Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 30 de maio de 1996 Páx. 5.188

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 1996 pola que se anuncia concurso público por trámite de urxencia para a contratación da subministración do anagrama e imaxe corporativa ou identificativa do ente público Portos de Galicia.

1.-Entidade adxudicataria:

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: servicios centraís do ente público Portos de Galicia.

c) Número de expediente: SC. Sub-02/96.

2. Obxecto do contrato:

a) Descripción do obxecto: anagrama e imaxe corporativa ou identificativa do ente público Portos de Galicia.

b) Número de unidades que se van entregar: 1.

c) Lugar de entrega: sede central do ente público Portos de Galicia.

d) Prazo de entrega: vinte (20) días naturais contados desde o día seguinte ó da notificación da adxudicación do contrato, salvo que o adxudicatario ofertase outro menor.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público

4. Orzamento base de licitación: 600.000 ptas.

5. Garantías:

Provisional: 2% do orzamento de licitación 12.000 ptas.

Definitiva: 4% do orzamento de licitación 24.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, nº 5-A, 6º e 7º, Área Central, polígono das Fontiñas.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela. C.P. 15.703.

d) Teléfono: (981) 54 45 02

e) Telefax: (981) 54 53 37

f) Data límite de obtención de documentos e información.

As 14 horas do décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en día inhábil ou sábado, o prazo será prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado desde o día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en día inhábil ou sábado o prazo será prorrogado ata ás catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación para presentar: a esixida no prego de cláusulas particulares.

c) Lugar de presentación: ante a entidade, domicilio, localidade e código postal especificado no número 6.

d) Prazo durante o que o licitador terá a obriga de mante-la súa oferta: durante 45 días contados desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas:

Na entidade, domicilio e localidade especificada no punto 6 do presente anuncio.

A mesa de contratación reunirase ás 12 horas do décimo día natural, contado a partir do seguinte ó fin do prazo de admisión de proposicións expresado neste anuncio. De coincidir en día inhábil ou sábado, o prazo será prorrogado ata as 12 horas do seguinte día hábil.

10. Gastos de anuncios:

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 1996.

Emilio García Gallego

Presidente de Portos de Galicia

96-4002