Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 30 de maio de 1996 Páx. 5.189

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 1996, da Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo, pola que se anuncian os concursos públicos, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a subministración de material de laboratorio (C.P. 3/1996), papel secamáns e papel padiola (C.P. 4/1996) e de material sanitario (C.P. 5/1996).

A Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 15 de setembro de 1994 (DOG do 3 de outubro), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca os seguintes concursos públicos:

C.P. 3/1996:

Obxecto: subministración de material de laboratorio (tiras reactivas de ouriños, tests estreptococos, tiras reactivas de glicosa).

Orzamento: 4.841.250 ptas., (IVE incluído).

C.P. 4/1996:

Obxecto: subministración de papel secamáns e papel padiola.

Orzamento: 2.819.900 ptas., (IVE incluído).

C.P. 5/1996:

Obxecto: subministración de material sanitario (guantes, compresas gasa estéril, vendas, sedas, apósitos e xiringas).

Orzamento: 18.699.550 ptas., (IVE incluído).

1. Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso entregaranse: primeira entrega ós 15 días naturais contados desde a data de adxudicación do contrato. O resto, segundo necesidades comunicadas polo servicio competente ata o 31-12-1996.

2.-Fianzas:

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: será do 4% do orzamento de licitación do lote ou lotes adxudicados.

3.-Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia.

4.-Solvencia económica e financeira: acreditarase mediante calquera dos medios sinalados no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

5.-Solvencia técnica: acreditarase mediante calquera dos medios sinalados no artigo 18 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

6.-Criterios de adxudicación: os establecidos na claúsula décima do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o presente concurso.

7.-Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares pode ser solicitado na Xerencia de Atención Primaria, rúa México, 26-1ª planta, 36204, Vigo, en días hábiles dende as 9 ata as 14 horas.

8.-Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral desta Xerencia de Atención Primaria (rúa México, 26 - 4ª, 36204 - Vigo), antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

9.-Apertura de proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria (Vigo) ás 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

10.-Documentación que deberán achega-los licitadores: a sinalada no punto nove do prego de cláusulas administrativas particulares.

11.-Anuncios: o pagamento dos anuncios dos presentes concursos públicos serán por conta dos seus adxudicatarios.

Vigo, 7 de maio de 1996.

Alberto García Pazos

Director xerente de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo

3666