Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 30 de maio de 1996 Páx. 5.186

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 96/367, R.C.I. 13.965).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da entidade mercantil Industrias del Tablero, S.A., co enderezo en San Sadurniño, A Coruña, para a autorización administrativa das instalacións que seguen:

-Sistema de coxeración composto por catro grupos motor-xerador de 6.200 kVA c/u, empregándose como combustible fuel oil Núm. 1 e/ou gasóleo A e tendo como obxectivo o aproveitamento simultáneo de calor e electricidade.

-A instalación ou factoría da empresa vaise establecer no lugar da Fraga do concello de San Sadurniño (A Coruña).

-Orzamento: 1.926.819.600 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15701 A Coruña.

A Coruña, 2 de maio de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

3641