Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 30 de maio de 1996 Páx. 5.188

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 1996, da Dirección Xerencia do Hospital Montecelo, pola que se anuncia a contratación do servicio de realización de probas analíticas en laboratorio externo para o Hospital Montecelo e Ambulatorio Virxe Peregrina mediante concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia (Expediente 25/1996).

A Dirección Xerencia do Hospital Montecelo, en virtude das atribucions que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 15 de setembro de 1994 da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (DOG do 3 de outubro, nº 191), convoca o concurso público seguinte:

I. Obxeto e orzamento: a contratación do servicio de realización de probas analíticas en laboratorio externo para o Hospital Montecelo e Ambulatorio Virxe Peregrina, por un orzamento anual de vinteún

millóns de pesetas, (21.000.000 de ptas.), IVE incluido.

II. Prazo de execución: os servicios obxecto do presente concurso público executaranse a partir da data de formalización do contrato ata o 31 de decembro de 1996.

III. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, e demais documentación complementaria poderá ser solicitada no servicio de Subministracións e Concursos do Hospital Montecelo, lugar de Mourente, s/n. CP 36071 de Pontevedra, nos días laborables desde as 9 ata as 14 horas, ou por teléfono ó nº (986) 80 00 17, ou fax ó nº (986) 80 00 01, durante o prazo de admisión das proposicións.

IV. Fianzas: o dous por cento do orzamento da licitación, que se constituirá conforme co disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

V. Solvencia económica e financieira: as empresas licitadoras acreditarán a solvencia económico-financeira por calquera dos medios previstos no artigo 16 da LCAP (Lei 13 de 1995).

VI. Solvencia técnica: acreditarase por algún dos medios previstos no artigo 19 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

VII. Criterios de adxudicación: os especificados no prego de cláusulas (punto 10).

VIII. Clasificación: non se esixe.

IX. Presentación das proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persona que o represente, no rexistro xeral do Hospital Montecelo, antes das catorce horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado

X. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Montecelo, ás dez horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

XI. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas.

XII. Variantes: o estipulado no punto 3.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

XIII. Anuncios: o importe dos anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario.

Pontevedra, 17 de abril de 1996.

Rafael Pérez-Santamarina Feijoo

Director xerente do Hospital Montecarlo

4003