12 lotes.

d) Lugar de entrega: será determinado pola Administración contratante á sinatura do contrato.

e) Prazo de entrega: quince (15) días a partir da sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación.

Importe total: 28.901.000 pesetas, (IVE incluído).

5. Garantía provisoria: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Servicio de Seguridade e Hixiene.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: (981) 54 47 71.

e) Telefax: (981) 54 46 59.

f) Data límite para obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite da presentación: prazo de 13 días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1ª entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

2ª domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta

3ª localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses.

e) Admisión de variantes: non se esixe.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sala de xuntas.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: décimo primeiro día posterior ó da data de remate do prazo de presentación de propostas (no caso de cadrar en sábado ou festivo terá lugar o día hábil seguinte).

e) Hora: 10 horas

10. Gastos do anuncio: será por conta do adxudicatario/s.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 1996.

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

4028